Skip to Content

RECICLAXE DE ACEITE USADO

 

Este curso participaremos no proxecto Bioescolas, co que coñeceremos máis sobre a reciclaxe de aceite usado e valoraremos a importancia de ter conciencia medioambiental.

Neste proxecto, a empresa Arioil facilitounos un colector, no cal o alumnado, as familias e o profesorado poderán depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico cerradas correctamente. Isto non suporá coste ningún para o centro. Ademais, a cambio de cada colector cheo, a ANPA recibirá 15,00 € por parte de Arioil para empregar en material escolar, excursións, actividades extraescolares...

Tamén teremos a opción de gañar un premio de 500,00 €, que obterá o centro que máis aceite usado entregue entre os meses de marzo e abril (proporcionalmente á cantidade de alumnado).

Podedes depositar as vosas botellas de aceite usado no colector que atoparedes na entrada do centro.



story | by Dr. Radut