Educación Física

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA PARA O CURSO ESCOLAR 2023/ 24

PROGRAMACIÓN EDUCACIÓN FÍSICA PARA O CURSO 2023-2024

Cazando POKEMONS

Bo día familias! Neste mes de abril os nenos e nenas saíron a cazar POKEMONS ao bosque do lado do cole, e sabedes que? ENCONTRAMOS UN MONTÓN deles. Pero capturalos non foi tarefa sinxela, había que superar probas físicas un pouco complicadas. Aquí vos deixamos un mostra do divertido que foi. E por si había algunha duda, CAPTURÁMOLOS TODIÑOS. Se traballamos en equipo non hai nada que se nos resista. 

Benvida primavera!!

Boas familias! Estes últimos días de cole estivemos facendo un súper circuíto que aos máis pequenos e pequenas lles encantou. Aquí queda unha pequena mostra.

Coa chegada das vacacións, anímovos a crear algún circuíto na casa, seguro que os nenos e nenas crean algún increíble (pasar por debaixo de mesas, por encima de sillas, saltar pequenas alturas, reptar, gatear... teñen un montón de ideas!!

Deséxovos que pasedes unhas vacacións maravillosas e que nos sirvan para recargar pilas! Vémonos á volta con un montón de xogos máis! Guiño

Carnaval 2024

Feliz 2024!

Boas familias! Xa estamos de volta no cole, e os nenos e nenas do CRA viñeron a tope de enerxía, coas pilas cargadas, e un montón de anécdotas para contar. As súas caras de ilusión foron o mellor desta volta, sen dúbida!! 

Que ben o pasamos xogando co paracaídas!!

O Samaín no cole!

Boas familias! Sorriso No cole celebramos o Samaín rindo, xogando, bailando... todos xuntos! Que é como máis nos gusta. Aquí queda unha mostra de algún dos disfraces terrorificos dos nenos e nenas. Foi unha semana onde o pasamos XENIAL!!

 

Disfrutando dun novo curso

BADALADAS ARTÍSTICAS

Boas familias!!

Os equipos de Biblioteca e Dinamización da Ligua Galega fixeron pública a revista Badaladas Artísticas 2023, a cal recolle as obras dos nosos pequenos e pequenas artísticas. A continuación déixovos o modo no que se participou dende a área de Educación Física. Os nenos e nenas (e a mestra) pasárono "pipa". Como vedes, a arte está moi presente nun montón de momentos. 

Ano novo, novas aprendizaxes

Boas familias! Durante o mes de xaneiro estivemos aprendendo novos xogos nas clases de Educación Física. A continuación deixo explicado un deles, e que tanto lles gustou a todos os nenos e nenas do CRA.

 

Roubar as colas

Cada participante deberá ter enganchado do pantalón un cacho de tela, simulando unha cola. O obxectivo do xogo é intentar roubar o máximo número de colas, sen que a ti che rouben a túa. Se roubas unha, deberás de colocala, xunto ca que xa tes, enganchada no pantalón. Gañará o ou a participante que cando termine o tempo de xogo teña máis colas enganchadas no pantalón. OLLO, ainda que che rouben a túa cola deberás de seguir xogando, tratando así de ter o máximo número antes de que o xogo remate.

 

Nas clases de Educación Física pasámolo xenial!

Coordino o meu corpo

Boas familias! 

Durante este mes de novembro, os nenos e nenas tiveron traballando con circuítos diferentes formas de coordinación: relevos, saltos con pés xuntos, con pés alternos, reptaron... e demostraron ser uns auténticos profesionais. Deberíamos practicar para o circo? Quizais nos próximos meses os pequenos e pequenas do CRA Raíña Aragonta se convertan en trapecistas. 

Distribuir contido

Back to top