Barreiro

PROGRAMACIÓN DA AULA DE BARREIRO PARA O CURSO 2023-2024

PROGRAMACIÓN AULA BARREIRO PARA O CURSO 2023-2024

ABRIL

POPULARMENTE DISE "ABRIL, AUGAS MIL" AÍNDA QUE CO NOSO CALENDARIO DECATÁMONOS DE QUE O MES DE ABRIL FOI MÁIS BEN UN MES SECO E CALUROSO NO QUE COMEZAMOS A FACER PICNICS NO PATIO Á HORA DE MERENDAR. ASÍ QUE NON HOUBO MIL AUGAS PERO SI UNHA CHEA DE ACTIVIDADES E MOMENTOS XENIAIS. NO COLE APROVEITAMOS CALQUERA EXCUSA PARA APRENDER E DESCUBRIMOS AS CARACTERÍSTICAS DOS INSECTOS, OS COIDAMOS E DESCUBRIMOS SABORES E TEXTURAS CON ELES; FOMOS DE VISITA Á SEDE PARA GRABAR AS ESCENAS DUNHA PELÍCULA QUE PRONTO SE ESTREARÁ; FIXEMOS UN ROTEIRO SUPERDIVERTIDO POLA CONTORNA; PRACTICAMOS COMO REACCIONAR A UNHA EMERXENCIA; CELEBRAMOS OS CUMPRES DE 3 COMPAÑEIRAS, ... 

 

POUCO PARA SORRIR

UN RECREO DIFERENTE

HAI POUCO CHEGARON NOVAS MESAS E CADEIRAS PARA AULA QUE ESTAMOS

APROVEITANDO PARA CAMBIAR O ESPAZO DE AULA SEGUNDO NECESITAMOS.

ISTO FOI MOTIVO DE LEDICIA PERO... CONTAR CUNHAS CAIXAS ENORMES PARA

XOGAR NOS PUXO ASÍ DE CONTENTOS.

 

VISITAMOS A RADIO

VISITAMOS O ESTUDIO DE RADIO

HAI XA UNHAS SEMANAS QUE VISITAMOS Á SEDE PARA PODER PARTICIPAR DUNHA XORNADA UN POUCO ESPECIAL. DÚAS DATAS ESPECIAIS, O DÍA DA RADIO E O CUMPREANOS DE ROSALÍA DE CASTRO, FORON O MOTIVO QUE NOS LEVOU A VISITAR O ESTUDIO DE RADIO DO CRA E FACER UNHA PEQUENA GRAVACIÓN NA QUE COMENTAMOS, CANTAMOS E RECITAMOS Á ROSALÍA. 

UNHA EXPERIENCIA XENIAL!

SEASONS: IT IS WINTER

ENTROIDO... EN MARCHA

      

 

PARA PRACTICAR

Capítulo 2. O podcast continúa

Presentámosvos unha nova entrega do noso podcast. Co tempo de nadal chega o "Capítulo 2: Papá Noel, os Reis Magos e o telescopio para vixiar aos nenos bos" unha reflexión sobre os misterios do Nadal, as súas personaxes e o seu sistema para decidir quen leva agasallos e quen non. Desfrutádeo!

 

Facemos radio: de conversas a podcast

Somos faladeiros, temos ideas divertidas, discutimos, intentamos deixarnos falar, ... así somos na nosa aula. Moitas veces á profe lle encantaría ter un altofalante para que puidesedes escoitar as nosas conversas e de aí nace esta idea. 

Pasen e escoiten é unha aproximación ao mundo do podcast. Neste primeiro capítulo, barrigas e cigoñas recolle unha simpática conversa de aula na que cada quen ofrece as súas ideas ao respecto da gran cuestión "de onde veñen os bebés?". Mellor que explicalo... será escoitalo!

 

Para colaborar tedes o correo electrónico: anabelenperezmartinez@edu.xunta.es

Nota:  Hai voces que soan moito e outras que se manteñen na sombra. O feito de escoitarse causa algo de sorpresa e tamén dá un pouquiño de susto. Seguro que capítulo a capítulo iremos gañando confianza.

SAMAÍN

O SAMAÍN É TEMPO DE SUSTOS E DISFRACES PERO, NO BARREIRO,TAMÉN É... TEMPO DE VÍDEO!

NON TEMADES! A NOSA PANTASMA DA POUCO MEDO. SEMELLA QUE NON SÓ AS NENAS E OS NENOS SE POÑEN ENFERMOS... 

 

 

OUTUBRO, MES DO SAMAÍN

O mes de outubro remata cunha festa de grande interese para nós xa que combina os disfraces, a música, a ledicia e tamén os pequenos sustos. Atopámonos traballando os contidos habituais pero dunha forma moito máis vistosa aínda que tamén poderiamos dicir asquerosa, horrorosa ou pavorosa. Estamos sumando facendo "potingues", intentando ler ou escribir con personaxes que nos dan susto ou para meter os ingredientes axeitados na pota. Estes son os nosos talleres, botádelle unha ollada!

Distribuir contido

Back to top