Skip to Content

3º Curso

O CEIP MANUEL SUEIRO RECIBE PERIÓDICOS DO MUNDO “EN GALEGO”

O día 3 de maio no noso cole, celebramos o Día Mundial da Liberdade de Prensa.

Dende o CEIP Manuel Sueiro queremos apoiar a independencia dos periodistas de todo o mundo.

O noso alumnado, para celebrar esta data, percorreron o mundo na procura de diferentes periódicos, estudando os diferentes formatos e novas.

Para rematar, modificamos esas partadas periodísticas, para reescribilas en galego e con novas positivas.

ALOHA COURTNEY!

Hoxe foi un gran día para nenas e nenos de 3º E.P. porque recibimos a visita de COURTNEY, nada en HAWAII.

O noso proxecto vai aos poucos, mandamos unha message in a bottle que chegou á illa de MOLOKA, responderon dous nenos/as da illa, Nahele and Kailane, e agora recibimos esta visita tan especial.

Temos que dar as grazas ao auxiliar de conversa, Tobías, que nos axudou na xestión desta visita.

Foi unha experiencia maravillosa, amosounos fotos, explicounos curiosidades, respondeu ás nosas preguntas, ..., e deulle sentido á expresión “espírito ALOHA”.

Estaba na nosa idea recibila cun LEI de hibisco, pero non fomos quen de atopar toda a flor que necesitabamos, pero amosando o “espírito SUEIRO”, agasallámola cunha orquídea, flor tamén hawaiana.

MAHALO!

Obradoiro sobre as abellas

O 11 de maio apicultor José Bailón que tamén é profesor en Ourense, realizou na sala de usos múltiples do noso cole un obradoiro sobre a cría das abellas no que aprendemos moitas cousas sobre elas, sobre todo, a distinguilas das avespas, e sobre os produtos que nos ofrecen e os beneficios que aportan a nós e á natureza.

O obradoiro foi impartido de xeito moi práctico e puidemos ver como é unha colmea `por dentro, manipular con distintos aparellos que usan os apicultores e ver, realment,e como é a cera, o propolio, a mel, a xalea real…

Pasámolo xenial ao temo que aprendemos cousas novas!

Wild, Wild World

 

Reporteiros/as do SUEIRO percorren todos os países do mundo onde atopan animais extraordinarios no seu hábitat natural e os/as máis intrépidos son os naturalistas de 3ºE.P.

Non importa se é un flamingo, un owl, unha snake, un deer, un monkey, un elephant, un crocodile, un tiger, un lion, un hippo, un hedgehog...  Cando se trata de animals, todos merecen o noso coidado e o do medio no que viven.

E coa axuda do auxiliar de conversa, Tobias, preparamos un documental, sempre ao noso xeito, para a canle  do cole sobre animais.

Se queredes disfrutar de xogos e curiosidades sobre animais e medioambiente, tendes acceso no enlace https://kids.nationalgeographic.com/

SAVE THE EARTH!

Mochila viaxeiras en 3º de EP

O curso escolar 2021/2022 o alumnado de  3º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido pola titora de 3º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

O material que acompaña a mochila do alumando de 3º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1º mochila:

  • Lingua Galega:
    “Marcopola,. A illa remeira 1. As orixes”. Ed. Xerais.
  • Lingua Castelá.
    “El planeta tierra”. Ed. Lisba.
  • Revistas: 
    Nº 6. “O papagaio”.  Marzo 2021.

2º mochila:

  • Lingua Galega:
    Marcopola. A illa remeira 2. Os piratas da Lúa”. Ed. Xerais.
  • Lingua Castelá.
    “La Tierra se calienta”. Ed. Loqueleo.
  • Revistas: 
    En principio levaron a mesma revista as dúas mochilas xa que foron traballadas ao mesmo tempo. No mes de marzo, cambiáronse por: Nº 6. “O papagaio”. Marzo 2022.

Coa “Mochila Viaxeira”, procúrase fomentar a interese do alumnado cara a lectura, así como a colaboración nesta fermosa actividade por parte da familia.

Os resultados foron variados, xa que, como é de entender, non a todos os nenos lle gustan as mesmas lecturas nin se atopan motivados do mesmo xeito cara a actividade.

En perspectiva cara a continuidade da actividade, sería necesario pescudar un pouco ao alumnado sobre os gustos de lectura da aula, e procurar orientar a mochila a estes, pero tamén fomentando unha maior abertura cara novas lecturas.

Luuume, a contada. Encontro con Andrea Freire.

O venres 6 de maio achegouse ao noso centro Andrea Freire, a autora de Luuume!, ilustrado por Laura Miranda Moreno e publicado por Antela Editorial, para facer a contada da historia de Misto, que está sempre enfadado, e que previamente traballaramos no Club de lectura de cuarto de Ed. Primaria ao longo do mes de abril.

Misto, cando sente rabia e malia que o intenta, non consegue controlarse. De feito, cada vez que o embarga a ira, acéndese e prende a chispa.

Tanto a súa familia (mamá Pinza e papá Tapón) como as súas amizades (Mestra Nobelo, Resorte, Botón e Parafuso) tentan axudalo, pero mentres Misto non sexa quen de xestionar a súa ira, non poderá autocontrolarse e gozar.

Despois da contada, Andrea realizou un obradoiro de relaxación mediante exercicios de respiración, ofrecéndolles aos rapaces ferramentas para o autocontrol.

Para finalizar, e en consonancia co PDI deste ano, fixeron ao protagonista do conto con materiais de aproveitamento.

Hora de ler en 3º de Ed. Primaria

O curso escolar 2021/2022, a hora de ler, realizouse todos os días en horario de 12 a 12:20h, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.

Os obxectivos principais foron:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Mellorar a ortografía. Coherencia e concordancia na escrita.
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre a vida do autor.
  • Ampliar o vocabulario a través da lectura.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.
  • Procurar o coidado e concienciación cara o medio ambiente.
  • Activar o imaxinario do alumado e favorecer a espontaneidade e revelación de gustos.

Actividades:

  • Ler o libro e procurar entendelo e relacionalo ca vida cotiá.
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Dramatizar actividades relacionadas con distintas celebracións do conto, favorecendo, diste xeito a lectura de diferentes xéneros literarios.
  • Colorear debuxos relacionados co libro e elaborar creacións propias sobre o mesmo.
  • Ver algunha película relacionada co mesmo, en caso de que exista..
  • Escoitar lectura en voz alta, procurando a escoita paciente e gardar quendas.
  • Realización de obradoiros literarios, relacionados tanto co libro que estamos a traballas, como con celebracións, coidado do medio ambiente e expresión escrita, tanto en castelán coma e galego.

Temporalización.

Na hora de ler, que se realizou todos os días. Comentar neste punto que, debido a acontecementos e actividades que xurdiron ao longo do curso, houbo moitos cambios na selección de materiais e libros para a hora de ler.

1º trimestre:

Centrámonos no aprendizaxe e representación da obra teatral  “O fantasma Burlón”

A continuación, traballamos unha obra relacionada co Nadal titulada “Os Gnomos de Papá Noel”, que debido a corentena  de algúns alumnos ao final deste trimestre, non se puido representar.

2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

Neste trimestre o traballo escollido foi en relación ao PDI anual do centro. Para elo escollemos o libro dos Bolechas titulado “Os Bolechas queren saber...que se bota no contedor amarelo”.  A partir deste libro, fixemos un traballo de investigación relacionado cos “ 3 erres” que plasmamos finalmente en 3 LapBook:

3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

Finalmente neste 3º trimestre, e continuando coa temática do PDI, realizamos unha lectura en grupo sobre o libro :
“Una bolsa de patatas fritas en la Polinesia” Ed. SM. Con este libro, traballamos de xeito máis minucioso, a través de actividades relacionadas co mesmo e realizando un concurso final coa clase.

Rematamos coa lectura do libro: ¿Quién usa las papeleras?  de Ed. Edelvives.

Finalmente comentar que, a pesar de que houbo moitos cambios na programación inicial na hora de ler, o nenos adaptáronse sen problema a mesma e traballaron con motivación e animados en todas as actividades propostas.

Obradoiro de reciclaxe na aula de natureza de Oira

O 28 de abril de 2022 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no obradoiro que leva por título “Reciclaxe” dentro das actividades realizadas para o PDI. Nel nos ensinaron a importancia do aforro e do consumo responsable.

A actividade comenzou cunha pequena exposición na que nos ensinaron a importancia de reducir o consumo, reutilizar e recicla, así como dos diversos contedores nos que depositar o lixo e así poder reciclar (amarelo, verde claro, verde escuro ou marrón, azul, gris, punto SIGRE, de pilas, de luces fluorescentes, de roupa, de aceite e os puntos limpos da cidade de Ourense.

Despois dun merecido descanso no que xogamos no parque que se atopa ao carón da Aula da Natureza (Oira) rematamos as actividades de reutilización de materiais convertendo unha oveira nunha tartaruga, un tapón nun tropo e pintando nu lateral da Aula da Natureza a letra “R” que significa: reutilizar, reciclar, reducir, rexeitar e recoller.

O regreso ao colexio o fixemos camiñando pola beira do río Miño. Foi unha actividade moi interesante que durou tres horas.

Pupas, sustos e outros disgustos

O 27 de abril, os nosos amigos e amigas de "Pupas, sustos e outros desgustos", achegaron ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria, teoría e práctica sobre como actuar ante problemiñas comúns como unha ferida, picadura... e non tan comúns como traumatismos fortes, queimaduras graves ou persoas feridas sen resposta aparente.

A TV de Telemiño estivo presente para facer unha reportaxe da actividade.

Apadriñamento lector

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia foi moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lle foron contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut