Skip to Content

No centro

XORNADA DE ACOLLIDA 3 ANOS

Barroco Infantil en el Corral Cervantes - Noticias y Opiniones GRUPO INDEX

O día 5 de xuño, de 11:00 a 12:00 h, teremos no cole unha xornada de acollida cos nenos e nenas de nova incorporación a 4º de educación infantil.

Tomaremos todos/as xuntos/as o taco da media mañá (que deberán traer da casa) e xogaremos no patio.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

OBRADOIRO "FAI CLIC AO TEU BOCATA"

O pasado xoves, 27 de abril, de 11:00 a 13:00 h, e dentro do programa “FAI CLIC AO TEU BOCATA”, da Consellería do Mar, realizamos no centro un obradoiro que se dividiu en tres partes:

 

1ª: Presentación dos condutores do programa e dos personaxes PAN e LATA, protagonistas da actividade, que, xunto coa súa familia, nos situaron no mundo do cómic a través da proxección dun vídeo.

 

2ª: Presentación das características das conservas que se

degustarán no obradoiro, visualizando un vídeo onde aparece o

percorrido desde que os peixes están no seu hábitat natural ata que

chegan a ser parte dun bocata, pasando polo proceso de

enlatado.

 

3ª Realización dos bocatas e actividade lúdica.

Organizaron unha actividade en gran grupo mentres que, por grupos máis pequenos, foron pasando pola mesa de bocatas para escoller de xeito individual os ingredientes do seu.

 

Fixéronse tamén bocadillos para as persoas que presentan algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria, o que permitiu dar información de que son e cómo actuar para protexer a saúde de todos/-as os/as participantes.

 

Déronselle os bocadillos a cada alumno ou alumna

segundo llellos foron preparando, para que puidesen ilos comendo.

 

Ao rematarmos o obradoiro, entregáronselles agasallos ao alumnado e material didáctico aos docentes.

 

- GALERÍA DE FOTOS

- LA VOZ DE GALICIA

CONCURSO CARTEL PUBLICITARIO PILABOT

O noso centro participa este curso na campaña de recollida de pilas Pilabot, polo que queremos animar a todo o alumnado a participar no concurso individual de Cartel Publicitario #EuSonPilabot, co que poderán gañar... unha tableta!

O prazo de inscrición remata o 14 de abril.

Toda a información está en www.pilabot.gal/eusonpilabot

OBRADOIROS IGUALDADE

O pasado venres, 24 de marzo, recibimos no centro a visita da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais FADEMUR-Galicia, que ofreceron para todo o alumnado de primaria uns obradoiros sobre a prevención da violencia de xénero e o fomento da igualdade. 

A actividade foi gratuíta, xa que se insire nun programa subvencionado pola Deputación de Pontevedra, da man de profesionais experimentadas na materia.

Os tres obradoiros realizados, de carácter participativo, tiveron unha duración de 1h aproximadamente cada un e os seus contidos adaptáronse segundo a idade.

Obxectivos do programa

- Achegar a igualdade de xénero a través dos contos

- Reflexionar sobre os estereotipos de xénero

- Identificar emocións, sentimentos e situacións que os desencadean

 

Contidos

- Estereotipos e roles de xénero

- Emocións e xénero

 

Podedes ver fotos da actividade en Galerías.

Lede a noticia en La Voz de Galicia.

RECICLAXE DE ACEITE USADO

 

Este curso participaremos no proxecto Bioescolas, co que coñeceremos máis sobre a reciclaxe de aceite usado e valoraremos a importancia de ter conciencia medioambiental.

Neste proxecto, a empresa Arioil facilitounos un colector, no cal o alumnado, as familias e o profesorado poderán depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico cerradas correctamente. Isto non suporá coste ningún para o centro. Ademais, a cambio de cada colector cheo, a ANPA recibirá 15,00 € por parte de Arioil para empregar en material escolar, excursións, actividades extraescolares...

Tamén teremos a opción de gañar un premio de 500,00 €, que obterá o centro que máis aceite usado entregue entre os meses de marzo e abril (proporcionalmente á cantidade de alumnado).

Podedes depositar as vosas botellas de aceite usado no colector que atoparedes na entrada do centro.

ENTROIDO MEDIEVAL

IMG-20230217-WA0009.jpg

Tedes nas Galerías as fotos do festival de Entroido medieval celebrado este venres 17 de febreiro.

FESTIVAL DE ENTROIDO

 Un Carnaval escpetacular | Globus. El Viena dels petits viatgers.

O venres 17 de febreiro celebraremos o noso tradicional entroido con desfiles, bailes e atranques dos Xenerais da Ulla.

 

Queremos invitar a todas as familias a pasar un rato entretido con nós e gozar das receitas típicas destas datas.

 

Este ano os nosos disfraces xiran en torno á IDADE MEDIA; isto vai .... DE CABALEIROS E BESTAS.

Comezaremos ás 11 h cos desfiles e aproximadamente sobre as 12:30 h realizaremos os Encontros dos Xenerais.

 

EDUCACIÓN INFANTIL: Personaxes do medievo- “A Danza do Oso”

1º E 2º EP: Juana la Loca e Felipe el Hermoso. - “DESPECHÁ”.

3º EP: Bufóns da corte.- “ESTRELA DO DÍA”

4º EP Robin Hood.- “Llámame”

5º EP Navegantes.- “Piratas del Caribe”

6º EP Dragóns.- “Dragones y mazmorras”

 

Sobre as 13:00 h teremos degustación de sobremesas entroideiras organizada pola nosa ANPA.

Esperámosvos!!!

MANDADOS DO MECO

STICKERS PAMPLONA COLOMBIA | Raquel Samitier

MANDADOS DO MECO
LUNS 13 DE FEBREIRO

 Se moito queres medrar,

 cun peixe te tes que acompañar.

MARTES 14 DE FEBREIRO

 Para a gorxa coidar, tela que abrigar.

 Pero ollo! Brilli brilli has de levar.

MÉRCORES 15 DE FEBREIRO

 Para sans estar, debuxos de froitas

 na fronte tes que te pintar.

XOVES 16 DE FEBREIRO

 É fundamental o tempo de durmir.

 Por iso, en pixama tes que vir.

Pijama GIFs | Tenor

VENRES 17 DE FEBREIRO

Festival de Entroido

FOLIADA DO DÍA DA PAZ

Velaquí o vídeo da foliada coa que celebramos o Día da Paz o pasado 30 de xaneiro.

E, se queredes ver as fotos, ide a Galerías.

Distribuir contido


by Dr. Radut