Skip to Content

Día da Muller

Día Internacional da Muller

María Martinón

FROM THE PAST TO  THE PRESENT THROUGH OURENSE

No Día Internacional das Mulleres quixemos pór en valor o traballo desenvolvido, e non sempre coñecido, de MARÍA MARTINÓN TORRES.

Unha muller nova, de éxito profesional internacional e ourensá, sérvenos para homenaxear a todas as mulleres que, coma ela, e día a día, traballan con paixón, sexa cal sexa o campo no que se moven.

Dos máis peques de E.I. ata os compañeiros/as de 6º E.P., todos puxemos o noso gran de area para renderlle esta sinxela, pero sentida homenaxe, a María Martinón Torres.

Un mural no que, tal e como indica o título,  partindo do pasado chegamos ao presente pasando por Ourense.

Foi tamén a aportación da área de inglés ao calendario do cole, sendo a folla do mes de febreiro.

Coñecimos un pouco do lugar onde traballa no CENIEH, visitando a súa web https://www.cenieh.es/en , tamén explicándolle ao Ministro de Ciencia e Investigación o traballo que desenvolven no mesmo, https://www.youtube.com/watch?v=-LGBHZID9zY&t=47s , así como o programa Arqueomanía de RTVE,  adicado a Atapuerca, titulado “Atapuerca en la trinchera”https://www.rtve.es/alacarta/videos/arqueomania/atapuerca-trinchera/5761227/

GRAZAS POLO TEU TRABALLO E A PAIXÓN QUE POS NEL!


Conmemoración do 8 de marzo

Ao longo da semana anterior ao 8 de marzo, foron varias as actividades que realizou o alumnado do noso centro, nas súas clases, para conmemorar o 8 de marzo.

Cada clase pescudou información sobre mulleres galegas de diferentes campos e profesións. Cos traballos realizados elaboramos un calendario que imprimimos en papel para que ocupe un lugar destacado na nosa biblioteca e nos corredores do colexio.

Outra das actividades realizadas foi a creación dun gran mural baixo o lema "Podemos facelo" coas imaxes de todas aquelas persoas da comunidade educativa que desexaron participar nunha "pose" inspirada na ilustración de Howard Miller. Se premedes no cartaz teredes acceso a todas as imaxes do mural.

Asemade, nas aulas traballáronse outras temáticas en relación a esta data:

  • Banderíns con mulleres pioneiras.
  • As gafas antimachismo.
  • Mulleres importantes na miña vida.

 

O alumnado de E. Primaria, sumouse á campaña #ChooseToChallenge.

No Día Internacional das Mulleres tamén quixemos pór en valor o traballo desenvolvido, e non sempre coñecido, de MARÍA MARTINÓN TORRES.

 

O eco das amazonas

O 17 de abril visitamos a exposición “O eco das amazonas”, do artista plástico ourensán Baldomero Moreiras, na sala Ángel Valente.

Como se de 35 planetas se tratase, Baldomero Moreiras, recupera do esquecemento a 35 mulleres pola súa contribución aos mundos da cultura, ás ciencias, á política...

Hai traballos sobre mulleres de moitas nacionalidades e séculos entre as que abondan mulleres galegas coma: Isabel Barreto, pontevedresa e 1ª almirante da historia en mares do pacífico; Mª Aurea Rodriguez tocaba a gaita no grupo As marabillas de Cartelle cos seus irmáns para saír da pobreza…

O alumnado e profesorado seguimos as explicacións que o artista nos ofreceu durante o percorrido que fixemos pola sala de exposicións, cunha parada especial na bola dedicada á muller que salvagardou o cadro de “As Meninas” de Velázquez (entre outros) do Museo do Prado, durante a Guerra Civil española, Mª Teresa León Goyre, trasladándoos ata Valencia.

VISITA ALUMNADO DE 1º E 2º ED. PRIMARIA

VISITA DO ALUMNADO DE 3º ED. PRIMARIA

Enquisa sobre os traballos do fogar

Día Internacional da Muller

Preme na imaxe para realizar a enquisa sobre quen realiza as tarefas no teu fogar:

Preme na ligazón para ver os resultados da enquisa:

Distribuir contido


by Dr. Radut