Skip to Content

3º Curso

Día da Paz e Non Violencia 2023

Este ano, para conmemorar o Día da Paz e Non Violencia no noso centro, cada curso escolleu uha das persoas premiadas ao longo da historia para posteriormente investigar sobre esa persoa.

Os traballos realizados foron presentados ao resto do alumnado durante os días previos ao Día da Paz.

A continuación podedes ver os diferentes traballos de investigación realizados:

Traballos realizados polo alumnado de Educación Infantil.

https://lh3.googleusercontent.com/pw/AMWts8AtiYz6kQZ1ZsPDXdNveDbLjEAYnkC9N1k9NRleJFyjieQbvlVQ19K-MhJLxmSot79rilEiDjrwgJPiyjxMc-OaaOwVhaGir8JENtA51NFtGdAvL0W-iOwCPg48gR1jPlWrCgpdkGQ0k2i6R1EOmqq2kg=w1000-h332-no?authuser=0

Traballos realizados polo alumnado de 1º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado de 2º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado de 3º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado de 4º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado de 5º de Ed. Primaria.

 

Traballos realizados polo alumnado de 6º de Ed. Primaria.

Traballos realizados polo alumnado nas clases de inglés.


La mochila de la Paz


O Día da Paz. todo o alumnado e profesorado interpretou a canción La mochila de la Paz para conmemorar dita data.

No corazón do bosque

No mes de decembro, o alumnado de 3º de EP realizamos o primeiro concurso de animación á lectura deste curso. Nesta ocasión o libro escolleido foi No corazón do bosque de Agustín  Fernández Paz.

Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai coa súa clase de excursión ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na casa, descobre abraiada que se lle coou na mochila un ser vello e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba na fraga e non quería pasar o inverno só. Dille á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se converta no seu hóspede secreto e ofrécelle para durmir a caravana das barbies.

A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia tenra e cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.

O equipo gañador levou como premio o libro que traballaremos ao longo do próximo mes.

Entrega de premios do primeiro trimestre

Para rematar as actividades do primeiro trimestre do curso, realizamos a entrega dos seguintes premios:

  • Entrega de diploma aos mellores lectores deste trimestre.

  • Entrega de premios aos traballos manuais realizados para a exposición de froitos de outono.

  • Entrega de medallas a todas as persoas que participaron na proba de campo a través celebrada en Monterrei no mes de decembro.

  • Por último, despedimos á nosa compañeira Naiara que se traslada a outro centro educativo deixando unha profunda pegada no nosos corazóns, e á cal lle desexamos que lle vaia todo moi ben no seu novo destino.

Chocolatada de Nadal 2022

O último día de clase, para despedir o trimestre e o ano 2022, a AFA Limiar do noso cole convidou a todos os membros da comunidade educativa á degustación de chocolate con churros no comedor.

Non hai máis que ver a galería de imaxes para ver o ben que o pasaron os nosos alumnos e alumnas desta actividade.

Obradoiros de Nadal da AFA

O 22 de decembro, tres membros da AFA Limiar desprazáronse ao noso centro para realizar diferentes actividades relacionadas coas ciencias da natureza nas que o sol e as estrelas xogaron un papel central.

Lucía (nai de Xan de 4º de Ed. Infantil), Rubén (pai de Úrsula de 4º de Ed. Infantil) e David (pai de Zoe de 1º de Ed. Primaria e Maia de 3º de Ed. Primaria) realizaron tres obradoiros (1º obradoiro co alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria; 2º obradoiro co alumnado de Ed. Infantil e un 3º obradoiro co alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria) no que  sol e as estrelas foros os eixos das diversas historias que lles permitiron descubrir diferentes elementos do noso universo.

A actividade foi xenial... xa estamos agardando a que regresen outra vez a contarnos máis cousas extraordinarias do universo. 

Proba de Campo a Través

O xoves 15 de decembro participamos, un ano máis, na proba previa de Campo a través que tivo lugar nas instalacións de Monterrei e que foron organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte de Ourense contando coa colaboración do alumnado e profesorado do Tafad de Ourense.

A xornada ameazou con choiva, pero a verdade é que tivemos un tempo espectacular para o desenvolvemento das probas, xa que a humidade ambiental permitiu que a temperatura fora idónea para o desenvolvemento das diferentes carreiras.

Despois de dous cursos sen celebrarse esta proba, eran moitas as ganas que as nosas corredoras e corredores tiñan de demostrar o seu nivel de forma física, e así o fixeron, acadando unha satisfacción moi especial cos resultados obtidos.

Xa estamos esperando a celebración da proba da final comarcal que se celebrará en xaneiro e na que voltaremos a estar presentes.


RESULTADOS


 

Semana da prevención de incendios

O 18 de outubro o alumnado de 1º, 2º 3º e 4º de Ed. Primaria participou nas actividades que organizou o Concello na Semana de prevención de incendios.

Esta iniciativa tiña como obxectivo acercar o alumnado aos servicios de emerxencia dos que dispón o Concello co afán de inculcar unha conducta preventiva no comportamento diante de calquera  posible situación de emerxencia en xeral e, moi especialmente, no caso dos incendios no ámbito urbano.

Kahoot! final sobre Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

Como actividade final do club de lectura de 3º curso participamos nun Kahoot! no que puxemos en valor todo o traballado ao longo deste trimestre no Club de lectura sobre a lectura do libro Unha bolsa de patacas fritas na Polinesia.

Foi unha boa maneira de despedir o curso. Pasámolo xenial!!


Kahoot sobre o libro



Kahoot sobre o autor do libro


 

 

Festa de Fin de Curso nas aulas

O último día de clase fixemos festas de despedida en todas as aulas do cole. Se premedes nas imaxes de máis abaixo podedes ver o ven que o pasamos ese día.


Educación Infantil



Terceiro de Ed. Primaira


 


 SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA



PREMIDOS NO CONCURSO DE LOGO PARA A BIBLIOTECA


Distribuir contido


by Dr. Radut