Skip to Content

Educación Física

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Mens sana in corpore sano

O noso alumnado de 5º e 6º de primaria, xunto con máis de 400 escolares da zona, tomarán as rúas do casco urbano da Estrada o vindeiro martes 25 de abril co gallo da celebración do Día da Educación Física na Rúa, unha iniciativa que naceu co fin de expoñerlle á sociedade os beneficios desta materia, dándolle visibilidade nos espazos públicos.

A proposta parte da Agrupación Deportiva Escola da Estrada, contando co apoio de todos os centros escolares do municipio, tanto de primaria como de secundaria.


A xornada comezará ás 11.00 e estenderase ata as 13.00 h.
Os centros escolares dividiranse por zonas, ocupando a praza do Concello, os xardíns municipais, a rúa Serafín Pazo e a rúa Calvo Sotelo, nas cales os escolares realizarán diferentes actividades deportivas.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

XORNADA DE BÁDMINTON

IMG-20230420-WA0032.jpg

O alumnado de 4º de primaria participou onte, 20 de abril, no pavillón Coto Ferreiro, nunha xornada de bádminton organizada pola Agrupación Deportiva Escola da Estrada, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVDA).

O alumnado de 5º de primaria colaborou na organización e arbitraxe do evento.

En total participaron uns 180 nenos e nenas de diferentes colexios do municipio, que utilizaron sete pistas de xogo. 

Ademais, agasalláronos con cadansúa camiseta de recordo deste animada mañá, na que o pasaron fenomenal.

- Galerías de fotos.

XORNADA DE PIRAGÜISMO

IMG-20230417-WA0008.jpg

O alumnado de 6º de primaria gozou hoxe, 17 de abril, dunha xornada de familiarización co piragüismo no encoro de Verducido (Pontevedra).

Navegaron en dragóns, embarcacións de vinte prazas cun tambor e un timonel que axudan a dirixir e coordinar o ritmo das paladas.

Esta actividade enmárcase no Plan de Vida Activa e Deportiva (PVAD) na modalidade de Xogade.

Botádelle un ollo ás fotos nas Galerías.

-Faro de Vigo.

-La Voz de Galicia.

BAILE GALEGO COA ASOCIACIÓN TAMPARRANTÁN

 

No mes de decembro tivemos as sorte de contar no noso centro con Edu, o profesor de baile tradicional da Asociación Tamparrantám de San Andrés de Vea. Desde infantil ata 6º de primaria, nas sesións de Educación Física, achegámonos ao folclore galego con puntos, picados, paseos, rodas e filas. O resultado foi unha pequena coreografía que poñeremos en escena o luns 30 para conmemorar o Día da Paz.

A rapazada pasouno de marabilla e moitos descubriron un novo talento. Lembrade que o queira apuntarse a bailar e/ou tocar pode contactar coa Asociación, que ten aulas abertas os martes e os venres pola tarde (626879456).

Ollade que ben o pasaron picando nas fotos.

- Faro de Vigo.

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS

Truquiño: Premede en YouTube para ver o vídeo en pantalla completa.

Un total de 1127 mozos/as dos centros escolares da zona, desde educación primaria ata 2º da ESO, déronse cita na mañá deste xoves 12 de xaneiro na zona deportiva da Estrada para disputar o Campionato Zonal de Campo a Través, unha iniciativa incluída dentro do programa Xogade do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia.

Este evento estaba previsto inicialmente para o pasado mes de novembro, pero houbo de ser aprazado polas malas condicións climatolóxicas. Un mes despois, os centros escolares volveron ser citados, de novo para un obrigado aprazamento. Finalmente, a chuvia deu un respiro e os colexios chegados da Estrada, Cuntis, Moraña e Valga puideron disputar unha competición clasificatoria para o próximo Campionato Provincial de Campo a Través.

As carreiras resultaron exitosas para nós, xa que todos os participantes conseguiron rematar a proba sen incidencias e, ademais, acadamos dúas medallas e un diploma. Consultade aquí os resultados.

En hora boa a todo o alumnado participante.

Pasámolo moi ben!

Boa proba disto son as fotos que tedes nas Galerías. Que as gocedes!

CONVOCATORIA CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS

Want To Come Along For A Run? Sticker - Lets Go Outside Exercise Running -  Discover & Share GIFs | Running gif, Go outside, Gif

Dentro da modalidade XOGADE dos Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD) nos que participa o noso centro, o alumnado de 2º a 6º de primaria acudirá este xoves 12 de xaneiro, se as condicións meteorolóxicas o permiten, ao espazo das piscinas municipais da Estrada para correr no campionato zonal de campo a través que celebran cada ano todos os centros educativos da Estrada.

O alumnado participante levará unha muda de roupa (calzado, calcetíns e pantalón) para cambiarse se se mollan e tamén unha mochila pequena co taco para tomar a media mañá.

No seguinte enlace tedes máis información (normativa, horarios e percorridos), por se queredes achegarvos a ver as carreiras.

- Campionato campo a través.

CLASES DE BAILE GALEGO

banda municipal de gaitas saviñao b escairon lugo

A partir do xoves 24 de novembro, contaremos no centro con profesorado da asociación Tamparrantán de Santo André de Vea, que, durante catro semanas, os xoves e venres, nas sesións da área de Educación Física, colaborará iniciando o noso alumnado no baile tradicional galego.

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS APRAZADO

T3 pops bridge | Baamboozle - Baamboozle | The Most Fun Classroom Games!

Dentro da modalidade XOGADE dos Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD) nos que participa o noso centro, o alumnado de 2º a 6º de primaria ían viaxar o xoves 17 de novembro ao espazo das piscinas municipais da Estrada para correr no campionato zonal de campo a través que celebran cada ano todos os centros educativos da Estrada. Como as condicións meteorolóxicas non o permiten, queda aprazada a actividade ata novo aviso.

O alumnado participante levará unha muda de roupa (calzado, calcetíns e pantalón) para cambiarse se se mollan e tamén unha mochila pequena co taco para tomar a media mañá.

No seguinte enlace tedes máis información (normativa, horarios e percorridos), por se queredes achegarvos a ver as carreiras.

- Campionato campo a través.

APROXIMACIÓN AO BALONCESTO

Competiciones - Federación Galega de Baloncesto

Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva, enmarcado no Plan Proxecta+, o noso centro recibirá este venres a visita da adestradora do Club de Baloncesto Gremlins de Cuntis, que realizará con cada grupo de primaria unha sesión de 50 minutos de iniciación a este deporte.

APROXIMACIÓN AO BALONMÁN

IMG-20220929-WA0030.jpg

Este luns, 26 de setembro, recibimos no centro a visita, organizada polas escolas deportivas da Estrada, de técnicos da federación de balonmán, que lle ofreceron ao alumnado de primaria unha sesión de media hora por grupo de iniciación a este deporte.

Esperamos que lles gustase e que máis de un e de unha se animen a practicar este deporte.

Podedes ver na web do Concello da Estrada información sobre a oferta das escolas deportivas municipais, que darán comezo en outubro.

E, ademais, aquí vos deixamos un cartel informativo.

Na nosa Galería publicamos fotos da visita dos monitores de balonmán.

Distribuir contido


by Dr. Radut