Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Telexornal Faladoiro de Vea

Para conmemorar a semana da prensa na escola fixemos un telexornal cunhas novas un tanto peculiares. A ver que vos parece?

                

 

Día da Poesía

                

O 21 de marzo é o día da poesía. Neste pequeno vídeo podemos ver como os nenos e nenas recitan o poema Que lindo! creado  por eles mesmos. Esperemos que vos guste!

 

                

Flores a Rosalía

FLORES A ROSALÍA

Como homenaxe a Rosalía de Castro os nenos e nenas do Villar Paramá fixemos estas bonitas flores!

Día de Rosalía

  Esta semana versionamos uns vídeos de tik tok. É a        foma que temos de homenaxear a  Rosalía de Castro no seu día!

          

 

             

VÍDEO DOS ATRANQUES

FOTOS DOS ATRANQUES

E, como manda a tradición, no cole de Vea non podiamos quedar sen atranques, protagonizados este ano polo alumnado de 3º a 6º de primaria. Non perdades todas as fotos dos atranques e outras novas das actuacións do venres que vimos de colgar; tédelas todas nas Galerías.

A NOSA CANDELORIA, NA PRENSA

 

Amencemos hoxe coa publicación no Faro de Vigo e na Voz de Galicia da noticia da celebración no cole do Día da Candeloria.

DÍA DA CANDELORIA

IMG-20210202-WA0014.jpg

Hoxe, 2 de febreiro, celebramos no cole o Día da Candeloria.

Esta celebración vén de moi antigo, dos tempos dos celtas. En Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno.

Nós celebramos este día cun díptico informativo elaborado polo equipo de dinamización da lingua galega do centro e con globos con forma de corazóns que representan este día do amor.

Botádelle un ollo ás fotos nas Galerías.

POSTAIS DE SAMAÍN

Con estas postais elaboradas por todo o alumnado do centro queremos felicitar o Samaín a toda a comunidade educativa.

Tamén participamos con elas no tradicional intercambio de postais de Samaín co CEIP Pérez Viondi e, este ano ademais co CEIP de Oca.

A montaxe corresponde ao equipo de dinamización da lingua galega do centro.

AUDIOCONTOS

▷ Micrófonos: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!

Tamén podedes participar no Botámoslle uns contos? con audios. Nos adxuntos tedes os que se presentaron ata agora, todos alumnos/as de 6º de primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut