Este mércores tivemos a sorte de contar cos profes encargados da escola de tenis de mesa do concello da Estrada.
Todo o alumnado pasou durante media hora polo pavillón do centro para iniciarse neste deporte.
Estades convidados/as a pasar polo seu local situado en Sala Gradín, de luns a xoves de 16:45 a 21:00 h, durante o mes de xuño. En setembro volven para reiniciaren a actividade.
Se queredes anotarvos, non dubidedes en chamar a Ramón ao 607 725 189.
Pequenos/as e maiores pasárono xenial!