Skip to Content

6º Curso

Representación da obra de teatro "O tesouro" do grupo Trócola.

Celebramos o Día da Muller con "O Tesouro"!

O 11 de marzo, como parte das actividades programadas para celebrar o Día Internacional da Muller, o grupo de teatro Trócola deleitounos coa representación do conto "O Tesouro".

"O Tesouro" levounos nunha aventura chea de risas e aprendizaxe, onde a igualdade entre nenos e nenas converteuse na protagonista. A través dunha historia mágica e personaxes entrañábeis, a obra convidounos a reflexionar sobre a importancia de romper estereotipos e construír un mundo onde todos e todas teñamos as mesmas oportunidades.

Os nenos e nenas gozaron dunha experiencia interactiva e enriquecedora. Emocionáronse coas cancións de sempre pero con letras de hoxe, riron coas ocurrencias das personaxes e conmovéronse co mensaxe de igualdade e respecto.

Desde o colexio, queremos agradecer ao grupo de teatro Trócola polo seu talento e compromiso. A súa representación de "O Tesouro" foi un agasallo inavaliable para os nosos alumnos e alumnas, nun día tan importante como a semana do Día da Muller.

Seguimos traballando por unha educación en igualdade!

FLORA

flora

O xoves 7 de marzo de 2024 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudiu a inauguración a exposición que leva o nome de FLORA, no edificio de ferro do campus de Ourense centrado na educación dunha nena na sociedade tradicional. 

Esta acción está coorganizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense e a Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, no marco do 8-M, Día Internacional das Mulleres 2024. 

A exposición FLORA recolle documentos orixinais e reflexións sobre o que foi a formación da muller na sociedade tradicional, particularmente no franquismo; unha educación que transmitía unha imaxe baseada na diferenciación e exclusión, características do sistema educativo durante o século XIX e boa parte do XX. 

Na exposición amósanse libros de texto e material escolar, que orientaron a educación da muller no pasado, unha realidade ben distinta das expectativas de igualdade que reivindican as novas políticas de xénero. 

A exposición estrutúrase en seis secciones que mostran as distintas facetas da educación da muller tradicional fomentadas pola escola podendo verse os diferentes paneis sendo os seguintes: 

a) A muller adscrita ao fogar e á maternidade.

b) A formación na economía doméstica.

c) A costura e o bordado. 

d) As regras de urbanidade. 

e) O comportamento feminino, circunscrito ás diferentes clases sociais.

f) Modelos de muller exemplar que lles son transmitidos ás nenas a través da lectura e da escritura. 

 

flora_fotos

PLAN VIXÍA

VIXIA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o martes 5 de marzo a primeira das sesións do Plan Vixía organizado pola concellería de Sanidade de Ourense sendo unha iniciativa que promove a prevención e a promoción da saúde entre a mocidade. 

A primeira das sesións o Educador Social, Félix, centrouse no traballo en equipo, a importancia da responsabilidade, colaboración, respecto, traballo en equipo e a importancia de coñecernos aumentando a nosa autoestima e autoconcept,. 

Xa estamos desexando realizar a segunda e última das sesións para ver con que nos sorprenden...

vixia_fotos

 

 

Sementando igualdade

A semana do 8 de marzo, o noso colexio encheuse de cor violeta e esperanza para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo o lema "Sementando igualdade", a comunidade educativa uniuse nunha serie de actividades para celebrar os logros das mulleres e reivindicar a igualdade de xénero.

O día da muller non é algo que se deba celebrar un día en concreto e olvidar o resto do ano, por eso, xa o día 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, unha muller reivindicativa, que proclama a liberdade das mulleres. Esa liberdade da que falamos a expón no artigo “Lieders” escrito por ela mesma, co cal as alumnas de 6º de Primaria celebraron o día lendo un pequeno fragmento.

Hoxe, o día da muller, resaltamos unha frase deste mesmo fragmento, reivindicando o mesmo que Rosalía, a liberdade de alma, corazón e pensamento das mulleres: “…libre es mi corazón, libre mi alma y libre mi pensamieto…”

Ademais deiso, para celebrar o día 8 de marzo, no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro lembramos ás mulleres importantes das nosas vidas recorrendo a elas pedíndolles un zapato. Ese zapato, que representa a importancia que esas mulleres teñen na nosa vida, pintámolo de morado, representando así a liberdade das mesmas, e plantamos un pensamento, para evocar as lembranzas que nos levan a elas.

Esta actividade fíxonos reflexionar a todos, alumnos e profesores, sobre as nosas propias vidas, as mulleres que nos deixaron pegada, e a importancia que estas teñen na nosa existencia, e seguiremos reflexionando, xa que todos os días debemos pensar nas mulleres, xa que sen elas, o mundo non sería mundo.

Botas lilas: un símbolo de esperanza

Durante a semana, cada alumno/a decorou unha bota ou zapato das súas nais , irmás, tías, avoas... en cor lila. Estas botas, convertidas en orixinais testos, foron o símbolo das "sementes de esperanza" que plantamos a prol da igualdade. Cada planta representa o noso compromiso cun futuro onde homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades.

Un manifesto pola igualdade

O 8 de marzo, o alumnado de 6º de Educación Primaria leu un emotivo manifesto sobre a igualdade de xénero, escrito pola icónica poeta galega Rosalía de Castro. As súas palabras, cheas de forza e significado, resoaron no colexio, recordándonos a importancia de seguir loitando por un mundo máis xusto e igualitario despois de case 200 anos de ser escritas.

Posteriormente, o alumnado de 5º e 6º curso interpretaron la canción "Flowers" de Miley Cyrus, un himno ao empoderamento feminino que encheu de enerxía a aula de psicomotricidade do noso cole.

Un xardín pola igualdade

Por mor do tempo, non nos foi posible decorar o noso xardín cos testos elaborados para a ocasión o día 8 de marzo. Esta actividade quedou adiada para a semana seguinte, na que cada alumno/a depositou a súa "semente de esperanza" nun lugar do patio do colexio. Este xardín, cheo de flores, moitas delas lilas, moradas e violetas, converteuse nun símbolo visible do noso compromiso coa igualdade de xénero.

Unha mensaxe para o futuro

A semana "Sementando igualdade" foi unha experiencia enriquecedora para toda a comunidade educativa. A través das actividades realizadas, reflexionamos sobre a importancia da igualdade de xénero e plantamos as sementes para un futuro máis xusto e igualitario.

Seguimos traballando por un futuro onde as nenas e as mulleres poidan alcanzar o seu máximo potencial!


 OUTRAS ACTIVIDADES NA SEMANA DO DÍA DA MULLER


  • Obra de teatro "O tesouro"
  • Premio Clara Campoamor
  • Obradoiro sobre igualdade do CIFP Portovello

Traballando coa electricidade en 6º de EP

Enchufados á aprendizaxe! O alumnado de 6º de Primaria ilumina os seus proxectos de electricidade.

Ao longo do segundo trimestre a chispa da creatividade acendeuse na aula de 6º de Primaria, onde o noso alumnado embarcouse nunha emocionante aventura científica: deseñar e construír os seus propios proxectos de electricidade!

Con entusiasmo e destreza, os estudantes, traballando individualmente ou en grupos, deron vida a unha gran variedade de circuítos eléctricos. Desde sinxelas lanternas que iluminaban a escuridade ata enxeñosos carruseis que xiraban sen parar, cada proxecto reflectía o enxeño e a dedicación dos seus creadores.

Guiados pola súa mestra de Ciencias Naturais, os nenos e nenas exploraron os fundamentos da electricidade, aprendendo sobre conceptos clave como a corrente eléctrica, a tensión e a resistencia. A través da experimentación e da proba e erro, lograron dominar o funcionamento de compoñentes básicos como cables, pilas, interruptores e bombillas.

Os resultados foron realmente sorprendentes. O alumnado de 6º de Primaria deslumbrounos cos seus proxectos orixinais e funcionais:

  • Carruseis que xiran sen paraR.
  • A Torre Eiffel que brilla na escuridade.
  • Coches que andan sos...

O momento máis importante chegou coa exposición dos proxectos. Cada grupo ou alumno/a tivo a oportunidade de explicar ao resto da clase o funcionamento da súa creación, despertando a curiosidade e o entusiasmo dos seus compañeiros.

Máis aló da construción dos proxectos, esta actividade fomentou no alumnado unha serie de habilidades valiosas:

  • Pensamento crítico e resolución de problemas.
  • Traballo en equipo e colaboración.
  • Creatividade e innovación.
  • Capacidade de seguir instrucións e aplicar coñecementos.

En definitiva, unha experiencia electrizante que permitiu aos nosos alumnos e alumnas de 6º de Primaria mergullarse no apaixonante mundo da electricidade, dunha maneira práctica, divertida e memorable.

Parabéns a todos polo seu brillante traballo!

Novos colaboradores/as na biblioteca

Novo alumnado colaborador na biblioteca!

A biblioteca do colexio enorgullécese en presentar aos seus novos colaboradores e colaboradoras de sexto curso de educación primaria. Estes alumnos e alumnas demostraron un gran interese pola lectura e o bo funcionamento da biblioteca, e comprometéronse a axudar en diversas tarefas como:

  • Ordenar e clasificar libros.
  • Atender ás persoas usuarias e axudalas a encontrar os libros que buscan.
  • Participar en actividades de animación á lectura e formación de usuarios/as.
  • Colaborar na organización de eventos e obradoiros.

Para recoñecer o seu compromiso, o alumnado colaborador recibiu un novo distintivo: un chaleco co logo do colexio e o da mascota da biblioteca, Superleo. Este chaleco identifícaos como persoas colaboradoras e permíteos ser facilmente recoñecidos polas persoas usuarias da biblioteca.

Desde o equipo de biblioteca estamos moi contentos coa colaboración deste alumnado. O seu entusiasmo e dedicación son un gran exemplo para o resto do alumnado.

Os alumnos e alumnas colaboradoras están moi ilusionadas coa súa nova responsabilidade. Encántalles poder axudar á xente a encontrar libros que lles gusten.

A biblioteca do colexio anima a todo o alumnado que estea interesado en colaborar a que se poñan en contacto coa responsable da biblioteca.

Esperamos contar con moitos máis colaboradores no futuro.

Celebración do Día de Rosalía

Celebramos o Día de Rosalía de Castro no noso Colexio!

O día de Rosalía de Castro foi unha xornada chea de creatividade, poesía e tradición no noso cole. Conmemorando o legado desta gran poetisa galega, organizamos unha serie de actividades que involucraron a toda a nosa comunidade educativa.

Unha das actividades máis destacadas foi o obradoiro de decoración de camisetas, onde os nenos e nenas puideron plasmar o rostro de Rosalía de Castro. Utilizando a imaxe creada pola talentosa ilustradora Abi Castillo, cada camiseta converteuse nunha obra de arte única, reflectindo o profundo respecto e admiración cara a esta figura literaria.

Ademais, levamos a cabo unha emotiva recitación colectiva na aula de psicomotricidade do poema "Miña Casiña, meu lar". Este poema, traballado nos días previos na aula a través do libro ilustrado de Blanca Millán, cobrou vida nas voces de todo o alumnado do centro. Foi un momento cheo de emocións onde puidermos apreciar a beleza e a riqueza da nosa lingua.

Para rematar esta xornada tan especial, mergullámonos nunha tradición gastronómica: a preparación do "caldo de gloria". Cada neno e nena contribuíu cun dos cinco ingredientes ao pote (pan de broa, fariña munda, repolo, unto e boliños do pote), simbolizando a importancia da colaboración e o traballo en equipo. Este xesto non só nos conecta coas nosas raíces culturais, senón que tamén nos ensina o valor de compartir e coidar as nosas raíces.

O Día de Rosalía de Castro foi unha oportunidade invalorable para honrar a nosa identidade galega, fomentar o amor pola poesía e fortalecer os lazos que nos unen como comunidade educativa.

Seguimos comprometidos en cultivar o aprecio pola nosa cultura e seguir inspirándonos en grandes figuras como Rosalía de Castro.


MÁIS ACTIVIDADES SOBRE A CELEBRACIÓN DESTE DÍA


  •  Poema "Miña casa, meu lar" ilustrado por Blanca Millán.
  • Traballos realizados polo alunado de 1º de EP.
  • Poema de Cantares Galegos traballado en 2º de EP

 

ENERXIA PARA CRECER

O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participa no programa Energía para crecer de fundación Eroski centrada na alimentación, reciclaxe e alimentación cunha grande cantidade de recursos educativos. 

enexia

https://energiaparacrecer.escueladealimentacion.es/gl/users/ceipmanuelsueiro19514  

 

HORTA ESCOLAR

No curso escolar 2023/2024 o Comité de Participación Infantil do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro propuxo como aspecto de mellora ampliar o horto escolar do colexio. As acción realizadas no horto escolar son as seguintes. 

1º) Dotación de terra para ampliar o horto escolar.

fase_terra

2º) Cortar herbas. Desbroce.

fase_desbroce

3º) Realización dos novos bancais. 

bancais

4º) Colocar o composteiro.

4fase_composteiro

5º) Afondar nos bancais.

5_fase

6º) Colocación das maias antiherbas.

6_fase

7º) Colocación de sábrego e grava.

7_fase

8º) Decoración das paredes e bancais. 

9º) Preparación da terra. 

10º) Plantación. 

11º) Mantemento do plantado.

12ª) Recollida do plantado. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut