Skip to Content

ACTIVIDADE ESCOLA VERDE: SAÍDA AO IES DE VALGA.

O martes 14 de xuño, as crianzas de 6º de infantil e @s representantes do Comando Verde da Ramallosa, asistiron a unha actividade ao IES de Valga, centro da Escola Verde. Participou tamén o alcalde de Teo, Rafael Sisto.

O alumnado de 4º da ESO B coas súas batas de científic@s, foron profes das nosas nenas e nenos. Dividíronnos en tres equipos: laranxa, verde e vermello. 

Primeiro, viron os experimentos no exterior do IES para lles axudar a comprender algúns conceptos da arquitectura bioclimática. Por exemplo: a cantidade de CO2, a comprobación do efecto da orientación a respecto do sol, etc.

 

A continuación, observaron e conversaron sobre a importancia do compost e da composteira (fomos ver a do instituto) e fixeron unha práctica no laboratorio, procurando os pequenos animais que viven na composteira e utilizando os microscopios.

As nosas nenas e nenos recibiron un diploma por participar nas actividades e @s representantes do noso Comando Verde, entregáronlles ao profesorado e alumnado involucrado unhas pegatinas co noso logo como agradecemento. 

 

Moitas grazas ao profesorado, ao equipo directivo e ao alumnado do IES de Valga por conseguirdes unha xornada de integración, colaboración e aprendizaxe. O vindeiro curso continuaremos cos nosos proxectos. Somos Escola Verde!

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut