Recuncho maker

SEMANA DO LIBRO

PENSANDO, PENSANDO,....CREO QUE VOU A ELEXIR LIBROS DA SEGUINTE SECCIÓN. ESTADE MOI ATENTOS, XA QUE OS NOSOS PEQUERRECHOS E PEQUERRECHAS SERÁN AS QUE VOS FAGAN UN PEQUENO RESUMO DESTES LIBROS. 

 

 
COMO PODEDES COMPROBAR PODERANVOS AXUDAR Á HORA DE FACER ACTIVIDADES RELACIONADAS COA RELAXACIÓN, IOGA, MINDFULNESS,...
 
SE ESTADES INTERESADOS NALGÚN LIBRO QUE NON TEMOS NO NOSO CATÁLOGO, PODEDES FACER A VOSA PROPOSTA NO CORREO ELECTRÓNICO DA BIBLIOTECA E TRATAREMOS DE ADQUIRILO O ANTES POSIBLE.
 
AGORA IDE PENSANDO NALGÚN LIBRO QUE VOS GUSTE, QUE A VINDEIRA SEMANA PROPOREIVOS RETOS PARA FACER CON ELES.
ÁNIMO!!!!
 

ROBÓTICA POLA IGUALDADE

ROBÓTICA POLA IGUALDADE

ROBÓTICA POLA IGUALDADE

Co gaio do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo, queremos compartir con vós unha marabillosa actividade coa que tentar resaltar a igualdade entre homes e mulleres. Para elo, basearémonos no conto "ARTURO Y CLEMENTINA" que seguramente moitos de vós xa coñeceredes e que podedes atopar na Biblio do centro.

De tódolos xeitos, se pinchades na seguinte imaxe podedes acceder ao mesmo a través de Youtube:

 

Unha vez lido o conto, poderemos realizar as seguintes actividades:

  • Reflexión e debate en grupo sobre o contido da historia: Quen é Clementina? Como é? Era feliz Clementina? Como era Arturo? Por que se marcha Clementina?
  • Conto ao revés: Aplicando a técnica da inversión na historia do conto, o adulto propón que entre todo o grupo do alumnado se decida cambiar o final da historia. Trataríase de inventar máis alternativas ou unha continuación. Para guiar esta actividade podemos realizar preguntas do tipo: Gustouvos o final da historia? Que outro final podemos inventar? E si na historia tivese aparecido unha personaxe chamdo como vós? (nomeando a algún neno ou nena, facéndoos protagonistas da historia).
  • Bee-Bot camiñando cara a igualdade: o adulto presenta diferentes retos para que o alumnado, disposto dun taboleiro (que podedes atopar no arquivo adxunto) e un robot, chegen a onde se pide: ata Clementina, ata onde está soamente Arturo, Clementina feliz, Clementina chea de regalos, o instrumento favorito de Clementina...

 

Na biblioteca contamos con robots para poder realizar esta actividade, para a que soamente teremos que adaptar o taboleiro, pero si vos apetece probar un Bee-Bot na casa tamén podedes facelo descargándovos a seguinte APP:

 

ESPEREMOS QUE DESFRUTEDES MOITO CON ESTAS PROPOSTAS!!

IOGA E POESÍA

PREMEDE NOS SEGUINTES NÚMEROS E DESCUBRIDE A POESÍA E AS POSTURAS DE IOGA QUE PODEDES REALIZAR CON CASELÍN.

 

 

ANIMÁDEVOS A INVENTAR UNHA POESÍA PEQUERRECHIÑA E COMPARTÍDEA CONNOSCO A TRAVÉS DO NOSO CORREO ELECTRÓNICO.

PARA INSPIRARVOS PODEDES VISITAR A SECCIÓN DE POESÍA NA NOSA BIBLIOTECA. 

FIXÁDEVOS BEN NO SEU IDENTIFICATIVO, É UN TRIÁNGULO VERMELLO.

 

 

IOGA CON ROSALÍA DE CASTRO

IMOS GOZAR DESTA SESIÓN  DE IOGA CO SEGUINTE POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

AGORA CONVERTERÉMONOS EN POMBAS, ESTADE MOI ATENTOS E SEGUIDE AS INDICACIÓNS.

  

 
GUSTOUVOS ? ESPERAMOS QUE SI. DESPEDÍMONOS ATA O VINDEIRO MES E DEIXÁMOSVOS ESTE POEMA ANIMADO DE ROSALIA, POR SE QUEREDES COÑECER MÁIS POEMAS DA SÚA OBRA.
 
ATA LOGO, PEQUES!
 
 

REALIDADE AUMENTADA

 Sabedes o que é a... REALIDADE AUMENTADA??

É un recurso  tecnolóxico moi chuli que podemos empregar tanto na aula coma na casa e que mestura o mundo virtual e o mundo real a través de dispositivos electrónicos como por exemplo o móbil ou a tableta. 

En primeiro lugar, na biblioteca contamos con varios contos a través do cales podemos introducirnos na Realidade Aumentada.

En segundo lugar, para traballar tanto na aula coma na casa, amosámosvos unha aplicación moi guai e moi sinxelas para desfrutar da Realidade Aumentada. Para descargala podedes pinchar na seguinte imaxe:

 

 

Para entender o seu uso deixámosvos o seguinte vídeo:

A maiores, se queredes continuar investigando e probando mais aplicacións sobre esta temática, deixámosvos dous artigos con listas das más utilizadas:

 

UNHA GRAN VARIEDADE DE APPS DE REALIDAD AUMENTADA

                                    

 

¡¡Esperamos que disfrutedes moito probando este novo recurso!!

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

ESTE MES PARA REALIZAR O OBRADOIRO DE IOGA VIAXAREMOS Á INDIA, LUGAR NO QUE VIVÍA MAHATMA GANDHI, LÍDER PACIFISTA QUE DEFENDEU E PROMOVEU A NON VIOLENCIA E A RESISTENCIA PACÍFICA FRENTE A INXUSTIZA.

AO REMATAR PODEDES CONVERSAR A CERCA DE COMO VOS SENTIDES.

PODEDES APROVEITAR E LEMBRAR SITUACIÓNS NAS QUE SENTISTES  EMOCIÓNS RELACIONADAS COA PAZ: ALEGRÍA, AMOR, TRANQUILIDADE,... E TAMÉN EMOCIÓNS RELACIONADAS COA VIOLENCIA: IRA, MEDO, SUFRIMENTO,...

"A PAZ COMEZA CUN SORRISO". ENSINA QUE UN SORRISO DI MÁIS QUE MOITAS PALABRAS  E A SER SEMPRE AMABLE COAS PERSOAS QUE NOS RODEAN.

 

 

XOGOS DE NADAL

XOGOS DE NADAL

 

Xa falta pouquiño para as vacacións de Nadal e dende o Equipo de Biblioteca non queremos que vos aburrades nestas festas, así que traémosvos un SÚPER RECOPILATORIO de contos, actividades e xogos para realizar na aula e, sobre todo, nas vosas casas.

Comezamos por unha actividade para realizar na AULA. Trátase do SCAPE ROOM “Mis traviesos ayudantes”, no que teredes que axudar a Papá Noel a atopar os regalos que os seus trasnos esconderon polo cole. Atrevédesvos?? 

Podedes acceder ás instrucións abrindo o arquivo adxunto ou pinchando na seguinte imaxe:

 

 

O seguinte recompilatorio tamén está pensado para traballar na pizarra dixital da AULA, pero pódese facer tamén na CASA a través da tablet ou no ordenador. Trátase dunha RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES para traballar al linguaxe oral na que @s nen@s teñen que contar unha historia e seguir instrucións. O marabilloso é que contamos con dúas versións: unha en castelán e outra en GALEGO.

Para acceder ás mesmas soamente tedes que pinchar nas seguintes imaxes:

                 

                                     

 

A seguinte actividade, que se pode realizar tanto na AULA coma na CASA é a lectura de diversos CONTOS DE NADAL. Algúns deles teñen a posibilidade de desfrutarse mediante audiolibro ou videoconto!! 

 

Podedes acceder a todos eles pinchando na seguinte imaxe:

 

 

Finalmente, como sabemos que non é moi recomendable saír da CASA nestas festas, queremos que continuedes xogando, por iso trémosvos unha recompilación de XOGOS INTERACTIVOS coma buscar as diferenzas, puzzles, 3 en raia, memorys... Nós fixemos unha pequena selección dos que mais nos gustaron, á que podedes acceder pinchando en cada unha das imaxes:

 

   

   

 

Pero podedes acceder a todos os xogos pinchado na seguinte imaxe:

 

 

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!

DÍA DA DISCAPACIDADE

QUE BEN O PASAMOS FACENDO IOGA!!
O MELLOR TAMÉN É O BEN QUE NOS SENTIMOS AO REMATAR ESTAS SESIÓNS.
 
ANIMÁDEVOS E PROBADE NAS VOSAS CASAS!

OBRADOIRO DE IOGA

OLA PEQUES!!!! ESTA SEMANA PROPÓÑOVOS UNHA ACTIVIDADE DE MINDFULNESS. GRAZAS A ESTAS PEQUENAS TÉCNICAS PODEMOS AXUDAR AOS NENOS E NENAS A APRENDER E FORTALECER AS SÚAS HABILIDADES E DESTREZAS CO TEMPO.  AO PRACTICAR A ATENCIÓN, OS NENOS E NENAS APRENDERÁN A SER MÁIS CONSCIENTES DOS SEUS PROPIOS SENTIMENTOS, SENSACIÓNS, PENSAMENTOS E DO ENTORNO QUE OS RODEA.

NESTE CASO TRABALLAREMOS A ATENCIÓN COA TÉCNICA DO 5-4-3-2-1

DEBEDES PINCHAR EN CADA NÚMERO, COMEZANDO POLO 5 E AO REMATAR DE ENUMERAR TODOS OS ELEMENTOS ESTARÁN MÁIS TRANQUILOS E ATENTOS.

 

Distribuir contido