Skip to Content

Actividades

VIDEOCONFERENCIA CON ESCRITORES/AS

ROSA CONTRA EL VIRUS

Resultado de imagen de rosa contra el virus

O profe Carlos, de AL (Audición e Linguaxe), proponnos un conto que nos explica o que é o coronavirus e outros virus: Rosa contra el virus.

Día do libro

Co gallo da celebración do Día do libro o Equipo de Biblioteca do centro, en colaboración coas diversas titorías, organizou unha exposición de materiais autoeditados nas aulas sobre diversos centros de interese e que conteñen textos, debuxos, poemas... creados polo alumnado do centro. Na táboa inferior pódese acceder á dixitalización destes materiais (premendo no enlace oportuno).

Corre Corre Cabaciña

(Educación Infantil)

Un mundo de animales

3º Educación Primaria

El mundo es un libro

4º Educación Primaria

Contos e Poemas

1º e 2º Educación Primaria

Dibujos y Cuentos

5º Educación Primaria

Cuentos de profesiones

6º Educación Primaria

   

"Os soños na gaiola"

de Manuel María

Alumnado de Primaria

(coordinado polo EDLG)

   

EU QUEDO NA CASA... LENDO

Spotlight: Ruru Reads

O Equipo de Biblioteca e mais o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro propóñennos unha nova actividade: "Eu quedo na casa... lendo. E ti? Que les?".

Para conmemorar o Día do Libro, queremos que nos contedes que estades a ler. Sabendo uns dos outros, animarémonos a viaxar a través das historias dos nosos libros.

Propoñémosvos enviar unha foto vosa lendo ao correo do cole: ceip.villar.parama@edu.xunta.es.

Na imaxe debe apreciarse claramente a portada do libro para que poidamos ver o título.

Convencede as vosas familias para facelo tamén. Así teremos unha escolma xenial de TÍTULOS para todas as idades.

QUE VOS PARECE?

Temos de prazo ata o venres 24 de abril; así o luns xa poderemos ver o resultado desta proposta.

SAÚDOS LECTORES.

SEMANA DA PRENSA

0007.jpeg

Do 7 ao 11 de marzo, celebramos no cole a 28º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituida oficialmente dentro do calendario escolar en 1989 e impulsada por La Voz de Galicia.

Grazas a esta efeméride, os escolares poden complementar os seus libros con exemplares de periódicos, convertendo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico.

O equipo de dinamización da biblioteca do centro organizou unha exposición de prensa de distintos países do mundo e das distintas comunidades autónomas, así como actividades en torno á exposición.

- Fotos.

SALÓN DO LIBRO - PONTEVEDRA

Cociñando Contos
Do 14 de marzo ao 5 de abril

A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.

 

CONTACONTOS

r, dirixida por 

Nuestra Música Favorita 6º Primaria

Fomento da Lectura 4º,5º y 6º

ILUSTRADOR DE SANTILLANA

Distribuir contido


by Dr. Radut