Skip to Content

3º Curso

Festa de Fin de Curso nas aulas

O último día de clase fixemos festas de despedida en todas as aulas do cole. Se premedes nas imaxes de máis abaixo podedes ver o ven que o pasamos ese día.


Educación Infantil



Terceiro de Ed. Primaira


 


 SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA



PREMIDOS NO CONCURSO DE LOGO PARA A BIBLIOTECA


Excursión á praia de Samil

O 16 de xuño o alumnado de Ed. Primaria realizou unha excursión á costa de Vigo para gozar dunha xornada de praia nos areeiros de Samil.

Unha vez instalados na praia, e coa crema ben repartida polo corpo, xogamos no espazo que a baixa marea nos deixou ao descuberto. Despois de realizar impresionantes obras de enxeñería, e de xogar con todos os artiluxios que desprazamos  desde o cole, chegou o momento tan esperado e desexado de meterse na auga.

O almorzo fixémolo no piñeiral que está a carón da praia.

Mágoa de que a xornada festiva a tivésemos que rematar, antes do previsto, por mor das pingueiras que comezaron a caer a media tarde.

Quedada sobre o libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

O último día do mes de maio, realizamos un encontro na biblioteca, con todos os membros do club de lectura para cambiar impresións sobre o libro traballado ao longo do terceiro trimestre: Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia de Jordi Sierra i Fabra.

A ampla participación de todos os seus membros fixo que o encontro fose moi produtivo xa que aproveitamos a ocasión para abordar varios temas de conservación do medio ambiente que levamos traballado ao longo do curso desde o noso PDI.

A experienncia foi moi enriquecedora.

Xa estamos desexando que volva a comezar o novo curso para pór a rodor de noov o Club de lectura.

Esto no es Hawai, qué guay!!

O deporte que mellor representa a este estado norteamericano é o surf,  pero desprazarrnos ata Hawaii non é sinxelo.

Ben sabemos que aos valentes alumnos/as de 3º E.P. non hai dificultade que os bote para atrás, e como na nosa terra temos boas praias nas que coller ondas, alá que marchamos.

Grazas aos expertos surfeiros de Prado Surf na praia da Lanzada, pasamos unha xornada de praia e surf que non esqueceremos.

Non estamos en Waimea Bay pero cos nosos neoprenos e táboas calquera podería confundirnos coas xentes de Hawaii.

COLLE ONDAS CON NÓS!

Encontros co escritor e editor Xabier Domínguez

No mes de maio tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Xabier Domínguez, editor e escritor dun dos libros traballados no Club de lectura: Naturizo. O regreso das flores.

Neste encontro non só falamos do seu libro, senón que nos explicou o proceso laborioso que hai detrás de cada un dos libros que temos na nosa biblioteca: desde que está na cabeciña do seu autor ou autora, ata que chega ás librerías para ser mercado.

Reinterpretando a obra de artistas ourensáns

 

Na semana na que se celebra o “día dos museos”, a arte chega ao noso colexio.

Os alumnos e alumnas pescudaron información e estudaron a diferentes artistas de Ourense para poder versionar as súas obras. A maioría da información sacámola ligazón: Pintores galegos.

Estamos feitos uns xenios, e como non!!! , PASÁMOLO XENIAL!!!

Outra victoria do Cid: 1º Premio no concurso do exército

A lenda do Cid Campeador medra con nós.

O traballo “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”, acadou o pase á Fase Nacional, tras quedar gañadores, por segundo ano consecutivo, na Fase Rexional dos premios do “Concurso de enseñanza Escolar Ejército de Tierra 2022”.

Foi un duro traballo desenvolvido polo alumnado de 3º E.P., no que pasamos dos pingüinos da Antártida ao noso pasado mais remoto nas serras de Atapuerca, camiñando tras os pasos do Cid Campeador e poñendo un énfase especial no coidado do medio ambiente como envoltorio de todo elo.

Damos as grazas ás mulleres e homes da Base Cid Campeador, así como a todas as persoas que de xeito desinteresado nos apoiaron no proxecto.

NORABOA, MINI-CAMPEADORES!

Comunicado do premio

Diploma do 1º premio

 Recollida do diploma do 1º premio rexional

Caza do tesouro no Día das Letras Galegas

Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.

Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.

Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:

  •  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA

Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º  e 2º de Ed. Primaria

Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

 

Acrosport nas clases de Ed. Física

Neste último trimestre do curso, practicamos na nova sala de psicomotricidade o deporte de acrosport que consiste nun deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios están integrados tres elementos fundamentais:

  • Formación de figuras ou pirámides do corpo.
  • Habilidades ximnásticas como elementos de enlace entre unha figura e outra.
  • Música que admita a combinación coreográfica dos elementos anteriores.

Con esta actividade estamos fomentando a cooperación, onde existe a presenza de compañeiros e compañeiras que sincronizan as súas accións motoras nun espazo estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.


 ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA



ALUMNADO DE 3º DE EUCACIÓN PRIMARIA


Blippy the Robots

 O auxiliar de conversa Tobias, deulle voz a un robot moi especial, BLIPPY. Nós temos brain, pero Blippy ten un computer. E se nós temos heart, el ten un clock. E ademais viaxa nun rocket pola Milky Way.

Os nenos e nenas de 1º e 2º E.P. viaxaron polo espazo da man de Blippy e de Tobías, pousando nun planet de grey rocks que comezou a pintar coa axuda dos compañeiros/as de 3º E.P. a auxiliar Victoria.

E despois da lectura, que mellor que reproducir a viaxe ddo robot no seu rocket.

Non hai mellor xeito de traballar que cooperando mestres e alumnos/as.

Contacontos a 1º de Ed. Priamria

Contacontos a 2º de Ed. Priamria

 

Distribuir contido


by Dr. Radut