Skip to Content

Educación Infantil

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

REUNIÓN INFANTIL

20 ideas de Reunión de padres | reunion de padres, reuniones, educacion  infantil

O vindeiro martes, 6 de setembro, ás 10:30 h, terá lugar no centro a reunión informativa de inicio de curso das familias de infantil coas titoras.

BLOG INFANTIL

Programa de Padrinaje-Madrinaje – Hogar Niñito Jesús

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN 22/23

ESCOLARIZACIÓN PARA EL CURSO 2022-23 (NUEVO ALUMNADO) | CEIP LA BARROSA
Desde hoxe podedes acceder á nota de prensa coa apertura de axudas á escolarización para o curso 2022/2023, para adquisición de libros e material escolar en infantil e para o servizo de comedor en infantil e primaria.
O período de presentación de solicitudes vai do 12/07/22 ao 09/08/2022, ambos os dous días incluídos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro martes 15 de marzo, ás 16 h, terá lugar no centro unha xornada de portas abertas para as familias do alumnado que solicitan admisión no noso centro para o curso 22/23.

No vídeo podedes facer unha visita virtual ao colexio.

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR INFANTIL

310 ideas de Recuerdos en 2021 | etiquetas preescolares, dibujos para  niños, dibujo de escuela

Onte, 21 de xullo, saíron publicadas no BOP da Provincia de Pontevedra as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2021/2022. Estas axudas están dirixidas a familias en situación de dificultades socioeconómicas e contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.

Trátase de axudas para a adquisición de libros e material escolar para o alumnado matriculado no segundo ciclo de educación infantil.

  

O prazo para a súa presentación estará aberto desde o día 22/07/21 ata o 10/09/21 (ambos os dous días incluídos).

 

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal) ou a través do Rexistro de Entrada do Concello en horario de atención ao público (de 09:00 a 14:00 horas).

 

Descargar anexos:

Aínda que o gasto non está feito, pódese presentar a solicitude co resto da documentación que se require nas bases e logo presentar a factura cando se realice o gasto.

LIBRIÑO PERÍODO ADAPTACIÓN INFANTIL

Audio libros y libros digitales – C.E.I.P. Virgilio Valdivia

Aquí vos deixamos ás familias dos nenos e nenas de 3 anos que se incorporarán ao noso centro en setembro un libriño con algunhas claves para facilitarvos o período de adaptación. De seguro que será do voso interese:

- Libriño adaptación infantil.

En setembro, antes do comezo das clases, as familias teredes unha reunión coas titoras de infantil na que vos explicarán os pormenores do curso e vos resolverán todas as dúbidas.

O REI LEÓN

O alumnado de infantil e as súas titoras gravaron a obra de teatro musical O Rei León, enmarcada no proxecto sobre África que desenvolveron ao longo do curso.

O resultado foi este magnífico vídeo, que podedes ver premendo na imaxe.

Desde aquí, enviamos un forte aplauso a estes pequenos grandes actores e actrices. gif aplauso - Pesquisa Google | Emoticones animados para whatsapp, Aplausos  gif, Aplausos

PROGRAMA DE SAÚDE INFANTIL

Cursos de nutrición para mejorar tu salud

Ponse en marcha de novo o Programa de Saúde Infantil Corals do Grupo de Nutrición Pediátrica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, en colaboración con colexios e centros de saúde e coa participación do Ministerio de Sanidade e Educación. 

 

Este programa utilizarase para o seguimento de nenos de 3 a 6 anos durante máis de 10 anos, co obxectivo de identificar os factores de risco de obesidade infantil. Polo tanto, realizarán un seguimento anual do estado da condición física e realizarán cuestionarios sobre actividade física e nutrición, que se complementarán con muestreos en diferentes períodos ao longo do estudo (basal, 2, 5 e 10 anos). Todas estas actividades se realizarán na medida do posible nas propias instalacións educativas por persoal especializado e cualificado (persoal de actividade física e deporte, nutrición e enfermería). 

 

Ao ser un programa de educación en saúde infantil, involucra a diferentes niveis: docentes, pediatras e pais/nais; co obxectivo final de mellorar a saúde dos nenos/as.

 

As familias con alumnado en infantil podedes ler a carta informativa para pais/nais e, de estardes interesados en participar no proxecto, cubrir a circular de confirmación de adhesión ao programa.  

BLOG DE INFANTIL

Se queredes coñecer as actividades que desenvolveron no 1º trimestre deste curso os nenos e nenas de infantil do noso cole, visitade o blog infantil ceip manuel villar paramá. Alí atoparedes iso e moitas cousas máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut