O día 15 de maio celébrase a nivel internacional o día da familia, que ten como obxectivo resaltar a importancia da familia como unidade básica da sociedade.
Que a familia é importante é algo que todos e todas recoñecemos. Que entendemos, por tanto, por núcleo familiar?
Familias hai moitas e moi diversas, de feito non hai dúas exactamente iguais. A sociedade é cada vez mais diversa e o modelo de familia tradicional xa non é o único modelo que atopamos.
É importante que independentemente do tipo de familia que teñamos, mostremos aos nenos e nenas a diversidade familiar que nos rodea, para ensinarlles que hai moitos modos validos de relacionarnos e de amarnos.
Se dende pequenos ven con naturalidade todo tipo de estruturas familiares, estamos promovendo a tolerancia e a convivencia e asegurando así a liberdade de todos e todas.
Así que aquí vós deixamos unha selección de contos e libros como exemplo, os cales podedes atopar na biblioteca do centro e nos que a familia é a protagonista principal. Ademais doutra selección de contos na que se trata a inclusividade.