Skip to Content

No centro

ACTIVIDADES POLA PAZ

Velaquí unha mostra dos traballos realizados no centro co gallo do Día da Paz.

O NOSO DÍA DA PAZ NO FARO DE VIGO

JERUSALEMA

Hoxe é o Día da Paz oficial, malia que nos coles o celebrásemos onte por esixencias do guion.

No vídeo podedes ver como bailamos, separado en grupos de convivencia, Jerusalema, unha canción africana que transmite paz, alegría e esperanza.

Feliz e pacífico día!

REPARTO DE FROITA

Desde o luns 1 de febreiro ata o venres 12 de febreiro, na hora de tomar a parva, terá lugar no centro o reparto de froita (peras, mazás, mandarinas e arandos) correspondente ao programa da Unión Europea de subministración de leite e froitas frescas ao que o noso centro está adherido e que se recolle na Resolución do 18 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento de concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2020/2021.

REPARTO DE LEITE

Glass Of Milk Pour Some Milk GIF - GlassOfMilk Milk PourSomeMilk - Descubre  & Comparte GIFs

O noso centro participará no programa da Unión Europea de subministración de leite e froitas frescas recollido na Resolución do 18 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento de concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2020/2021.

Comezaremos co reparto de leite, que terá lugar antes do recreo do 19 de xaneiro ao 1 de febreiro, ambos os dous días incluídos.

25 N

Con este cartel na fachada do centro celebramos o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

INCLÚE-T

Contratos-programa | Consellería de Educación, Universidad y Formación  Profesional

O noso centro foi seleccionado para participar no curso 2020/2021 na convocatoria de contratos-programa, unha iniciativa de innovación educativa desenvolvida desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para proporcionarlles aos centros docentes públicos unha estratexia de mellora da calidade do ensino.

O noso centro participará na modalidade 5: Inclúe-t. Desenvolveranse medidas que fomenten e melloren a inclusión no centro dirixidas á atención á diversidade, á inclusión educativa e social de todo o alumnado, á colaboración con asociacións que traballan na diversidade funcional, ao fomento de recreos igualitarios e inclusivos, ao desenvolvemento de dinámicas de traballo cooperativo, á creación de escolas de nais e pais, e outras medidas semellantes vencelladas á diversidade que pon de manifesto a pluralidade do alumnado.

O NOSO MAGOSTO NA PRENSA

ZONCHOS

Os rapaces e rapazas de 5º de primaria celebraron o Magosto cun poemiña de Rosalía de Castro.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Mask Feliz GIF by Cultura Comunidad de Madrid - Find & Share on GIPHY

Publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

Prazo: Do 16 ao 27 de novembro de 2020.

IMPRESO DE SOLICITUDE: ANEXOS I E II

HORARIO DE SECRETARÍA
DÍAS HORAS
Luns, mércores e xoves De 9:55 a 10:50 h
Martes e venres De 9:00 a 9:55 h
Distribuir contido


by Dr. Radut