Hora de ler

Hora de ler en 6º de Ed. Primaria

A configuración da hora de ler foi deseñada os martes  e mércores por Dna. Tatiana Mª Fernández Abuín (Audición e Linguaxe)e os luns , xoves e venres por D. José Antonio Regal Vázquez ( titor de 6º curso).

Coma no curso anterior , mantivemos durante a hora de ler varios tipos de lectura ( en voz alta, silenciosa, individual e en grupos) e concretamos os resultados de tales lecturas nos dous CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA celebrados en base aos libros lidos.

Os títulos traballados no presente curso foron:

  • No corazón do bosque” de Agustín Fernández Paz.
  • Alas de mosca para Ángel” de Fina Casalderrey.
  • A balada dos unicornios” de Ledicia Costas. Lemos varios capítulos do libro pero , por mor do estado de alarma, non se rematou nin se fixo o concurso de animación á lectura para este  título.

No presente curso tamén se fixeron outro tipo de actividades, entre as que cabe salientar:

  • LIBRO :POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA. Lido e traballado co alumnado de educación infantil , en sesión PELO,  o alumnado que asiste o aula de audición e linguaxe e cos  alumnos e alumnas  de  sexto de educación primaria, dentro da hora de ler.

Lingua de signos Española (LSE)

A LSE foi integrada nas diferentes actividades e datas conmemorativas realizadas no centro co dobre obxectivo de dar visibilidade e que sexa accesible tanto para as persoas que asistan como aquelas que visualicen a paxina do centro.

  • Presentación do PDI do centro: realizado por alumnado de 6º EP. :“Hola, bos días ímosvos a presentar o PDI que leva por titulo “ cidadanía, igualdade e integración, valores do planeta son”.
  • Peche do festival de Nadal ca canción "Más allá del amor", onde o alumnado de sexto interpretaba en lingua de signos a canción, mentres que o resto do alumnado e profesorado a cantaba e os acompañaba signando o estribillo da mesma.
  • Canción do día da Paz, realizada por todo o alumnado as estrofas da mesma, primeiro en lingua de signos e logo cantada.
  • Programa aliméntate, onde o alumnado de sexto colaborou signando o menú semanal do comedor do centro.
  • Libro viaxeiro para o aprendizaxe de signos básicos, que levaron cada semana un dos alumnos de 6º EP, e posteriormente incorporouse a biblioteca para que todo o alumnado poda seguir practicando e aprendendo para poder utilizalo na comunicación cun dos alumnos do centro.

Lectura  funcional: follas de pedido, billetes de tren,  seguimento de instrucións para facer unha figura de Origami e  elaboración  da receita do brownie de chocolate co microondas do comedor na aula de audición e linguaxe.

Padriños lectores: Achado e selección na biblioteca de contos para os alumnos de Educación infantil  con  temática de aceptación das diferenzas : “O año que é un porquiño” ; “Princesa Kevin”; “Vivan las uñas de colores” ; “Elefante  Elmer “ e “ La princesa que quería escribir”.

Hoora de ler de 5º de Ed. Primaria

O curso escolar 2019/2020, caracterizouse por un feito atípico nunca visto antes, como foi o confinamento acordado polo goberno de España dende o día 16 de marzo de 2020. Este feito fixo que a planificación didáctica tivese que reformularse e a súa configuración distase bastante do aprobada o 15 de outubro do 2019 na PXA. Un dos aspectos foi a utilización da páxina web do centro e as aulas virtuais creadas dentro da mesma e aínda que todas as familias dispoñen de conexión a internet os dispositivos non son os axeitados para a realización de todas as actividades planificadas y entre eles a hora de ler.

A memoria do curso escolar se distribúe en dous períodos claramente diferenciados:

  • 1º período que abarcan dende o inicio de curso ata o venres 13 de marzo
  • 2º período que abarca dende o 16 de marzo ata o final de curso.

1º período: realizouse todos os días de 12.00 a 12.20 tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura. Perseguimos os seguintes obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre a vida do autor.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través do conto.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades:

  • Ler o conto en distintas versións.
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Ver algunha película do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Traballamos coa prensa analizando noticias.

Na hora de ler, que se realizou todos os días de 12.00 a 12.20 utilizáronse os seguintes libros:

Libros comúns a todos os nenos e nenas.

  • Castelán: “Los futbolísimos 6: el misterio del castillo embrujado”.
  • Castelán: La fábrica de chocolate
  • Castelán: Escapada al Amazonas.
  • Castelán: A bordo de la gaviota.
  • Galego: A Ecopanda e o misterio do Románico.
  • Castelán: Alas de mosca para Ángel.
  • Castelán: Alas de mosca para Ángel.

No 2º período, comprendido dende o 16 de marzo ata final de curso, estaba destinado a lectura dos seguintes libros, sendo recomendada a súa lectura a través das actividades propostas polo centro sendo as seguintes: Billy Eliot. Barco de Vapor, Todo cambió con Jacob. Alfaguara; El club de los raros. Barco de Vapor; La aventura del 8 de marzo. Anaya e Mi padre quiere casarse con tu madre. Barco de Vapor correspondendo co desenvolvemento do PDI que leva por título “IGUALDADE E TRABALLO EN EQUIPO: SUPERANDO AS DIFERENCIAS ENTRE TODOS E TODAS”

Como conclusión, destacar que o traballo realizado no 1º período, dende o 10 de setembro de 2019 ata o 13 de marzo de 2020 estivo marcado polo uso dos materiais dispoñibles na biblioteca de centro e polo traballo en grupo e cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados.

O 2º período, dende o 16 de marzo ata o 19 de xuño de 2020, caracterizouse polo traballo non presencial e a través da páxina web e as aulas virtuais do CEIP Manuel Sueiro destacando po traballo individual levado a cabo polo alumnado de 5º curso de Educación Primaria. Como contrapartida, a brecha dixital existente entre o alumnado foi moi complicado de solucionar para que as actividades programadas ao inicio de curso se levasen a cabo.

Para rematar, destacamos que o traballo en equipo foi en aumento durante o 1º período ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.

 

Hora de ler de 2º de Ed. Primaria

Para conseguir acadar os obxectivos propostos no proxecto lector empregamos unha metodoloxía participativa na realización das diferentes actividades programadas, entre as que destacamos:

  • Cada semana os alumnos van a biblioteca escolar, coñecen as  normas e a utilización do préstamo(seleccionan un conto… e cumprimentan a súa ficha  bibliográfica)
  • Utilizáronse as mochilas viaxeiras ao  longo do curso (elixindo dous libros, un  en castelá e outro en galego, unha revista e un caderno)
  • No noso horario lectivo temos a “ Hora de  ler”, un tempo de lecer diario, coa lectura tanto   en lingua   galega como en castelá para o cal fixemos a seguinte actividade:
  • Lectura  individual do conto “Mercedes quiere ser  bombera” e   un coloquio  sobre as distintas  profesións.
  • Lectura de distintos libros, contos propostos tanto a nivel individual  ou colectivo.
  • Realizar comprensións lectoras dun  texto  dado.

Hora de ler. Curso 2019/2020

 

Este curso, continuamos realizando a Hora de ler todo o alumnado do centro ao mesmo tempo, nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma.

Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2019/2020, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón:

Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso:

4º, 5º e 6º de Ed. Infantil. 1º de Ed. Primaria.
2º de Ed. Primaria. 3º de Ed. Primaria.
4º de Ed. Primaria. 5º de Ed. Primaria.
6º de Ed. Primaria.  
 


 

Monsters, Gruffalo?

Os máis peques da escola aprenderon as partes do corpo e foron quen de asocialas as cores correspondentes, grazas a Nelly e o Gruffalo.

Lemos en voz alta o conto “Nelly paints a monster”,escoitamos de que cor era cada parte do body e puxémonos mans a obra. A expresión vainos moi ben, porque como vedes nas fotos, as nosas mans foron o noso instrumento de traballo.

Preparamos o noso recuncho dos monsters, pero pola situación que todos/as estamos a vivir, quedounos por facer a foto dos artists coas súas obras.

E que dicirvos do Gruffalo? A súa historia deunos para facer drawings, puzzles  and puppets.

Non fomos quen de rematar todo o traballo, pero aínda así queremos amosar parte do realizado polos máis peques.

Stacks of at Manuel Sueiro

Como explicamos cando presentamos o noso proxecto ao “Club de Letras”, a nosa intención era coñecer a obra da artista Annie Morris como contrapunto a artista Yayoi Kusama, obxecto do noso traballo o curso pasado.

Así comenzamos o noso book no que relacionabamos ás dúas artistas. Poidemos debuxalas, escribir sobre os seus países, bandeiras, idade e roupa característica. Non son moitas as páxinas que escribimos, algunha xa desde a casa, pero coa mesma ilusión.

As lecturas non poideron ir máis aló da colección “Pepe en Inglaterra” e “Katie and the British Artists” por mor da situación sanitaria actual.

O noso prologue amosa a visión global das artistas, mentras que o epílogo aínda está por escribir.

Na galería de imaxes pódese ver cómo accedimos á información sobre Annie Morris, o inicio do noso traballo no book, as lecturas sobre artistas británicos e a cidade de London, lugar de orixe de Annie Morris.

FASHION and ART

A seguinte parte do noso proxecto sobre Annie  Morris tiña que ver cunha obra de arte moi especial: Un vestido que xurdiu da colaboración da artista británica e do deseñador creativo da marca Burberry, Christopher Bailey. O vestido ten aproximadamente 30.000 pegs pintadas a man pola artista.

Nós decidimos darlle vida a ese vestido e como sempre, ao noso xeito. A primavera estaba a chegar e cambiamos as cores máis outonais polo green primaveral.

Compañeiros/as doutras aulas axudáronnos no tinguido das pegs, todos/as aprendemos observando. Seguimos na casa tinguíndoas, pero non foi posible ter listo o noso dress, a situación sanitaria pechou o noso obradoiro de art and fashion.

Non podo deixar de dar as grazas aos que colaborastes desde as vosas casas e coas vosas familias no tinguido das pegs.

Nas imaxes podedes ver o noso traballo incompleto, incluíndo a nosa modelo especial, sendo Annie Morris a queen da nosa aula.

O marabilloso libro das preguntas

Lorenzo de 1º de Ed. Primaria quere compartir cos lectores da nosa biblioteca este fabuloso libro de preguntas do que el é autor.

Convidámoste a que o abras e nos contes cantas preguntas acertas antes de mirar a resposta... ADIANTE!!

O Libro de cores xa está en marcha

O Libro de cores xa está en marcha...anímate a participar...

Estás a tempo!!

Podes achegar as túas creacións mentres dure o estado de alarma

Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos.

RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais.

Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración  e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas.

Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación:

CONCRETANDO O RETO:

  • Visionar o videoconto.
  • Facer un debuxo, vídeo, cómic, cartaz, historia... no que reflictades o voso estado de ánimo nestes días.
  • Achegádeo ao correo do cole ceipmsueiro@gmail.com para facer un vídeolibro cos vosos traballos.

Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca.

PREME PARA VER O LIBRO DE CORES

 

Distribuir contido