Visitade de xeito virtual o noso centro neste vídeo para coñecerdes todas as instalacións.
Para saber da localización do centro, premede aquí.
Se queredes consultar algunha dúbida ou solicitar máis información, podedes dirixirvos a nós a través do teléfono do centro (886 151 055) ou do correo electrónico ceip.villar.parama@edu.xunta.gal.
O alumnado matriculado no noso centro ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, o cambio de curso non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais/pais/titores legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e prazos establecidos e deberán remitir ao noso centro copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.
O día 1 de marzo abrirase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2021/2022.
O prazo de presentación das solicitudes de admisión abranguerá do día 1 ao 22 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
As solicitudes deste proceso realizaranse mediante o modelo anexo II (código de procedemento ED550B).
Os formularios poderán cumprimentarse na aplicación admisionalumnado. Tamén poderán ser descargardos, e logo cumprimentados de forma manual polas familias, da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, na dirección https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849.
O noso centro facilitaralles, de forma gratuíta, unha copia en papel dos formularios ás persoas interesadas que a soliciten.
A solicitude será única e poderase presentar de forma presencial no centro educativo que a rexistrará, ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado.