Skip to Content

Blogues

GUITARRETA COME LETRAS

GUITARRETA TIÑA FAME DE PALABRAS QUE COMEZASEN POLA LETRA A. TOD@S PENSAMOS E UTILIZAMOS A NOSA CONCIENCIA FONOLÓXICA PARA AS ESCRIBIR.

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ CON DISTINTAS ACTIVIDADES:

- DECORAMOS MOLDES DE MADALENAS PARA FORMAR UNHA POMBA CONXUNTA DE TODO O ALUMNADO DO COLE.

- APRENDIMOS A POESÍA SÓ TRES LETRAS.

- LEMOS O CONTO RUFUS, O MORCEGO QUE ADORABA AS CORES.

- PROCURAMOS PALABRAS QUE COMEZASEN POR P, A, Z.

- CONSTRUIMOS SÍMBOLOS DA PAZ CON DIVERSOS MATERIAIS: ROLLAS, PEDRAS, TAPÓNS...

- DECORAMOS E FIXEMOS OS NOSOS MANDALAS.

- PINTAMOS A PALABRA PAZ E O SÍMBOLO NAS CARAS.

- VISIONAMOS CURTAMETRAXES RELACIONADAS COA PAZ COAS NENAS E NENOS DE INFANTIL, 1º E 2º.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

   

OBRADOIRO: QUEN DIXO MEDO?

PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DA CAMPAÑA QUEN DIXO MEDO? ORGANIZADA POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

PRIMEIRO, ESCOITAMOS O CONTO QUÉROTE CASE SEMPRE DE ANNA LLENAS. A NARRADORA FOI MOI ESPECIAL, MESTRA DALGUNHAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS NO INFANTARIO.

DESPOIS, FALAMOS DA HISTORIA, PREGUNTAMOS DÚBIDAS E  DECORAMOS CON DIVERSOS MATERIAIS AS SILUETAS DA RITA OU DO LOLO, PERSONAXES PROTAGONISTAS.

GRAZAS! 

 

 

VALENTINA FAISE MAIOR O DÍA DA PAZ!!!

 

DEBUXAMOS Ó APALPADOR!

ORDENAR OS Nº DE PÉ

DESPOIS DE DISPOÑER DAS SILUETAS DOS PÉS DE TOD@S, ORDENAMOS E COMPARAMOS AS CANTIDADES, SE É PRECISO APOIÁNDOSE NO CUADRANTE

- QUEN OU QUENES CALZAN MENOS

- QUEN OU QUENES CALZAN MÁIS,

- QUENES TEÑEN O MESMO NÚMERO DE PÉ,

- QUE NÚMERO É MAIOR, MENOR OU IGUAL CA OUTRO

 

  

   

 

 

  

 

         

 

NOME E APELIDOS

O NOME É  O TEXTO MÁIS CERCANO AO NENO PRA COÑECER E ASIMILAR AS LETRAS, POLO QUE CADA DÍA, @ ENCARGAD@ IDENTIFICA E REPARTE O NOME E TAMÉN COMENZAMOS COS APELIDOS, E LOGO IDENTIFICAMOS CALES COMEZAN POR UN DETERMINADA LETRA, OU CALES TEÑEN UN NÚMERO DE LETRAS OU SÍLABAS,.. NESTES MOMENTOS TOD@S IDENTIFICAN O SEU NOME E APELIDOS ENTRE OS DEMAIS, PERO SEGUIMOS DESGLOSANDO AS SÚAS LETRAS E USÁNDOAS DE REFERENCIA PARA ESCRIBIR OU DECODIFICAR OUTRAS PALABRAS. EXEMPLO:

 

                                    

VIÑERON CONTARNOS UN CONTO!!!

ESTA SEMANA CARMELA E NOA, DÚAS NENAS "MAIORES" VIÑERON A CONTARNOS UN CONTO Á BIBLIOTECA DO COLE: "EL LEÓN Y EL RATÓN"

ESTIVEMOS MOI ATENTOS E AS NENAS FIXÉRONO XENIAL

   

  

   

VÓLVEDE CANDO QUEIRADES!!!

 

EXPERIMENTO ECOTEO

@S NEN@S DE 5 ANOS DAS DÚAS AULAS ESTAMOS A TRABALLAR NUN EXPERIMENTO. ENTERRAMOS UNHA LATA, UN PLÁSTICO, UN CARTÓN, TALO DO BRÓCOLI, UNHA CASCA DE PLÁTANO E UN BOTE DE VIDRO. AO PASAR UN TEMPO, DESENTERRAREMOS PARA COMPROBAR QUE SUCEDE.

                   

                    

                    

 

RECICLAMOS!!!

FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE PARA SEPARAR OS DIFERENTES RESIDUOS NOS SEUS CORRESPONDENTES COLECTORES

 

   

   

 

    

   

   

 

     

FOI MOI DIVERTIDO ESPALLALO TODO POLO CHAN E LOGO PENSAR E COLOCAR CADA RESIDUO NO SEU SITIO!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut