O Portal Educativo vén de publicar, con data de 2 de setembro de 2019, as Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares, durante o curso 2019/2020, nos centros de niveis non universitarios, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, coas adaptacións necesarias a cada tipoloxía de centro. Estas instrucións constan de tres documentos: as Instrucións propiamente ditas, e unhas Anotacións, incluídas como Anexo I , que aclaran e amplian cada unha das cláusulas. Engádese un Anexo II, ao que se fai referencia no texto do documento, unhas orientacións extraídas da orde de convocatoria do Plambe para o presente curso (Disposición adicional primeira, publicada no DOG de 16 de abril de 2019).
Instrucións sobre organización e funcionamento da biblioteca escolar para o curso 2019/2020
Concesión dos selos "Biblioteca Escolar Solidaria - 2019"
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 9 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a acción integrada no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2018/2019: o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria".
![]() |
1. Centros que renovan a súa candidatura:
2. Centros de nova candidatura:
|
Plan de mellora de bibliotecas escolares (centros públicos) para o curso 2019/2020 - Resolución provisional
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos de niveis non universitarios e de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, coa relación dos 25 centros que se integran, inicialmente, neste programa para o curso 2019/2020. Segundo as baixas ou renuncias ocasionadas entre os centros que xa forman parte do Plambe, este número poderá incrementarse na resolución definitiva da convocatoria, que se publicará no DOG, previsiblemente, en setembro de 2019. Así mesmo, nesa resolución definitiva recollerase a relación dos centros que continúan no programa, con detalle das asignacións para o curso 2019/2020.
Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de xuño de 2019
Camiño dunha biblioteca inclusiva. CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) |
Coñecendo os noso concellos. Proxecto colaborativo en Radio na Biblio. CEIP Da Pobra de Brollón e Ceip Virxe do Carme de Sober (Lugo) |
Radio Maraña. A radio da escola de Vilar de Barrio. CEIP P. de Vilar de Barrio (Ourense) |
A Cast@radio, unha experiencia de Radio na Biblio. CEIP P. de Carballedo, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) |
Desde as bibliotecas escolares ata o infinito e máis alá! IES Fernando Esquío de Neda (A Coruña) |
Estudo: Clubs, lectoras e lectores no ensino secundario de Galicia.
Transcorridos dez anos desde a primeira convocatoria de axudas para o funcionamento de Clubs de lectura destinadas a centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional e outros de nivel post-obrigatorio, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos /Asesoría de bibliotecas escolares, abordou a realización dun estudo cualitativo sobre a lectura e os clubs de lectura, os impactos desta iniciativa na cualidade da lectura e nas competencias comunicativas (e outras) do alumnado participante, así como o seu impacto nas comunidades educativas dos centros que contan con club de lectura. José Antonio Millán dirixiu este estudo (Clubs y lectores en la enseñanza secundaria de Galicia), do que se realizou a fase de "grupos de discusión" durante a primavera de 2018 e do que se presentaron as primeiras conclusións nas IX Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, celebradas en novembro de 2018. Velaquí agora o borrador ou pre-publicación do estudo nas dúas versións: galego e castelán, que se pon a disposición do profesorado e de todas as persoas interesadas.
- ESTUDO: CLUBS, LECTORAS E LECTORES NO ENSINO SECUNDARIO DE GALICIA (introdución, estudo de José A. Millán e informe dos clubs de lectura do curso 2017/2018). [Versión en galego]
- ESTUDIO: CLUBS, LECTORAS Y LECTORES EN LA ENSEÑANZA SECUNDARIA DE GALICIA (introducción, estudio de José Antonio Millán e informe de los clubs de lectura en el cuso 2017/2018) [Versión en castellano)
Lecturas para días luminosos - Guías de Verán 2019

- Bibliotecas Escolares e Municipais de Redondela (Redondela-Pontevedra): Suxestións Lectoras Verán 2019
- Bibliotecas Escolares e Municipais de Salvaterra do Miño (Salvaterra do Miño-Pontevedra): Lecturas Verán 2019
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Guía de lecturas recomendadas para o verán 2019
- CEIP P. A Pedra (Bueu-Pontevedra): Guía de Lectura para o verán
- CEIP A Ponte (Lugo): Guía de Recomendacións Lectoras 2019
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Lecturas para o verán
- CEIP Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñeda-Lugo): Recomendación de Lectura para o Verán
- CEIP Baíñas (Vimianzo-A coruña): Guía de lectura verán 2019
- CEIP P. do Camiño Inglés (Sigüeiro-Oroso/A Coruña): Recomendacións para o verán 2019
- CEIP ADR Castelao (Rianxo-A Coruña): Para un verán de cine ... Lecturas de Alucine!
- CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo-Pontevedra): Pingas de verde e mar
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Este verán se queres aventura ... achégate á lectura
- CEIP do Castrillón-Coiro (Cangas-Pontevedra): Un verán de lecturas 1 e 2
- CEIP de Coirón-Dena (Meaño-Pontevedra): Tríptico 3º Trimestre
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Para ler no verán!
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): No verán leva un libro onde vaias!!
- CEIP Emilia Pardo Bazán (a Coruña): Libros para ver o mundo
- CEIP de Figueiroa (A Estrada-Pontevedra): No verán, mergúllate nos contos!
- CEIP Flavia e CEIP Rosalía de castro (Padrón-A Coruña): Recomendacións para o verán
- CEIP de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Guía de Lectura Verán 2019
- CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña): Lecturas de verán
- CEIP da Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Lecturas para viaxar lonxe
- CEIP Isaac Peral (ferrol-A Coruña): Guía de Lectura Verán 2019
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Recomendacións veraniegas
- CEIP Loís Tobío (Viveiro-Lugo): Guía de Lecturas para o verán
- CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Ponteareas-Pontevedra): Lecturas para o verán 2019
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Chúpate! Lecturas de verán 2019
- CEIP P. de Monforte (Monforte de Lemos-Lugo): Recomendacións lectoras para o verán 2019 (Colectivo LEMOS LE)
- CEIP P. Montemogos (Bueu-Pontevedra): No verán ... un libro sempre na man!
- CEIP Pedro Caselles Rollán (Xove-Lugo): No verán, todos e todas a disfrutar
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña): Ao sol, lese mellor
- CEIP de Ponte Sampaio (Pontevedra): Recomendacións lectoras para o verán
- CEIP P. Sobreira-Valadares (Vigo-Pontevedra): Recomendacións verán 2019
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña): O Pregón de Xuño
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Contos para verán 1 e 2
- CEIP Veleiro-Docampo (Castro de Rei-Lugo): Libros ó Sol
- CEIP Vicente Otero valcarcel (Carral-A Coruña): Que vas ler este verán?
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Lecturas recomendadas para o verán
- CEP Marcos da Portela (Pontevedra): Guía de Lecturas Verán 2019
- CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo-A Coruña: Lecturas para saborear no verán
- CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Lecturas para o verán
- CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro-A Coruña): Disfruta do verán cun libro na man
- CPI P. Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Mergúllate!!!
- CPI de Pontecesures (Pontecesures-Pontevedra): Lecturas para disfrutar do verán
- CPI P. de Vedra (Vedra-A Coruña): Lecturas recomendadas para o verán
- CPR P. Compañía de María (A Coruña: Lecturas de verán
- CRA de Boqueixón-Vedra Neira Vilas (Boqueixón-A Coruña): As nosas recomendacións para o verán
- CRA de Culleredo: Ler ao sol, senta mellor
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Libros e poesía no verán, nas merendas coma o pan.
- EEI de Vilarrodís (Arteixo-A Coruña): Libros para o verán
- IES Agra do Orzán (A Coruña): Lecturas de verán 2019
- IES A Xunqueira II (Pontevedra): Guía de Lectura. Verán 2019
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Este verán bucea entre libros, Guía de Apps
- IES de Fene (Fene-A Coruña): Suxestións Lecturas verán
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña): Recomendacións de lectura para o tempo de lecer, como non ...
- IES Fontexería (Muros-A Coruña): Nadar entre Letras
- IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Suxestión de lecturas
- IES Monelos (A Coruña): Tempo de verán: lecturas para compartir
- IES Monte das Moas (A Coruña): Fresquicómics
- IES Monte Neme (Carballo-A coruña): Guía de Lectura Verán 2019
- IES de Monterroso (Monterroso-Lugo): Ler no verán
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Recomendacións lectoras para o verán
- IES Pontepedriña (Santiago de Compostela-A Coruña): Guía de Lecturas Vacacións de Verán Curso 18/19
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Disfruta do verán con un libro na man
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Biblioxornal 57
- IES Terra de Soneira (Vimianzo-A Coruña): Verán co Club
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): Tempo de verán, tempo de lecturas
- IES Urbano Lugrís (A Coruña): Suxestións para un verán lector
Na imaxe, VI Quedada Literaria en Castrelos. Blog da Maga Tomasa
XII Xornada dos Clubs de lectura
Haberá ocasión para amosar o estudo sobre os clubs de lectura, realizado por José Antonio Millán para esta consellería, no pasado ano 2018, en colaboración coa D.X. de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Entregarase, así mesmo, o Premio dos Clubs de Lectura 2019, que desta vez recaeu na escritora María Reimóndez, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2017/2018, tal e como se recolle na Resolución do 23 de abril de 2019, que explica as particularidades deste premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado e Carlos Negro.
O programa contempla así mesmo a participación de María José Masanet, profesora e investigadora da Universitat Poempeu Fabra; celebrarase unha mesa sobre mediacións lectoras; o activista da lectura Marijn Brouckaert falará das "lecturas compartidas", como ferramenta de intervención social; Antonio Sandoval amosará a súa experiencia como moderador dun club de lectura temático sobre ciencias da natureza e a poeta Tamara Andrés impartirá un obradoiro de poesía. Pechará a xornada a profesora, escritora e académica Marilar Aleixandre.
I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio : Seleccionados na Modalidade III e IV
Estos son os tres podcasts seleccionados na Modalidade III, entre os vinte e catro presentados. Seleccionouse un maís ao quedar deserto un na Modalidade IV. Nesta última modalidade foi seleccionado un podcast entre os seis presentados. A selección recoñece a orixinalidade do traballo e a calidade sonora e de contido. Información sobre oficios tradicionais, entroido galego, os muíños ... | ||
![]() |
||
CPI MANUEL SUÁREZ MARQUIER (O Rosal-Pontevedra)
|
![]() |
|
![]() |
||
![]() |
I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio : Seleccionados na Modalidade II
Estos son os dous podcasts seleccionados na modalidade II, 3º a 6º de Educación Primaria, entre os sesenta e dous presentados, pola orixinalidade do traballo e a calidade sonora e de contido. Percorrido polo patrimonio de Galicia e a contorna e por un exemplo do noso Entroido tradicional: | ||
![]() |
CEIP DE VILAR DE BARRIO (Vilar de Barrio-Ourense) |
|
![]() |
I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio : Seleccionados na Modalidade I
Estos son os dous podcasts seleccionados na Modalidade I, alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, entre os quince presentados, pola orixinalidade do traballo e a calidade sonora e de contido. Difusión de dous traballos de investigación arredor dun lenda local e da orixe do nome do concello: | ||
![]() |
CEIP DE CARBALLEDO (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra)
- Podcast: "A lenda de Florentina, a rapaza que morreu de amor"
|
|
CEIP VÍCTOR SÁENZ (Mazaricos-A Coruña)
|
![]() |
Resolución da convocatoria do I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio
O Portal Educativo publica a resolución do I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. Dos 107 podcasts presentados, de 64 centros públicos, prémianse 8 traballos pola súa boa práctica. Os podcasts galardoados serán difundidos pola Radio Galega a través das súas páxinas http://www.diariocultural.gal/ e http://www.crtvg.es/rg , incluíndo información sobre estes traballo na súa programación especial co gallo do Día das Letras Galegas.
Letras Galegas 2019 nas bibliotecas escolares galegas
Empezan a chegar os traballos das bibliotecas escolares arredor da figura de Antonio Fraguas, actividades relacionadas co autor e o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, destinadas a pór en valor o patrimonio material e inmaterial do noso país:
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Letras Galegas 2019, Festival Letras Galegas
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A coruña): Letras Galegas, Sancosmeiros
- CEIP P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Semana das Letras/Semana Cultural
- CEIP P. do Camiño Ingés (Oroso-A Coruña):Letras Galegas
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Radio, Kamishibai
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Celebramos o Día das Letras Galegas
- CEIP P. A Cristina (Carballo-A Coruña): Letras Galegas 2019
- CEIP Couceiro Freijomol (Pontedeume-A Coruña): Letras Galegas
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Cantares de Cego
- CEIP de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Letras galegas 2019
- CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña): Letras Galegas 2019
- CEIP Mestre Manuel García (Oia-Pontevedra): Antonio Fraguas: O entroido, os oficios e as súas biografía
- CEIP Milladoiro (Malpica-A Coruña): Padlet LG-19
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña):Obradoiro de costura STEAM - Antón Fraguas, Puntos de Lectura Centro de Saúde
- CEIP A Paz-Tintureira (Vigo-Pontevedra): Pasapalabra,Vídeo, Recuncho das Letras Galegas
- CEIP A Pedra (Bueu-Pontevedra). Día das Letras Galegas
- CEIP de A Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Festival das Letras 2019, Conversas co arqueólogo Xurxo Ayán
- CEIP A Ponte (Lugo): Antonio Fraguas
- CEIP Santa María do Valdouro (O Valadouro-Lugo): Día das Letras
- CEIP P. Santa Rita (Viveiro-Lugo): Canta, miña pedra, canta ;Xogo de Fuga
- CEIP de Santiago de Oliveira (Pontareas-Pontevedra): Xornada das Letras 2019
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): I Romaría das Letras Galegas
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Programa da semana das letras galegas
- CEIP Virxe do Carme (Sober-Lugo): Traxe Rexional, Certame de Investigación, Coñecendo a Fraguas, Lecturas compartidas, I Escaleira Literaria
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Semana das Letras Galegas
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Carteis premiados, Coplas de Antonio Fraguas, Mostra etnográfica, Celebrando as Letras, Celebración no Concello
- CPI de Fonte-Díaz (Touro-A Coruña): Letras Galegas 2019
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños-A Coruña): Radio, Concurso, Poesía galega musicada
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño-A Coruña): Recompilación de recursos
- EEI Barrionovo (Arteixo-A Coruña): Poesía, Escape Room, Guía de Lectura, Recomendacións, As familias contan
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Antón Fraguas e Viveiro
- IES Agra do Orzán (A Coruña): Lecturas en galego, Lecturas en portugués, Bookface en galego
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Vídeo Letras Galegas 2019
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña): Popplets de Antón Fraguas
- IES Fontexería (Muros-A Coruña): Presentación Antonio Fraguas
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo_Lugo): Exposición, actividades plásticas, Letras Galegas 2019
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Celebrando o Día das Letras galegas
- IES Porto do Son (Porto do Son-A Coruña): Díptico divulgativo, Antonio Fraguas en Onda Perseveira
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Día das Letras Galegas 2019
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Liña do tempo de Antonio Fraguas
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña): As Nosas Letras, En maio, en galego
- IES Urbano Lugrís (A Coruña): Concurso de cartas a ... Antonio Fraguas
- IES de Vilalonga (Sanxenxo-Pontevedra): Día das Letras Galegas
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo):Antón Fraguas e as Letras galegas 2019
- IES A Xunqueira I (Pontevedra): Regueifas na Biblio
Recursos:
Telexornal "Antonio Fraguas" desde o CEIP dos Dices
Desde o CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) chéganos, como en anos anteriores, o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Neste ano 2019 as nenas e os nenos implicados nesta experiencia de alfabetización mediática e informacional traballaron sobre ANTONIO FRAGUAS, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde, e presentannos un documento imprescindible para achegarse ao escritor e a súa obra. Parabéns, un ano máis, por un proxecto de alta calidade e estabilidade.
Centros seleccionados de Voluntariado de lectura-A (primaria)
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución de 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve a acción integrada no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" deste curso 2018/2019: Voluntariado de lectura-A (primaria). Participaron un total de 82 centros, dos que se seleccionaron 10 pola calidade e variedade nas actividades neste ámbito:
- CEIP Canosa-Rus, de Coristanco (A Coruña)
- CEIP Raquel Camacho, de A Coruña (A Coruña)
- CEIP Ramón de Artaza, de Muros (A Coruña)
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso, de Noia (A Coruña)
- CEIP de A Pobra de Brollón, de A Pobra de Brollón (Lugo)
- CEIP P. Virxe do Carme, de Sober (Lugo)
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso, de A Pobra de Trives (Ourense)
- CEIP P. A Pedra, de Bueu (Pontevedra)
- CEIP Ramón de Valenzuela, de Silleda (Pontevedra)
- CEIP P. Sobreira-Valadares, de Vigo (Pontevedra)
4 Retos para a Biblioteca Escolar 2020
O sábado 23 de marzo celebrouse en Santiago de Compostela unha xornada técnica organizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos), para pensar a biblioteca escolar do 2020. Esta xornada de traballo reuniu a persoas expertas no ámbito das bibliotecas en xeral, das bibliotecas escolares en particular xunto a representantes das CCAA presentes na Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares e do Ministerio, un dos organismos integrantes do Consejo de Cooperación Bibliotecaria a nivel estatal.
Organizáronse grupos de traballo e análise entre profesionais e persoas expertas que debateron e profundizaron sobre diferentes aspectos da situación actual das bibliotecas escolares. Extraéronse 4 retos concretos para a biblioteca escolar 2020:
Reto 1: Dotar de estabilidade ás bibliotecas escolares.
Reto 2: Promover un modelo de biblioteca escolar como espazo educativo á medida do proxecto de centro.
Reto 3: Concebir a biblioteca escolar como mediadora das lecturas no centro e situala no centro neurálxico das políticas públicas centradas na lectura, en todos os formatos, para todas as finalidades.
Reto 4: Promover unha visión da biblioteca escolar como o contexto privilexiado para o desenvolvemento das competencias mediáticas e informacionais, a alfabetización mediática (AMI) e como requisito para a construción do pensamento crítico.
Como resultado de todo isto, elaborouse un documento de urxencia para seguir a traballar pola Biblioteca Escolar.
A escritora María Reimóndez, Premio dos Clubs de Lectura 2019
Na XII Xornada dos Clubs de Lectura, que reunirá o 7 de xuño de 2019 en Compostela ao profesorado que coordina os clubs de lectura en 243 centros adheridos á convocatoria desta consellería, entregarase o PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2019 á escritora MARÍA REIMÓNDEZ.
O pasado 23 de abril, a D.X. de Centros e Recursos Humanos publicaba unha Resolución pola que se concedía este galardón a María Reimóndez por ser a escritora galega máis lida nos clubs de lectura. Aínda que na relación de autores e autoras máis lidas polos clubs de lectura no pasado curso 2017/2018 María Reimóndez aparece cuarta na lista, cómpre lembrar que este premio só se entrega a autores/ as en vida e que cada autor e autora pode recibilo unha soa vez.
É de salientar que entre os títulos máis lidos polos clubs de lectura no curso 2017/2018 aparecen títulos de María Reimóndez como Corredora, A dúbida, Dende o conflito, As cousas que non queremos oír ou Moda Galega.
A escritora afirma que a literatura contribúe a conformar valores e ten que servir para construír outro mundo. Así Genet, a atleta etíope protagonista de Corredora, quere mostrar ao mundo enteiro do que son capaces as invisibles. Por iso, cando por fin está no podio, entende que levantarse e correr, unha e outra vez, é o seu camiño e o seu fogar aprendido na cerna da montaña, no país onde naceu e onde cabe o mundo enteiro.
- Resolución do 23 de abril de 2019: concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2019
- Publicación da Resolución no Portal Educativo
Actividades do Día do Libro 2019 nas Bibliotecas Escolares Galegas
O mes de abril ferve nas bibliotecas escolares cunha gran variedade de actividades arredor do libro e a lectura. Velaquí algúns exemplos:
- Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): Semana do libro
- CEIP P. Alexandre Rodríguez Cadarso (Noia-A Coruña): Lecturas compartidas
- CEIP P. Anxo da Garda (A Coruña): Mes do Libro
- CEIP P. do Camiño Inglés (Oroso-A Coruña): Día do libro
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): Semana do Libro
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día do libro 2019
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña)
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Petiscos Literarios
- CEIP P. A Cristina (Carballo-A Coruña): Apadriñamento lector, Semana do libro
- CEIP de Chans-Bembrive (Vigo-Pontevedra): Leo porque sí, por que non?
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo-Pontevedra): Suxerencias lectoras
- CEIP de Foz nº1 (Foz-Lugo): Apadriñamentos lectores
- CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña): Bookcrossing, Lecturas compartidas
- CEIP da Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Poéticas Diversas, Recomendacións, Apadriñamentos
- CEIP de Leirado (Salvaterra do Miño-Pontevedra): Lecturas de Abril, Contapatio 2019
- CEIP Lois Tobío (Viveiro-Lugo): Semana do Libro
- CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra): Semana do Libro
- CEIP MIlladoiro (Malpica-A Couña): Asalto literario á vila de Malpica
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña): Exposición fotográfica
- CEIO A Paz-Tintureira (Vigo-Pontevedra): Bibliopatio, Comeza a Bibliopatio
- CEIP de Pazos (Ferrol-A Coruña): Feliz Día do Libro con Xoán Farias!
- CEIP Pena de Francia (Mos-A Coruña): Festexando o Día do Libro
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugoa: Semana do Libro
- CEIP A Ponte: Día do Libro 2019
- CEIP Santa María do Valadouro (O Valadouro-Lugo): Semana do libro
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra): Semana do Libro
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra): Apadriñamento lector 2019
- CEIP Veleiro-Docampo (Castro de Rei-Lugo): Se ti les, nós lemos
- CEIP Vicente Otero Valcarcel (Carral-A Coruña): Día do Libro
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Semana do libro, Exposición de libros do alumnado
- CPI Antonio Faílde (Coles-Ourense): Día do Libro
- CPI P. de Castroverde (Castroverde-Lugo): Nós tamén lemos!
- CPI P. Fonte-Díaz (Touro-A Coruña):Día do libro 2019, Boletín Literario "Con nome de muller"
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra): Día do Libro na Quinta
- CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña): Día do Libro 2019
- EEI de Vilarrodís (Arteixo-A Coruña): Festa do Libro
- IES Agra do Orzán (A Coruña): Boletín Día do libro 2019
- IES Concepción Arenal (Ferrol): Día do Libro
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña): Boletín, Encontros con autores, Obradoiro de poesía, Obradoiro de teatro, Xornadas literarias, Selfie Literario
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): Día do Libro
- IES Lamas de Castelo (Carnota-A Coruña):Cita a cegas cun libro, Boletín especial Día do Libro, Apadriñamentos lectores
- IES Lamas de Quendas (Chantada-Lugo): Día do Libro
- IES Lucus Augusti (Lugo): Día Mundial do Libro 2019, Concurso
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo-Lugo): Arte e Poesía
- IES Monelos (A Coruña): Celebración do Día do Libro
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Preparación Día do libro, Día do Libro
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): 23 de abril "Día Mundial do Libro"
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): 23 libros para o 23, Que son os libros?, Photocall "Emocións de libro"
- IES Terra de Soneira (Vimianzo-A Coruña): Boletín "Libros para sermos Libres"
- IES Urbano Lugrís (A Coruña): Homenaxe a William Shakespeare
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): Día do libro no Xograr
Día Mundial do Libro 2019
Achégase o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019.
Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre, quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.
VI Concurso de Traballos por Proxectos
O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, do 15 de abril de 2019, pola que se convoca o VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS, vinculados ou apoiados pola biblioteca escolar, para traballos realizados durante o curso 2018/2019.
As modalidades nas que se pode participar son as seguintes:
1. Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados , coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (e un 40% dos departamentos, no caso dos centros de ensinanza secundaria).
2. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, nas seguintes sub-modalidades:
a. Traballos de grupo/nivel
b. Traballos de ciclo/departamento
c. Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO “Investigación e Tratamento da Información”, ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria.
Todos estes traballos teñen que realizarse co apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades.
A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero se contemplará un apartado especial de traballos do ámbito científico.
3. Proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino co fin de desenvolver un proxecto común, de temática xeral ou científica.
O prazo de presentación das memorias correspondentes segundo o guión contemplado na convocatoria remata o 10 de xullo de 2019.
Na imaxe, alumnado do CPI Cruz do Sar (Bergondo-A Coruña)
Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2019/2020 - Centros públicos
O DOG publica hoxe a Orde de 2 de abril de 2019 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares para centros de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para o curso 2019/2020.
Ao igual que en anos anteriores, seleccionaranse un mínimo de 25 centros novos para a súa incorporación ao PLAMBE, podendo ampliarse este número no caso de baixas ou renuncias de centros xa integrados neste programa en convocatorias anteriores. Os centros que se incorporaron nas convocatorias 2011, 2012 e 2013 poderán recibir, ademais da asignación para fondos, unha asignación complementaria para a renovación de mobiliario e outros equipamentos imprescindibles para o funcionamento da biblioteca escolar. A continuidade no PLAMBE esixe a solicitude correspondente a través desta convocatoria, coa entrega da documentación que se solicita en cada caso, así como acadar unha valoración positiva na memoria de actividades do presente curso 2018/2019.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de maio.
- Publicación da Orde de 2 de abril de 2019 - Convocatoria PLAMBE para o curso 2019/2020 (centros públicos)
- Texto da convocatoria no DOG
- Anexos
Materiais para o Espazo Creativo da Biblioteca
Dentro do contexto actual de alfabetizacións múltiples e de modelo evolucionado de biblioteca, no ano 2016 deséñase o proxecto piloto "Escornabots na biblioteca escolar". No ano 2018, o proxecto muda de nome para responder á nova realidade das bibliotecas implicadas, pasando a chamarse "Biblioteca Creativa". Falamos de espazos cooperativos que contemplan todo tipo de linguaxes e posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación.
Achégase un documento de apoio cunha selección de materiais e recursos para conformar este espazo. Cada biblioteca debe escoller os máis axeitados ao espazo dispoñible, á idade do alumnado e ás prácticas que interesa incentivar. Os materiais deben ir acompañados da bibliografía que apoie e optimice o seu uso.
O vídeo presenta unha selección de imaxes de materias e espazos de bibliotecas escolares de Galicia.
- As bibliotecas escolares: lugares para a exploración e a experimentación (Cristina Novoa-Eduga)
- Pinterest Biblioteca Creativa
- Actividades Biblioteca Creativa
I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio
O Portal Educativo publica a convocatoria do I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data 2 de abril de 2019, o I Concurso de Podcasts - Radio na Biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).
2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil - 2019
Coma en anos anteriores, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2019 correspondeulle a Lituania.A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: Os libros fannos acougar.
Galix, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.
-
MENSAXE en galego e información sobre o autor.
-
CONCURSO "Sefie LIX" (OEPLI) (Remata o prazo o 10 de abril)
Día das Artes Galegas: Luís Seoane
O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste 2019, homenaxea a Luís Seoane. Queremos aproveitar a ocasión para difundir os libros que a Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes de A Coruña nos fixo chegar para agasallar ás bibliotecas escolares.
Todas aquelas bibliotecas que, promovendo actividades creativas e artísticas, celebren esta data e que teñan traballos sobre Seoane, poden envialos antes do 15 de abril ao correo da Asesoría e recibirán un lote destes libros.
Agradecemos á Asociación de Amigos e ao Museo de Belas Artes a súa achega para dotar de fondos de Arte en galego as bibliotecas escolares de Galicia.
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia celebra esta data cunha xornada de portas abertas á que nos convida.
A Rede do Patrimono Cultural achega dous documentos de traballo, para todas as idades, conscientes de que o mellor camiño para a conservación do Patrimonio é o coñecemento.
Actividades nas bibliotecas escolares:
- CEIP P. Anxo da Garda (A Coruña): Mes das Artes Galegas, Almanaque Antón Fraguas & Luís Seoane
- CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña)
- CEIP P. de Monforte de Lemos (Monforte de Lemos-A Coruña)
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña)
- CEIP Salgado Torres (A Coruña)
- CEIP P. Santa María (A Fonsagrada-Lugo)
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra)
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra)
- CEIP Vistahermosa (Ourense)
- CEP P. Xesús Ferro Couselo (Valga-Pontevedra)
- CPI Dr. López Suárez (O Saviñao-Lugo)
- CPR P. Manuela Rial Mouzo (Cee-A Coruña)
- CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña)
- EEI de Barrionovo ( Arteixo-A Coruña)
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (Pontevedra)
- IES Antonio Losada Diéguez (A Estrada-Pontevedra)
- IES Mendiño (Redondela-Pontevedra)
- IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra do Caramiñal-A Coruña)
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo)
21 de marzo: Poéticas Diversas na Biblioteca Escolar
Este ano celebramos o Día Mundial da Poesía nos Encontros PLAMBE con dúas intervencións poéticas. Ao mesmo tempo, as bibliotecas escolares de Galicia deixaban claro que a poesía é alimento para todos e todas:
- CEE Miño (Ourense)
- CEIP P. do Camiño Inglés (Oroso-A Coruña)
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña)
- CEIP P de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra)
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día da Poesía, Poéticas diversas
- CEIP de Cespón (Boiro-A Coruña)
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña)
- CEIP P A Cristina (Carballo-A Coruña)
- CEIP Flavia (Padrón- A Coruña)
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra): Lecturas do voluntariado, Escornabots poéticos
- CEP Lois Tobío (Viveiro-Lugo): Semana da Poesía, Poéticas diversas
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña)
- CEIP A Paz-Tintureira (Vigo-Pontevedra)
- CEIP Pena de Francia (Mos-Pontevedra)
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña)
- CEIP Rosalía de Castro (Padrón-A Coruña)
- CEIP O Salvador (A Pastoriza-Lugo)
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra)
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo-A Coruña)
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra)
- CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral-A Coruña): Ciencia, Pan e Poesía ; Libro Panesía ; Poesía na Panadaría
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña)
- CEIP Vistahermosa (Ourense)
- CRA de Culleredo (Culleredo- A Coruña) , Familias creadoras
- EEI de Barrionovo (Arteixo-A Coruña)
- EEI de Vilarrodís (Arteixo-A Coruña)
- IES Agra do Orzán (A Coruña)
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña)
- IES Mendiño (Redondela-Pontevedra)
- IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): O monte nace na escola, Día da Poesía
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo)
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Lírica desde youtube, Poesía tralos cristais, Pingas de poesía, A poesía da música.
- IES Universidade Laboral (Culleredo-A Coruña)
- IES Urbano Lugrís (A Coruña)