4 anos A
PROGRAMACIÓN DA AULA DE 4A ESFARRAPADA PARA O CURSO 2023-2024
Posted Outubro 10th, 2019 by profePROGRAMACIÓN 4 ANOS A ESFARRAPADA CURSO 2023-2024
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Cazando POKEMONS
Posted Abril 24th, 2024 by profe6- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ANIVERSARIOS MES DE MARZO
Posted Abril 8th, 2024 by profe12Por aquí vos deixo un recordiño dos cumples dos maiore da clase: Thiago, Valeria, Nathan e Nieves.
Cantámoslles o cumpleanos feliz, enchemos as barrigas e fixémoslles entrega das súas ultraballs de nivel 5.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CANTO SABEDES DOS POKEMON
Posted Abril 8th, 2024 by profe12Boa tarde familias!
As mestras e mestres do Cra estamos en continua formación para poder ofrecerlle ao noso alumnado unha educación de calidade e actual, adaptada aos tempos que corren.
Por ese motivo estamos a afondar no uso das pantallas de aula, descubrindo aplicacións, xogos, creando actividades...
Por aquí vos deixo unha, a ver que puntuación conseguides!
https://wordwall.net/es/resource/69235164/clasifica-os-pokemon
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Leotolda e a luz negra, ou que ven sendo… profe hoxe imos brillar!
Posted Marzo 18th, 2024 by profe12A semana pasada descubrimos na clase a luz negra e foi moi chulo para tod@s!!
Primeiro pintámoslle a cara no pasillo e claro non pasaba nada! Toda a clase a escuras... un misterio todo!
Coñecedes a Leotolda? Sii, leveino un día para casa. Nooo, pero q ver que pasa. Leemolo??
A maxia solo pode funcionar si estamos moi caladiños... e derrepente... oh! Que tedes na cara? Estades brillaaaando!!
Imos ver si atopamos a Leotolda a escuras entre estas máxicas páxinas!!
Lemos o conto e escoitamos as indicacións sobre como é Leotolda, así despois debuxárona como creian que era.
Por turnos eles e elas soliñ@s foron capaces de organizarse para pintar con colores fosforescentes aos amigos de Leotolda e finalmente pois claro... taller de maquillaxe!
Foi unha gozada!!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Magnífica mañá de experimentos
Posted Febreiro 21st, 2024 by profe12
Hoxe visitounos Iria, a mamá de Xana.
Fíxonos pasar unha mañá de 10!! Cando vides ao cole todas sodes a mamá de... o papá de... pero non podemos olvidar que sodes moito máis que iso. Iria na súa vida profesional é química e ofreceuse a vir a ensinarnos e descubrinos varios experimentos! Contábamos con 4 pero ao final con tanto cariño e esmero conseguiu realizar seis!! E non só con nos, senon que a súa bondade chegou tamén a clase dos compis de 4B.
A traves do xogo levamos con nos alguns aprendizaxes entre os que destaco a importancia de lavar as nosas mans, sobre todo despois de usar colorante jeje.
Non vos conto mais... que sexan os peques os que vos narren esta magnifica experiencia!!
Iria, gracias mil por todo!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Estamos na onda!
Posted Febreiro 21st, 2024 by profe12
Queridas familias... ao cole vimos todiñ@s a aprender! A vida no CRA é unha aprendizaxe constante para peques e para nos, os mestres.
Comezamos a darlle vida ao noso espazo da radio: Radio Araonda.
Desta vez celebramos o día mundial da radio e tamén o día de Rosalía de Castro, por este motivo buscamos promover nos peques que falen galego, para non perder a nosa lingua xa que forma parte da nosa identidade.
Presentáronse e recitaron con moito xeito o ben coñecido "Adios rios, adios fontes"
Estaban moi emocionad@s!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Entrenadores Pokemon: día grande!
Posted Febreiro 21st, 2024 by profe12Aquí un pequeno recordiño do noso día grande como entrenadores Pokemon!!
Percorremos as rúas con moito orgullo de amosar o noso eixo central de este curso: os pokemon.
Pasárono en grandeee, todo eran nervios nos preparativos, non daba chegado o día...
E finalmente hasta atraparon un Pikachu nas rúas de Salceda!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Semana de entroido
Posted Febreiro 21st, 2024 by profe12Este ano vivimos o entroido por fascículos xa que a choiva non nos deixou disfrutar do noso gran día cando estaba previsto, pero finalmente conseguimos desfilar cas nosas mellores galas.
Comezamos a semana cos mandadiños do meco: blanco e negro, a todo color, con bigotes... e desfrutamos de dous días de disfraz libre!!! Que ben o pasaron!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Lembranzas do mes de Xaneiro
Posted Febreiro 21st, 2024 by profe12Comezamos o 2024 con moitas forzas, seguimos aprendendo moooitas cousas e tamén aprendendo a querernos e coidarnos moito e ben.
Ao final de mes celebramos, coma todos os anos, o día da Paz.
Na aula relaxámonos, deitámonos e por turnos démonos masaxes os uns a os outros.
Logo xúntamonos as aulas de 4A e 4B, xa que este ano quixemos deixar claro que a unión fai a forza, que si compartimos, si nos axudamos, si nos coidamos... imos conseguir moitas mais cousas e ser mais felices.
XUNTOS POLA PAZ.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas