Pedagoxía terapéutica

PROGRAMACIÓN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA PARA O CURSO ESCOLAR 2023-2024

PROGRAMACIÓN DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA PARA O CURSO 2023-2024

ARAWORD

Bos días:

Hoxe quero comparir con vós un pequeno manual para uso do Araword, unha ferramenta de texto con pictogramas moi útil para traballar con alumnado TEA e tamén cos nenos e nenas de Infantil xa que cos pictogramas poden ir lendo autonómamente o que escribimos.

É moi sinxelo de usar, so necesitamos un pouco de interese en aprender a usalo e ter un pouco de tempo para probar.

Saúdos

A profe Lore

PÁXINAS DE INTERESE SOBRE A DIVERSIDADE FUNCIONAL

Bos días!!!

 

Hoxe comparto con vós un recurso onde atoparedes enlaces a diferentes páxinas para obter información ou recursos para coñecer e traballar as diferentes diversidades funcionais.

 

Agardo que vos sirva de axuda.

Enlace

 

A Profe Lore

VERDADEIRO OU FALSO

Bos días!!!

Desta volta deixovos por aqui unha actividade para traballar a comprensión cos nenos e nenas. Un traballiño de verdadeiro ou falso que para os peques é máis sinxelo se simplemente contestan si ou non.

Saúdos

A Profe Lore

APLICACIÓNS EDUCATIVAS

Bos días:

Hoxe quero compartir con vós un enlace a varios xogos en liña, para traballar un montón de contidos ou aprendizaxes en tódalas áreas e para todas as idades.

Se trasteades un pouco na páxina, atoparedes xogos entretidos e educativos cos que podedes xogar toda a familia, incluso podedes facer competicións.

Agardo que vos interese.

Saúdos

A profe Lore

Enlace

BUSCANDO DIFERENZAS

Boas familias!!!!

Hoxe comparto con vós un xogo de búsqueda de diferenzas, para traballar a concentración e a atención dun xeito lúdico.

O bo deste xogo é que se tardas en pinchar sobre unha diferenza, automáticamente sae unha man para darche unha pista de donde hai unha.

Tentádeo na casa, a ver que tal se vos da.

XOGO

Saúdos

A Profe Lore

CONCURSO DE INFERENCIAS

Bos días familias!!!

 

Hoxe comparto con vós un xogo moi entretido para traballar as inferencias, como vedes é como un concurso da tele e aos nenos nenas lles encanta.

A ver quen acerta todas as preguntas.... AQUI

 

Saúdos

 

A Profe Lore

XOGOS EN LIÑA DE COMPRENSIÓN

Boas familias!!!

Hoxe comparto con vós un par de xogos en liña para traballar a escoita e a comprensión, como sempre vós ledes a pregunta e os peques teñen que respontar.

Estes xogos e moitos máis materiais podedes atopalos na páxina de www.aulapt.org é un sitio moi interesante para descargar diversidade de actividades e traballar moitos aspectos con nenos e nenas de tódalas idades.

Para ir ao enlace dos xogos preme AQUI

Agardo que vos guste

Saúdos

A Profe Lore

XOGOS INTERACTIVOS

Bos días familias!!!

Comparto hoxe convosco unha serie de xogos interactivos con diferentes temáticas e dificultades.

Para ir á páxina preme AQUI

Agardo que vos gusten.

Saúdos e que pasedes un moi divertido e feliz Entroido.

A profe Lore

QUEBRACABEZAS

Bos días:

No adxunto de hoxe deixovos un material para imprimir e xogar na casa. Seguindo a posición e a secuencia de cores os nenos e nenas deben poñerlle o número a cada peza do quebracabezas. É un bo exercicio para traballar a tención e as funcións executivas.

Este material está colgado na páxina www.aulapt.org donde podedes atopar montones de xogos e tarefas para facer cos pekes.

Agardo que vos guste esta proposta.

Profe Lore

 

 

Distribuir contido

Back to top