Skip to Content

Blogues

CURSO 2019-2020: PERIODO DE ADAPTACIÓN.

NO PERIODO DE ADAPTACIÓN EXPERIMENTAMOS CON DISTINTOS MATERIAIS E DESCUBRIMOS OS ESPAZOS DA AULA E DO COLE.

BENVID@S! TEMOS UN CURSO POR DIANTE CHEO DE AVENTURAS!

   

 

EXPOSICIÓN OBRADOIRO 19

E XA VAN 11 ANOS!

Sentímonos ben orgullosas e orgullosoa de amosar na Casa Común de Cacheiras, o noso intenso traballo ao longo de todo o curso. Comezamos intervindo no espazo público do colexio, en concreto nunha parte do muro do patio exterior e nas escaleiras que van ao Salón de actos. A continuación, comezamos unha intensa viaxe ao redor do retrato. Mirade a nosa produción premendo na fotografía.

LEDICIA Nº 4

Aquí tedes o cuarto número da nosa revista "Ledicia". A revista dixital de sexto-A

Coma sempre esperamos que vos guste.

(Premer na imaxe para ver a revista)

 

CONTACOMIGO MARZO

O LUNS VISITOUNOS A SANDRA, NAI DA EMMA G. CONTOUNOS A HISTORIA DO AVÓ DE ZULAIMAR. A NOSA COMPAÑEIRA E A PROTAGONISTA DO CONTO FORON CREANDO UN AVÓ MOI ESPECIAL. GRAZAS POR ESTA HISTORIA TAN FERMOSA!

 

 

E NA PRIMAVERA, TODO ISTO NOS ESPERA

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

Por mor do tempo, tivemos que pospoñer a actividade programada para o 23 de abril, para este luns 29. Por unha banda cada aula de Infantil pendurou da súa árbore os seus versos vexetais. Ademais todo o alumnado foi apadriñado por un alumno ou alumno dos cursos superiores para que lles leran un conto. Mirade as imaxes, clicando na fotografía ou ben aquí.

 

 

 

 

 

 

SESIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS.

 

O mércores 10 de abril, despois do recreo, tivemos a ocasión de entreternos e gozar con xogos tradicionais de todo o mundo, todos ben interesantes. Para a meirande parte deles tivemos que aprender de antemán as reglas de xogo. Coñecemos xogos de taboleiro, billares tradicionais e xogos pedagóxicos de distintos tipos como construcións, xogos de creatividade, de psicomotricidade de mesa e de pensamento.

Clicade aquí ou na foto para coñecer vós algusn deles.  

 

 

 

COMEZAMOS ESTACIÓN, CELEBRANDO MOGOLLÓN.

 

O 21 de marzo estreamos estación con sol e bo tempo e celebrando o Dia da Poesía, o Día da árbore e o Día mundial da Síndrome de Down. 

Ademais de plantar un salgueiro no patio de fóra, agasallo do escritor Anxo moure tamén plantamos amorodos nos maceteiros.

Mirade aquí ou na foto. 

XOGANDO A BUSCAR NÚMEROS POR PARELLAS

XOGANDO POR PARELLAS Á IDENTIFICAR NÚMEROS. POR TURNOS CADA MEMBRO DA PARELLA DEBÍA DICIR UN NÚMERO AO COMPAÑEIR@ QUEN TIÑA QUE IDENTIFICALO E COLOCALO NO CUADRANTE NO LUGAR CORRESPONDENTE. PARA ISO, AXUDABALLES NA BUSCA INDICÁNDOLLE DE QUE FAMILIA ERA (POR CAL CIFRA COMEZABA), E AMIGO DE QUEN (POR CAL UNIDADE REMATABA). E LOGO O COMPAÑEIR@ TIÑA QUE COLOCAR O ANTERIOR E O POSTERIOR. NA SEGUINTE VOLTA CAMBIÁBANSE OS PAPEIS.

 

 

proba

dfhgsadfg

COIDAMOS OS REPOLOS

ANDIVEMOS ARRANCANDO AS MALAS HERBAS QUE MEDRABAN ENTRE OS REPOLOS QUE PLANTARAMOS NO 1º TRIMESTRE. NON MEDRARON MOITO PORQUE A TERRA E ZONA NON LLE SON MOI FAVORABLES, AÍNDA QUE O TIÑAMOS QUE INTENTAR, DEIXAREMOSLLE UN TEMPIÑO A VER SE MEDRA ALGO MÁIS. TEMOS QUE FOMENTAR N@ NEN@S A RESPONSABILIDADE NO COIDADO DAS PLANTAS E DO SEU ENTORNO.

CREACIÓNS LIBRES

CANDO SE LLES DEIXA A OPORTUNIDADE DE CREAR, DE POÑER EN PRÁCTICA A SÚA IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE SAEN COUSAS TAN CHULAS COMO AS SEGUINTES

 

 

 

DE 10 EN 10

COMO CADA MAÑÁ @ ENCARGAD@ REALIZA DIVERSAS TAREFAS COMO CONTAR CANTOS ESTÁN NA AULA E CANTOS FALTAN. AGORA SOMOS UNHA COMPAÑEIRA MÁIS E SON 16 E COA MESTRA 17, POLO QUE APROVEITAMOS A BUSCAR OS AMIGOS DO 17, QUE SUPÓN AVANZAR OU RETROCEDER 10 NA MESMA COLUMNA. HAI QUEN SABE RESOVER ESTA ACTIVIDADE SEN PROBLEMA, HAI QUEN NON SABE COMO SE CHAMAN OS NÚMEROS PERO SI SABE IDENTIFICALOS E TAMÉN QUEN LLE CUSTA PORQUE NON CHEGOU A ESE MOMENTO MADURATIVO, POLO QUE HAI QUE SEGUIR XOGANDO NO CUADRANTE APROVEITANDO CALQUERA SITUACIÓN. 

NESTA OCASIÓN, PASAMOS MÁIS DO 100, PORQUE HABÍA NEN@S QUE QUERÍAN SEGUIR.

Distribuir contido


by Dr. Radut