blog da biblioteca

SELECCIÓN DE LIBROS PARA O NADAL

O Nadal é un tempo moi agardado polos máis pequenos: días de ilusión, desexos, maxia e agasallos.

 

Por iso, se queres descubrir a maxia do Nadal, convidámoste a ler algunhas das nosas recomendacións lectoras.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

ESTE ANO ARA É NOVA NO CENTRO, ELA COAS SÚAS ÁS TEN SUPERPODERES E QUEDAMOS ABRAIADOS COA SÚA HISTORIA.

O 3 DE DECEMBRO CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, POR ISO, DENDE O CRA RAÍÑA ARAGONTA QUIXEMOS ELABORAR ENTRE TODAS AS AULAS UNHAS ÁS DE BOLBORETA COAS QUE PODER COMEZAR O VOO.

ESTE É O NOVO RECUNCHO ONDE PODEREMOS SACAR FOTOS E DESPRENDER AS NOSAS ÁS!!

 

TREBELLOS DE ARA - MALETA INVESTIGACIÓN

TIVEMOS A SORTE DE TER A ARA NAS NOSAS AULAS!

TROUXO UNHA SORPRESA!!

UNHA MALETA DE INVESTIGACIÓN SOBRE DIFERENTES TÉCNICAS EMPREGADAS NOS DEBUXOS ANIMADOS!!

GUSTOUNOS MOITO!!

 

NOVOS FONDOS PARA A BIBLIOTECA

PADRIÑOS LECTORES

No mes de novembro levamos a cabo a actividade “Padriños lectores” xunto co CEP Altamira. Os alumnos e alumnas do centro de primaria leron un conto a cada aula na sede do CRA. 

 

Graciñas pola experiencia compartida!

 

A árbore dos desexos

 

 

A árbore dos desexos

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende a biblioteca do centro queremos sumarnos a esta celebración deixándovos unhas recomendacións lectoras para estes días, que vos axudarán a traballar a igualdade de xénero e o respecto dende a infancia.

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA- 20 DE NOVEMBRO DE 2023

O día 20 de novembro celebrarase o Día Mundial da Infancia. Como este ano o proxecto do centro son os debuxos animados "Aragonta Films" decidiuse realizar dúas enquisas na cal as familias tivesen que viaxar un pouco no tempo para recordar aqueles debuxos animados favoritos da súa infancia. Ademais doutra na que tiñan que respostar cales son os preferidos dos seus fillos/as na actualidade. 

Ante todo, moitas grazas pola vosa participación. Velaquí tedes unha mostra en imaxe daqueles debuxos animados que foron máis nomeados nas enquisas feitas:

 

 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 
EXPERIMENTANDO COAS FOLLAS
 
CO MES DE NOVEMBRO CHEGOU A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E COÑECEMOS A NOSA NOVA AMIGA ARA A CAL NOS PREGUNTOU DE QUE COR ERAN AS FOLLAS. APROVEITANDO QUE ESTE MES SE CELEBRA A CIENCIA EN GALEGO FIXEMOS UN EXPERIMENTO CON ELA PARA DESCUBRILO. APETÉCEVOS FACELO CON ELA?
 
 
 
Por se fose da vosa axuda, adxuntamos un link _ https://www.youtube.com/watch?v=1MCES10TPiQ 

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. POR ESTE MOTIVO, DURANTE ESA SEMANA O ALUMNADO DO CRA RAÍÑA ARAGONTA FOI CONVIDADO Á BIBLIOTECA PARA COÑECER A NOVA PROTAGONISTA DESTE CURSO E A SÚA HISTORIA.

AQUÍ TEDES UN BREVE RESUMO DAS ACTIVIDADES.

PASÁMOLO XENIAL!

 

Distribuir contido