O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola súa defensa da lingua galega.
Neste vídeo de Uxía coa colaboración de Tanxugueiras e Faia escoitamos o poema A fala, de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016:
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala,
non seremos ninguén.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!