Skip to Content

SEMANA DO 2 AO 7 OUTUBRO

AO LONGO DESTA SEMANA REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES, COMPARTIMOS ALGUNHAS DELAS:

-- Cada día @ encargad@ correspondente identifica o seu nome entre todos, con apoio das tarxetas, co nome e a foto, e logo con letras móviles compón o seu nome.

Tamén andivemos recoñecendo a inicial de cada quen e logo cada crianza pintou a súa letra para despois xogar con elas a asociar co nome de cada un

Cada crianza intentou coa axuda e apoio da tarxeta trazar as letras do seu nome, e xa nos iniciamos en contar o número de letras que o compoñen

 

 

-- Saímos á carballeira observar os cambios de estación no entorno e recoller (tomar prestado) algúns tesouros que nos da a natureza: paus, pinas, agullas, follas de carballo, cogomelos, un bugallo

 

-- Como xa andivemos recollendo froitos de outono, usamos as landras para contar e agrupar; traballar as nocións de cantidade máis- menos -igual

 

-- Visionado de bits relacionados coa estación de outono e asociar imaxe co froito

 

-- Presentación por Marisa, mestra de arte, da maleta viaxeira, que procede e voltará ao museo Thyssen con creacións aportadas por distintos colexios participativos, entre outros, o ceip da Ramallosa, por parte do alumnado do ciclo de infantil e 1º e primaria

 

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut