
As familias medirán a temperatura do alumnado e avaliarán outros síntomas diariamente nos seus domicilios antes de acudir ao centro escolar.
Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha autoavaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2, cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínico-epidemiolóxica que se describe no Anexo I, que debe realizarse cada mañá, antes da chegada ao centro.
Diante da aparición de, polo menos, un dos síntomas que aparece na enquisa, os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.
As familias deberán cubrir o modelo de declaración responsable, que estará á vosa disposición, xunto co anexo I, na barra lateral dereita, en Documentos para as familias.