blog da biblioteca

PROGRAMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2021-22

PROGRAMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA CURSO 2021-2022

PRÉSTAMOS DE LIBROS

 

XA ESTÁ ABERTO O PRÉSTAMO DE LIBROS ÁS FAMILIAS

TODOS OS MARTES DE 16:00 A 16:30

PÓCIMA SECRETA

 

No Recuncho Maker deixáronnos a receita dunha poción secreta. Podedes acceder a esta sección premendo na imaxe.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO SAMAÍN

Dende a biblioteca queremos ofrecervos algunhas propostas lectoras para estes días. Esperamos que sexan do voso agrado. Premer na imaxe para acceder a elas.

 

DÍA DAS ESCRITORAS (18 DE OUTUBRO)

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Dende o CRA Raíña Aragonta conmemoramos a tres importantes escritoras españolas da literatura infantil como son Anna Llenas, Rocío Bonilla e Olga de Dios.

Por iso expuxemos algunhas das súas obras na nosa biblioteca, desexando que os nenos e as nenas gocen moito da súa lectura.

  

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola nenos e nenas:

Sabedes quen son? Moi ben son Caselín.

Algúns de vos xa me coñecedes, pero para os que nunca me vistes preséntome: son Caselín, un verme de cores. Vivo na vosa biblioteca porque encántame ler e durmo cada noite entre as follas dos libros, rodeado de moitas aventuras.

Vin vervos porque teño unha sorpresa na miña maleta, pero tamén un gran problema, esquecín o contrasinal de meu cadeado!!!

Axudádesme a recuperalo???

Tedes que superar varias probas para conseguir o número secreto.

Estades preparados???

Pois comeza o xogo!!!

 

 

 

 

Xenial rapaces, fixéstelo moi ben!

 

Despois desta sorpresa quérovos ensinar a través dun vídeo ese lugar tan máxico onde vivo, que é a biblioteca.

 

Xa case teño todo preparado para iniciar a miña viaxe.

  

 
 
 
 
Ademais déixovos o conto "ONCE DAMAS ATREVIDAS".
 
É unha historia que me encanta ler e espero que na miña viaxe me sucedan tantas aventuras como lle acontecen ás miñas once amigas. 
 
 
 
 
 
Grazas nenos e nenas por gozar tanto coas actividades. 
  
 

VIDEOCONTO

Ola a todos e todas:

Este novo curso, imos inagurar a sección de videocontos cun conto de sombras, acompañados dunha amiga moi larpeira. É unha homenaxe ao seu creador Eric Carle.

 

Esperamos que gocedes moitísimo con él.

 


Pinchade na imaxe e gozade do videoconto.



CURSO 2021-2022

 
   
 
 
 

BOAS VACACIÓNS

QUE FAGO ESTE VERÁN??

SE QUEREDES COÑECER AS RECOMENDACIÓNS QUE CASELIÑO PREPAROU PARA TODOS VÓS SOAMENTE TEDES QUE PINCHAR NA SEGUINTE IMAXE... OLLO QUE VEÑEN CON SORPRESAS!!

Distribuir contido