Skip to Content

Blogue de laura

XOGOS COS NOMES

ESTA SEMANA FIXEMOS DÚAS ACTIVIDADES COS NOMES D@S NOS@S COMPAÑEIR@S:

- CONSTRUIR AS CARAS E ASCOCIAR O NOME QUE LLE CORRESPONDE.

- REPARTIR OS NOMES A CADA COMPAÑEIR@, COMPROBAR SE ESTÁN BEN E CLASIFICAR EN DÚAS COLUMNAS (OS QUE CONTEÑEN A VOGAL "O" E OS QUE NON). DESPOIS CONTAMOS CANTOS HAI EN CADA UNHA.

   

 

 

 

 

TORRES MATEMÁTICAS

A ACTIVIDADE DE LÓXICA-MATEMÁTICA CONSISTÍA EN CONSTRUIR TORRES CUN DETERMINADO NÚMERO DE PEZAS. POR PARELLAS, UNHA NENA OU NENO MONTABA A TORRE E @ OUTR@ COMPROBABA CONTANDO AS PEZAS QUE A RESOLUCIÓN ERA A CORRECTA. DESPOIS, ORDENAMOS DE MENOS A MAIOR AS TORRES E CONSTRUIMOS UNHA ENTRE TOD@S DE 15 TUBOS QUE É A CANTIDADE DE PERSOAS QUE ESTABAMOS NA AULA.

   

        

PRESENTES ESPECIAIS!

COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE CON MOITAS SORPRESAS. AO ENTRARMOS NA AULA, HABÍA PRESENTES MOI ESPECIAIS! UN DELES, UNHA COCIÑA NOVA PARA O NOSO RECANTO DO XOGO SIMBÓLICO. AXUDAMOS O ERNESTO NA MONTAXE E FICOU ESPECTACULAR! APROVEITAMOS PARA ESTREAR XOGOS MÁIS ADECUADOS PARA ESTE TRIMESTRE.

 

 

 

 

 

20 DE DECEMBRO

E XA CHEGARON AS VACACIÓNS DE NADAL! LEVANTAMOS A ÚLTIMA VENTÁ DO NOSO CALENDARIO: PIDE ALGO PARA TI E AS TÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS. CADA NEN@ EXPLICOU O QUE QUERÍA PEDIR. 

DESPOIS, FOMOS BAILAR ZUMBA E FIXEMOS UNHA FESTA!

ANTES DE MARCHARMOS, LEVAMOS OS NOSOS TRABALLOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE.

 

 

 

VOLTAREMOS COA BATERÍA CARREGADA E CONTINUAREMOS A APRENDER DIVERTÍNDONOS!

BOAS FESTAS!

CONTACOMIGO DECEMBRO

O DÍA ANTES DAS VACACIÓNS DE NADAL, TIVEMOS O CONTACOMIGO DA FAMILIA DO NOSO COMPAÑEIRO UNAI. A SÚA NAI, VERÓNICA E A SÚA MADRIÑA, IRENE CONTÁRONNOS A HISTORIA NON FAI FALTA A VOZ. DESPOIS, BAILAMOS A CANCIÓN E XOGAMOS COS PROTAGONISTAS!

GRAZAS, VERÓNICA E IRENE!

 

 

 

ÁRBORES DE NADAL

ELABORAMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL CON PRATOS DOURADOS E GOMETS. UTILIZÁMOLA PARA FACER A FOTO DA NOSA POSTAL ÁS FAMILIAS. DECORAMOS UNHA ÁRBORE NA CASA PARA AMBIENTAR O NOSO CORREDOR. GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!

 

 

 

 

CALENDARIO ESPECIAL

ESTE MES DE DECEMBRO TEMOS UN CALENDARIO MOI ESPECIAL. CADA DÍA, A XEFA OU O XEFE LEVANTA A DATA E LEMOS A SORPRESA QUE TOCA: UNHA APERTA, UN BICO, UNHA CANCIÓN, UN DESEÑO...

 

   

  

 

 

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTO: ARROZ E COLORANTE.

ENCHEMOS SACOS DE PLÁSTICO CON ARROZ. A NOSA COMPAÑEIRA ALESSANDRA ERA A SECRETARIA E ESCRIBÍA AS HIPÓTESES PREVIAS. BOTAMOS COLORANTE, AZUL, VERMELLO E AMARELO. O ARROZ QUEDOU DA COR DO COLORANTE!

    

 

XA TEMOS TOD@S 3 ANOS!

ESTE 1º TRIMESTRE CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO NOSO COMPAÑEIRO MATEO E DA NOSA COMPAÑEIRA NOA! AGORA TOD@S TEMOS 3 ANOS!

  

 

A BEE BOT E OS BITS DE INTELIXENCIA

NALGÚNS MOMENTOS DO DÍA, OBSERVAMOS OS BITS DE INTELIXENCIA (OS DESTE TRIMESTRE RELACIONADOS CO OUTONO E ELEMENTOS DO CONTO DOS TRES PORQUIÑOS). FACEMOS DÚAS QUENDAS, NA PRIMEIRA FALA A PROFE E NA SEGUNDA, FALAMOS NÓS. APRENDEMOS VOCABULARIO E AXÚDANNOS NA CONCENTRACIÓN.

HOXE FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DIFERENTE PARA COMPROBAR O QUE SABEMOS. A PROFE FORMULABA UNHA PREGUNTA E MOVIAMOS A BEE BOT CARA A RESPOSTA CORRECTA.



Distribuir contido


by Dr. Radut