Novembro 2022

  • DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

    O 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

    Dende o noso centro seleccionamos diversos libros que poden axudarnos a educar, concienciar e previr a violencia de xénero.

    Son historias divertidas e cheas de mensaxes que invitan a reflexionar sobre o tema.

     


  • MOCHILAS VIAXEIRAS

    Neste novo curso escolar, dende a biblioteca, púxose en marcha un novo servizo de préstamo que son as mochilas viaxeiras.

    Con este novo recurso pretendemos fomentar o hábito lector nas familias, converter a lectura nun vínculo familiar, facilitar ás familias materiais da biblioteca escolar ou da aula, e motivar aos nenos para que compartan momentos de lectura e comunicación.

     

    O centro dispón de 10 mochilas viaxeiras, que estarán en continuo movemento polos fogares de todo o noso alumnado.

  • CONTOS DA NOSA INFANCIA

     O día 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia e que mellor forma de conmemorala que recordando os contos preferidos da infancia das familias e dos nenos e nenas do centro.

    Familias moitísimas grazas pola vosa participación. Aquí tedes esta pequena recopilación dos vosos contos: 

     

     

     

     

     

  • TÉCNICA DE KOEPPEN - DÍA CONTRA A VIOLENCIA

    BOS DÍAS A TODOS/AS!

    Qué tal estades? Coma ben sabedes, o 25 de novembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, por iso, dende o Equipo de Biblioteca queremos propoñer a técnica de relaxación de Koeppen para levala a cabo xuntos. De esta maneira, neste día tan importante, podemos “botar fóra” todos os sentimentos negativos (rabia, estrés, ansiedade...)

    Animádevos!

     

  • DÍA MUNDIAL DA INFANCIA (20 DE NOVEMBRO)

    DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

    (20 de novembro)

     

  • NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

    NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

    Novembro é, sen dúbida, un mes especial. Comeza tralos sustos do Samaín, vén cargado de castañas, noces, e outros froitos de outono, fai que quentemos as nosas mans nos magostos e deixa paso ao mes do Nadal. Todos estes motivos darían para festexar pero... é que, ademais de todo isto, novembro é o mes da ciencia en galego. Convidámosvos a coñecer a dúas científicas moi xeitosas que están desexando converter a todas e todos os peques de Salceda en novos investigadores. Vos animades?

     

  • PRÉSTAMOS DA BIBLIOTECA

    Por fin retomamos os préstamos.

    Os nosos alumnos e alumnas estaban moi emocionados e nerviosos por estrear as súas novas bolsiñas viaxeiras.

     

    Esta semana levaron un conto a casa para gozar de momentos máxicos e inesquecibles de lectura en familia.

Back to top