Hora de ler en 4º de Ed. Primaria

No curso escolar 2023/2024, a hora de ler, no 4º curso de Primaria , realizouse todos os días en horario de 12:00 a 12:20 horas, tendo como obxectivo prioritario Contribuír ao fomento do gusto pola lectura.

A configuración da hora de ler estivo deseñada polo titor D. José Antonio Regal Vázquez ( sesións de luns, xoves e venres ) e a profesora de P. T. do centro , Dna. Patricia Ramírez  Mancebo ( sesións de martes e mércores).

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura (comprensión e expresión lectora).
  • Afianzar valores (amizade, verdade, respecto, empatía,...) .
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Coñecer algo sobre os distintos tipos de texto.
  • Coñecer e aceptar a propia identidade.
  • Valorar a amizade e o compañeirismo.
  • Ampliar o vocabulario a través dos contos.
  • Actuar con autonomía na  vida cotiá e nas relación de grupo.

Actividades.

  • Ler o conto en distintas versións (lectura en voz alta e en voz baixa)
  • Dramatizar algún episodio do conto.
  • Colorear debuxos do conto.
  • Escoitar o conto.
  • Participación no CONCURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA que tiveron lugar ao remate da lectura de cada un dos libros elixidos a tal efecto.

Temporalización.


Na hora de ler, que se realizou todos os días , utilizáronse os seguintes libros:

  • 1º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

    RITA E OS LADRÓNS DE TUMBAS de Mikel  Valverde. O libro cativou aos nenos e ás nenas participantes do club de lectura, e agora buscan estender o seu entusiasmo  a toda a comunidade escolar. A obra, escrita  por Mikel Valverde, transporta aos lectores a unha emocionante aventura chea de misterios, amizade e valentía.
  • 2º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.

    MIÑA AMIGA INVISIBLE  de Eduardo Santiago.
    Cando a súa familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxía descobre un mundo descoñecido onde nada é o que parece ou non parece o que é. O veciño máis próximo é un apicultor rabudo que, no canto de criar abellas, semella poñer trampas para apreixar fadas. A nova escola tampouco é como esperaba, tendo que soportar o acoso e as burlas dos máis brutáns simplemente polo seu aspecto (e por ser máis intelixente que todos eles). Coa inesperada aparición dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñer no seu camiño.
  • 3º trimestre: libro común a todos os nenos e nenas.
    UNA BOLSA DE PATATAS FRITAS  EN LA POLINESIA  de Jordi Sierra i Fabra.
    Shiya vive tranquilamente en Takuu, unha pequena illa da Polinesia, ata que a subida das augas por mor do cambio climático ameaza con facer desaparecer a illa. Shiya atopa na agua unha bolsa de patacas fritidas que vén de moi lonxe. Xunto co seu amigo o gran paxaro de as vermellas viaxará ata a fábrica de patacas tratando de descubrir a orixe da bolsa... Unha historia sobre as consecuencias que teñen os nosos actos, por insignificantes que podan parecer nun principio.

Ademais dos libros mencionados , que serviron como base para os distintos CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA, traballamos con diferentes textos como CONTOS,  LENDAS,FÁBULAS , CREACIÓN DE POESÍAS e achegámonos ao mundo do CÓMIC, realizando cada alumna e alumno as súas  propias viñetas.

Mochila viaxeira na aula de 4º de Ed. Primaria

No curso escolar 2023/2024 o alumnado de  4º curso utilizou  dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado quedou reflectido nos debuxos que se acompañaron nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permitíronlle  ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido polo titor de 4º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que tivera a maior variedade de textos e formatos para que o alumando tivera onde elixir.

Acompañou a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportaron a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

O material que acompañou a mochila do alumando de 4º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1ª mochila:


NARRATIVA:

  • LINGUA CASTELÁ:
  • Flambus Green.  El duende en la ciudad. Roberto Pavanello.
  • LINGUA GALEGA:
  • Unha volta ao mundo. Xavier Sarrionandía.. Editorial Kalandraka.

REVISTA:

  • Reportero DOC . Nº 305.

CÓMIC:

  • Los diarios de Cereza. El zoo petrificado. Joris Chamblain.


2ª mochila:


NARRATIVA:

  • LINGUA CASTELÁ: Flambus Green. Operación Ballena. Roberto Pavanello.
  • LINGUA GALEGA: A formiga coxa. Marilar Aleixandre. Editorial Xerais.

REVISTA:

  • Reportero Doc. Nº 297.

CÓMIC:

  • Los diarios de Cereza. El libro misterioso. Joris Chamblain.

Os alumnos e alumnas desfrutaron do contido das mochilas viaxeiras, completando  as opcións de lectura co préstamo semanal de libros que se realizou na biblioteca do centro.

Destacar que ler en familia foi unha actividade moi divertida que axudou a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriqueceunos a todos. Ademais, a lectura enriqueceu intelectualmente aos nenos, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axudoulles  a coñecer o mundo no que vive e impulsoulles a querer saber máis. Comentando as lecturas que fixemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

Como conclusión dicir que o alumnado valora positivamente o contido das mochilas, achegando e compartindo os seus gustos persoais para vindeiras eleccións dos contidos das mesmas e reflectindo nos cadernos ,mediante debuxos ou textos, o que o contido dos libros elixidos lles suxire.

Visita ao Museo Municipal de Ourense

Mozos Estudantes Convértense en Artistas por un Día

O 21 de maio de 2024 o alumnado de 3º e 4º de educación primaria viviu unha experiencia educativa e cultural inesquecible ao trasladarse ao Museo Municipal de Ourense para presenciar unha exposición de destacados pintores e escultores locais.

Durante a visita guiada, o alumnado tivo a oportunidade de descubrir e observar en detalle as obras de importantes artistas ourensáns. A actividade, organizada co obxectivo de fomentar o interese pola arte e a cultura local entre os máis pequenos, foi recibida con gran entusiasmo por parte dos nenos e nenas.

A xornada non se limitou só á observación pasiva das obras. Inspirados polos artistas que descubriron, cada estudante realizou un bosquexo da obra que máis lle impactou. Este exercicio práctico permitiulles expresar a súa creatividade e pór en práctica o aprendido durante a visita.

Como remate desta enriquecedora actividade, os bosquexos realizados polo alumando foi exposto no mesmo museo, permitindo aos pequenos e pequenas artistas ver os seus traballos nun contorno profesional e compartilos co público visitante.

Esta iniciativa, que combina educación e arte, subliña a importancia das actividades extracurriculares no desenvolvemento integral dos estudantes e reforza o vínculo entre a comunidade educativa e as institucións culturais de Ourense. Ademais, proporciona aos alumnos e alumnas unha experiencia práctica que potencia as súas habilidades artísticas e promove o seu crecemento persoal.

O evento tamén serviu para visibilizar o talento local e conectou os mozos co patrimonio cultural da súa cidade, cultivando un maior aprecio pola arte orixinaria de Ourense.

Con esta actividade, o Museo Municipal de Ourense demostrou unha vez máis o seu compromiso co apoio á educación e a promoción da cultura entre as novas xeracións.

Visita á biblioteca municipal do barrio de A Ponte

Visita á Biblioteca Municipal do barrio da Ponte!

O pasado venres 21 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria tivo a oportunidade de visitar as instalacións da Biblioteca Municipal do barrio da Ponte. Durante a visita, puidemos gozar de tres actividades diferentes:

  • Sesión de formación de usuarios: En primeiro lugar, recibimos unha completa formación sobre o funcionamento da biblioteca. Explicáronnos como están catalogados os fondos e o significado das cores dos teixuelos. Deste xeito, aprendemos a movernos pola biblioteca de forma autónoma e a atopar os libros que buscamos.
  • Sesión de contacontos: A continuación, participamos activamente nunha divertida sesión de contacontos a cargo dunha das encargadas da biblioteca. Narráronnos o libro "Conta Comigo" de Miguel Tanco, unha historia chea de aventuras e valores matemáticos que nos mantivo a todas as persoas participantes moi atentas.
  • Lectura por pracer: Para finalizar a visita, tivemos un tempo libre para ler por pracer. Cada un de nós puido elixir un libro dos andeis da biblioteca e gozar dun anaco de lectura tranquila.

A visita á Biblioteca Municipal do barrio da Ponte foi unha experiencia moi enriquecedora para todos os nenos e nenas do cole. Permitiunos coñecer un espazo cultural importante do barrio da Ponte, aprender a utilizar a biblioteca de forma eficaz e gozar da lectura nun entorno agradable.

Esperamos volver pronto!

CLUB LECTURA. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.

Club Lectura

Nas diferentes actividades que se fixeron procuráronse cubrir os diferentes gustos do noso alumnado, polo que buscamos que as lecturas e as actividades ao longo do curso fosen variadas en contidos, xénero, tipoloxía e complexidade. Para isto utilizamos diferentes soportes: impresos e electrónicos (libros de lectura propiamente ditos, prensa, libros de consulta, cómics, folletos, obras de teatro, Internet… tanto en galego como en castelán. 
No curso escolar 2023/2024  realizamos as seguintes actividades:

1º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas.


la_vueltaCastelán: La vuelta al mundo en 80 días. Ed. Almadraba. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de setembro e outubro. O libro Trata sobre o cabaleiro inglés Phileas Fogg quere demostrarlle á sociedade do seu tempo (1872) que se pode dar a volta ao mundo en só 80 días. Durante a viaxe, Fogg e o seu servo Passepartout teñen que loitar contra todo tipo de obstáculos e, sobre todo, contra o paso do tempo. Este libro foi a escusa perfecta para que o alumnado de sexto sentise curiosidade pola vida no século XIX, polas diferencias culturais en todo o mundo, polos fusos horarios e o seu funcionamento, polos medios de transporte e a súa evolución ao longo da historia... e mesmo polos debuxos animados que vían os seus pais e a súa titora cando eran coma eles. Os medios tecnolóxicos facilitáronnos descubrir todo isto... a continuación deixámosvos dous enlaces que empregamos ao longo da nosa lectura. As actividades que realizamos foron as seguintes:

  • Debuxos animados: “Willy Fog: la Vuelta al mundo” (canción)
  • Realizamos a viaxe de Phileas Fogg co Google Earth


2º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas:


 

Segredos

Galego: Segredos Soterrados. Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan Freijedo. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de xaneiro e febreiro. O libro relata unha aventura nun campamento de Muiños (Ourense) nos traslade a principios do século XX e remova nas nosas mentes o aprendido no primeiro trimestre sobre a II Guerra Mundial. Pois isto foi o que lograron os seus autores ao escribir a historia de Anxela, Sabela, Jorge e a “especial”gata Morriña.    Os protagonistas deste libro conseguiron que nos mergullásemos nunha trama onde se entrelazaron os intereses económicos e corruptos dunha poderosa multinacional, coa defensa do medio ambiente e coa presenza nazi en Galicia. Unha trama que lle encantou aos nosos lectores de 6º e na que afondamos grazas ao Kahoot que crearon os nosos compañeiros de 5º EP e do encontro que tivemos cunha das súas autoras: Alba De Evan. Este foi un  dos libros que máis nos gustou este ano.

Kameko

Galego: O destino de Kameko de Abel Alves Ed. Aira. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de marzo. A iniciación no universo da banda deseñada en galego  chegou a sexto a través do libro “O destino de Kameko” do escritor Abel Alves e con Jorge Campos como ilustrador. Este libro naceu nunha “fabrica de soños nada en Allariz”: Aira editorial, unha desas xoias coas que contamos en Ourense e que as veces non valoramos o suficiente. A historia de Chiharu, unha moza orfa, salvada da morte por unha misteriosa guerreira, cativou aos nenos e nenas de sexto. Eles tan acostumados ao mundo do “manga”, á cultura do Xapón e ó mundo oriental, explicáronlle a esta titora as reviravoltas desta obra... Quen era a nena que levaba sempre unha tartaruga no alto do cocorote? Por que quere apreixala o máis despiadado asasino do imperio? Eles axudáronme a entender esta banda deseñada e eu, como agradecemento, ensineilles os debuxos animados máis orientais e orixinais da miña época e recomendeilles os “mangas” baseados neles: “O doutor  Slump e Arale”. Este libro foi outro acerto na nosa selección, non só porque gozaron moito léndoo senón porque lles deu ás para realizar os seus propios cómics.

 
3º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas:


 Conto

• Castelán e galego: contos do apadriñamento lector para o día do libro.

Balda Galego:  “A Balada dos Unicornios” de Ledicia Costas. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de maio. Non podía rematar o curso sen lermos algo da escritora por excelencia na actualidade da narrativa infanta-xuvenil en Galicia. Sí, a mesma, Ledicia Costas. Esta vez escollemos o libro a “Balada dos Unicornios” da ed. Xerais.    A obra transcorre na Escola de Artefactos e Oficios, onde os mozos e mozas máis brillantes son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios. A verdade é que dende o inicio a historia esta tan chea de intrigas que os nosos nenos e nenas de sexto estiveron a piques de perderse. Pero unha lectura ao aire libre e  en contacto coa herba fresca foi suficiente para reconectalos co que Ledicia lles quería contar. A ver se deixa de chover e podemos repetir a experiencia!

Galeria

HORA DE LER. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.

Hora_6ep

A  hora de ler realízase todos os días, de 12:00 a 12:20 horas e a súa configuración está deseñada pola titora Eva Vidal Ferro (3 sesións) e por María Concepción López Martínez (2 sesións). Aínda que moitas das sesións deste curso tamén contamos coa inestimable colaboración da responsable de biblioteca.

Nas diferentes actividades que se fixeron procuráronse cubrir os diferentes gustos do noso alumnado, polo que buscamos que as lecturas e as actividades ao longo do curso fosen variadas en contidos, xénero, tipoloxía e complexidade. Para isto utilizamos diferentes soportes: impresos e electrónicos (libros de lectura propiamente ditos, prensa, libros de consulta, cómics, folletos, obras de teatro, Internet… tanto en galego como en castelán. 
No curso escolar 2023/2024  realizamos as seguintes actividades:
1º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas.

la_vuelta

•    Castelán: La vuelta al mundo en 80 días. Ed. Almadraba. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de setembro e outubro. O libro Trata sobre o cabaleiro inglés Phileas Fogg quere demostrarlle á sociedade do seu tempo (1872) que se pode dar a volta ao mundo en só 80 días. Durante a viaxe, Fogg e o seu servo Passepartout teñen que loitar contra todo tipo de obstáculos e, sobre todo, contra o paso do tempo. Este libro foi a escusa perfecta para que o alumnado de sexto sentise curiosidade pola vida no século XIX, polas diferencias culturais en todo o mundo, polos fusos horarios e o seu funcionamento, polos medios de transporte e a súa evolución ao longo da historia... e mesmo polos debuxos animados que vían os seus pais e a súa titora cando eran coma eles. Os medios tecnolóxicos facilitáronnos descubrir todo isto... a continuación deixámosvos dous enlaces que empregamos ao longo da nosa lectura. As actividades que realizamos foron as seguintes:

  • Debuxos animados: “Willy Fog: la Vuelta al mundo” (canción)
  • Realizamos a viaxe de Phileas Fogg co Google Earth

Biblio

•    Galego: Obra de teatro “SuperLeo e os personaxes máxicos”.(Día das Bibliotecas). Este ano, como os maiores do colexio, tocounos levar o peso da celebración do Día das Bibliotecas Escolares, o 25 de outubro. Pero para que esta festa puidese ser posible os nenos e nenas de 6º dedicáronlle moitas sesións de lectura a memorizar e a ensaiar a obra que escribiu para eles a responsable da nosa biblioteca. Despois chegaría o momento, tan esperado, de vestir os traxes dos seus personaxes literarios favoritos, desde Harry Potter ata os protagonistas dos contos clásicos, dando vida ás historias que lles gustan. O ambiente estaba cheo de maxia e aventura, e a ilusión polos libros estaba no aire. As actividades deste día comezaron a primeira hora da mañá coa representación da obra titulada “Superleo e os personaxes máxicos” na que dunha forma lúdica e divertida ían inculcando nos nenos e nenas a formación de usuarios. A xornada culminou cun concurso no os protagonistas da obra ( os nenos e nenas de 6º EP) ían facendo preguntas ao público infantil sobre diversos aspectos do funcionamento da biblioteca. A celebración do Día da Biblioteca Escolar no CEIP Manuel Sueiro non só promoveu a importancia da lectura, senón que reforzou o vínculo entre a comunidade escolar e a biblioteca.

Tripticos

•    Castelán: Folletos/ trípticos publicitarios elaborados polo propio alumnado. Cando planificamos a organización da hora de ler tiñamos claro que un dos obxectivos ía ser fomentar o gusto pola lectura e, para logralo, iamos ler en diferentes formatos e soportes. O que nunca pensamos é que os nosos alumnos e alumnas de 6º de EP serían capaces de crear eses propios documentos con tanta calidade. A finais do primeiro trimestre cada neno e nena elixiu un tema do que era “experto”, ampliou a información que tiña, organizou o seu tríptico, decidiu como escribilo (se a man ou con ordenador) e creou un folleto que máis tarde lle presentou ao grupo clase. Desde entón todos os trípticos presiden o corredor do colexio baixo o lema (elixido democraticamente) : “¿Qué quieres aprender hoy?”.
    Este foi o modo en que os nosos lectores de sexto se converteron en escritores e publicistas por uns días. Agora toda a comunidade educativa ten a oportunidade de ler o que eles escribiron. Non dubidedes en pasarvos polo noso recuncho!


2º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas:

Segredos•    Galego: Segredos Soterrados. Xabier Domínguez Pérez e Alba de Evan Freijedo. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de xaneiro e febreiro. O libro relata unha aventura nun campamento de Muiños (Ourense) nos traslade a principios do século XX e remova nas nosas mentes o aprendido no primeiro trimestre sobre a II Guerra Mundial. Pois isto foi o que lograron os seus autores ao escribir a historia de Anxela, Sabela, Jorge e a “especial”gata Morriña.    Os protagonistas deste libro conseguiron que nos mergullásemos nunha trama onde se entrelazaron os intereses económicos e corruptos dunha poderosa multinacional, coa defensa do medio ambiente e coa presenza nazi en Galicia. Unha trama que lle encantou aos nosos lectores de 6º e na que afondamos grazas ao Kahoot que crearon os nosos compañeiros de 5º EP e do encontro que tivemos cunha das súas autoras: Alba De Evan. Este foi un  dos libros que máis nos gustou este ano.

Destino_kameko

•    Galego: O destino de Kameko de Abel Alves Ed. Aira. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de marzo. A iniciación no universo da banda deseñada en galego  chegou a sexto a través do libro “O destino de Kameko” do escritor Abel Alves e con Jorge Campos como ilustrador. Este libro naceu nunha “fabrica de soños nada en Allariz”: Aira editorial, unha desas xoias coas que contamos en Ourense e que as veces non valoramos o suficiente. A historia de Chiharu, unha moza orfa, salvada da morte por unha misteriosa guerreira, cativou aos nenos e nenas de sexto. Eles tan acostumados ao mundo do “manga”, á cultura do Xapón e ó mundo oriental, explicáronlle a esta titora as reviravoltas desta obra... Quen era a nena que levaba sempre unha tartaruga no alto do cocorote? Por que quere apreixala o máis despiadado asasino do imperio? Eles axudáronme a entender esta banda deseñada e eu, como agradecemento, ensineilles os debuxos animados máis orientais e orixinais da miña época e recomendeilles os “mangas” baseados neles: “O doutor  Slump e Arale”. Este libro foi outro acerto na nosa selección, non só porque gozaron moito léndoo senón porque lles deu ás para realizar os seus propios cómics.

rosalía•    Galego: “Miña casiña, meu lar” de Rosalia de Castro (poema) convertido en banda deseñada. Continuamos coa lectura en todos os xéneros e formatos. Agora, aproveitando a iniciativa da Fundación Rosalía de Castro conmemoramos o día da escritora, o 23 de febreiro, para lermos o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas Novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote.
    A comprensión do poema, o análise do léxico e a morfoloxía do mesmo fixeron que fósemos capaces de facer o noso primeiro comentario de texto. Despois virían a memorización e o recitado posterior a carón do resto dos compañeiros do centro. E non podemos esquecer, a parte máis divertida, transformalo nunha banda deseñada como a que acababamos de ler na historia de “Destino de Kameko”.
    Ademais descubrimos que Rosalía, a do XIX, non deixa de sorprendernos e este ano lemos unha adaptación (da man da coordinadora de Normalización Lingüística), na clase  e para o resto do colexio, do que se considera o primeiro manifesto feminista da historia: Lieders.
    Rosalía sempre universal, como ponte de unión entre o feminismo, a banda deseñada e a solidariedade das persoas e dos pobos... outro gran descubrimento para os nosos lectores.
 
•    Castelán/ galego: novas sobre “pioneiras galegas”.

3º trimestre: lecturas comúns a todos os nenos e nenas:

Dia_libro

•    Galego: obra de teatro: “Leo chega do espazo”. Os alumnos de sexto volvéronse a converter en actores e actrices neste terceiro trimestre. Tiveron que dedicar moito tempo e esforzo para memorizar e ensaiar a obra escollida para conmemorar o Día do Libro. Esta vez para representaron: ” Leo chega do espazo”, unha obra adaptada e dirixida polo equipo de biblioteca, que narra a historia dun libro espacial que, perdido e triste, chega ao noso planeta. Ao chegar, atópase co Libro de Rexistro da biblioteca do CEIP Manuel Sueiro, que se converte na súa guía neste novo mundo. A través dunha viaxe máxica polas instalacións da biblioteca, Leo descobre a organización do espazo, a clasificación dos fondos documentais e a gran variedade de libros que ten á súa disposición. A obra, chea de humor e valores como a amizade, a curiosidade e o amor pola lectura, foi un completo éxito. Representouse en varias funcións ao longo do Día do Libro para que todo o alumnado puidese gozar con ela.

Conto

•    Castelán e galego: contos do apadriñamento lector para o día do libro.

Balda

•    Galego:  “A Balada dos Unicornios” de Ledicia Costas. Ed. Xerais. O Club de lectura de 6º curso de Educación Primaria traballou o libro durante o mes de maio. Non podía rematar o curso sen lermos algo da escritora por excelencia na actualidade da narrativa infanta-xuvenil en Galicia. Sí, a mesma, Ledicia Costas. Esta vez escollemos o libro a “Balada dos Unicornios” da ed. Xerais.    A obra transcorre na Escola de Artefactos e Oficios, onde os mozos e mozas máis brillantes son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios. A verdade é que dende o inicio a historia esta tan chea de intrigas que os nosos nenos e nenas de sexto estiveron a piques de perderse. Pero unha lectura ao aire libre e  en contacto coa herba fresca foi suficiente para reconectalos co que Ledicia lles quería contar. A ver se deixa de chover e podemos repetir a experiencia!

Galeria

LUISA VILLALTA.KAHOOT.

k_LuisaVillalta


Ao longo da semana o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro traballou e homenaxeou a Luisa Villalta. O xoves 16 de maio deseñamos un xogo a través de Kahoot para seguir recordando a Luisa Villalta. Neste caso a actividade consistiu en organizar grupos heteroxéneos de diversas aulas do colexio onde a inclusión, a atención á diversidade, colaboración e compañeirismo presidiron dita actividade.

O día remato bailando e cantando todos xuntos a súa biografía musical elaborada polo CEIP Chans de Bembrive

https://youtu.be/RXB-BKbkqDE

Galeria

HORA DE LER. PLURILINGÜISMO.

Plurilingüe

MEMORIA PAL 2023-2024. ÁREA LINGUA ESTRANXEIRA.

As liñas de acción programadas ao inicio do curso tomaron forma tal e como se describe a continuación:
I.- EDUCACIÓN DOCUMENTAL:
 Remitimos aos apartados de fomento de lectura, hora de ler, e PDI de centro para ver as accións concretas.
II.- FOMENTO DE LECTURA:

II.1.- Promover a lectura.
 A xustificación que demos na programación de inicio de curso e os obxectivos que nos marcamos foron o punto de partida para as actividades desenvolvidas co noso alumnado.
Desde a nosa área as lecturas estIveron integradas nos diferentes centros de interese programados para este curso, e sempre dependendo da capacidade de reading do noso alumnado.
A base dos nosos títulos está en lingua inglesa, aínda que incluímos textos en castelán e galego, fomentando o plurilingüismo no noso centro.
O desenvolvemento completo das accións levadas a cabo para promover a lectura foron as seguintes:
- E.Infantil
A very lazy ladybird
Colin colours
- E.P.: Nos diferentes cursos integraremos algunhas lecturas nas diferentes unidades didácticas.
1º: “Blippy the robot” e colección bilingüe “Pepe en Inglaterra”.
2º: Colección bilingüe “Pepe en Inglaterra”.
3º: Colección “Winnie the witch”
4º: Colección “Clara secret”.
5º e 6º: - Lectura de letras de cancións, unha por mes e Lectura de “tongue twisters” no 1º trimestre.
II.2.- Hora de Ler. Club de Lectura Sueiriños.
As lecturas desenvolvidas no club de lectura foron as seguintes:
- “La puerta secreta del Museo del Prado”. ( Ed. EDEBÉ)
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2323
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2493
   A información documental atopámola nas seguintes direccións:
•    La guía visual del Museo del Prado.
https://www.museodelprado.es/recurso/la-guia-visual-del-museo-del-prado/882d7e55-f30c-f0fb-5c62-cf1134af615a
•    Las Meninas en pictogramas.
https://www.museodelprado.es/recurso/las-meninas-en-pictogramas/c561e5aa-e78b-965f-2230-ae880052456c
 •    Audioguías infantiles.
https://www.youtube.com/watch?v=PC_NxAhTlZc
https://www.youtube.com/watch?v=3cqdOhuboC4
- “The world’s greatest heroes: Matin Luther King Jr.”   ( Banda deseñada )
 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2380
 III.- PDI de centro.
A nosa achega ao PDI de centro foi desde a área de plástica en 5º E.P. co proxecto desenvolvido ao longo de todo o curso escolar, titulado “MIS PIES JUNTO A LOS TUYOS”.
- Educación documental:
   - 16 de octubre. Día mundial de la Alimentación.
https://www.fao.org/home/es
https://www.fao.org/world-food-day/es
https://www.wfp.org/stories/growing-peace-break-vicious-circle-hunger-and-conflict
 - 20 de noviembre. Día de los Derechos de la Infancia.
https://ciudadesamigas.org/20n-2023/
https://www.unicef.es/educa/mural-derechos
https://www.unicef.es/causas/derechos-ninos
- Recursos bibliográficos:
• El cielo de Afganistán. ( Ed. Cuento de Luz )
• Cuentos alrededor del mundo. Mali. ( Ed. Vaughan )
• El sueño de la pequeña Efna. ( ING Ed. )
• Lolota da la vuelta al mundo. ( Kailas editorial )
• Lolota en los Balcanes. ( Kailas editorial )
• O lapis máxico de Malala. ( Ed. Xerais )
• Iqbal, niño valiente en Pakistán. ( Ed. Juventud )
• La escuela secreta de Nasreen. ( Ed. Juventud )
• La bibliotecaria de Basora. ( Ed. Juventud )
- Avaliación PDI:
Participa todo o alumnado? SI
Os nenos/as foron protagonistas? SI
Cal foi o sentir do alumnado? Sentido pertenza ao grupo
O alumnado expuxo o seu proxecto? SI
As actividades resultaron atractivas? SI
Participaron as familias? Si, na aportación de materiais.
O proxecto sae da escola? SI
Acadáronse os obxectivos específicos propostos? SI
Desenvolvemos as comp. clave iniciais? SI
Os recursos proporcionados pola biblioteca foron axeitados? SI
Foi axeitada a temporalización? SI
A metodoloxía de aprendizaxe por proxectos resulta ben? SI

 Galeria

VI Concurso Escolar de carteis relacionados coa Doazón e os Transplantes. A VIDA AGROMA POR TI

 vida_agroma

A VIDA AGROMA POR TI

vida_agroma

A implicación da comunidade educativa do Sueiro nas causas máis xustas esténdese no tempo: Colaboramos en recollida de alimentos, xoguetes, roupa; participamos en campañas promovidas por UNICEF e SAVE THE CHILDREN.

E demos un paso máis ao participar no VI Concurso Escolar de Carteis relacionados coa DOAZÓN e os TRANSPLANTES organizado pola Coordinación Autonómica de Transplantes (ADOS).

Tivemos acceso a recursos educativos na seguinte ligazón:
https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes/Proxecto-Salvavidas-Primaria?idioma=ga

Os alumnos/as de 5º Educación Primaria decidiron participar cun cartel pondo en valor a doazón e o posterior transplante de corazón porque  entenden que este órgano é o motor da nosa vida. Non hai maior xesto de xenerosidade que doar VIDA.

O primeiro paso foi a elaboración dun “colaxe” sobre un debuxo dun corazón. Esta técnica minuciosa de busca do papel axeitado, o recortado en pequenos cachos e a colocación de cada un deses pequenos papeis, representa a paciencia que precisa

n os  doentes á espera dun corazón e tamén a calma e a tranquilidade das persoas que coa súa xenerosidade doan ese órgano nun intre tan doloroso.

No segundo paso do traballo, cubriron o colaxe con flores de papel. Con elas pretenden amosar a esperanza dunha nova vida para as persoas receptoras do órgano.

E por último decidiron o título: “A vida agroma por ti”. Se un gromo anuncia a chegada da primavera en flores e árbores, o corazón doado representa ese anuncio dunha nova oportunidade de vida. E o remate da frase, “... por ti”  fai referencia á xenerosidade da persoa e familiares doantes.

Fomos felices coa nosa participación pero aínda máis coa nova de que o noso cartel foi o gañador desta edición.

PARABÉNS AOS CORAZÓNS XENEROSOS!

vida_galeria

MOCHILAS VIAXEIRA.1º ED. PRIMARIA.

 

MOCHILAS VIAXEIRAS. 1º EDUCACIÓN PRIMARIA. 

O curso escolar 2023/2024 o alumnado de  1º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada venres durante todo o curso. O traballo do alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido polo titora de 1ºcurso, supervisado pola biblioteca e sendo as veces os nenos os que escollían os libros , pero sempre procurando que teña un libro en galego e un libro en castelán.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.
Algún exemplo do material que acompaña a mochila do alumando de 1º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1 mochila:
•    Lingua Galega. Cando Leo         
•    Lingua castelá. Palabras con corazón                     
•    Caracola.

2 mochila:
•    Lingua Galega. O paraugas de Cebra
•    Lingua castelá. Infinito
•    Caracola

O principal problema co que nos atopamos é a falta de estímulos positivos que reforcen o gusto pola lectura como acto lúdico, divertido e enriquecedor. Por tanto a mochila é unha invitación a disfrutar dos libros en compañía, compartindo coa familia os sentimentos e sensacións que aportan as lecturas. Temos que ensinar ao alumno a entender que nela podemos atopar catro funcións:

•    A lectura serve para informarnos.
•    A lectura serve para aprender.
•    Alectura serve para gozar.
•    A lectura serve para posibilitar unha opinión propia e critica.

Como conclusión debemos seguir fomentado o gusto pola lectura dos nosos alumnos .