4 anos A

Semana de Nadal

Celebramos por todo o alto esta última semana do trimestre. 
Desexovos a todas as familias unhas festas cargadas de amor e felicidade. 
Vémonos á volta!

Saída ao cine!

Aquí algunhas fotiños da saída ao cine do pasado xoves. 
Vimos a peli "Un mundo extraño", @s peques desfrutaron un montón e para ser a nosa primeira saída foi todo un éxito!

QUE É ARTE?

Para os nenos e nenas da aula de 3 anos A, a arte é…

25-N O QUE NON SE VE TAMEN DOE.

Nesta semana estivemos falando sobre a conmemoración do día da violencia de xénero. 
Puxemos en común as ideas que tiñamos sobre a violencia e escarvamos un pouquiño para darnos conta que hai cousas que van mais alá da dor física, que hai cousas que que doen no corazón. 
A arte as veces é sentir cos ollos pechados, é berrar contra as inxustizas. 
Hoxe mais que nunca querémonos sanas, seguras e libres. 

Samaín 2022

Intentar... intentámolo!! Pero moito medo non damos, ademais contamos cun cazafantasmas para controlar a situación jeje. 
Un día especial no que enchemos as barrigas cos biscoitos e chuches dos cumples!

Doce Samaín

Na nosa clase parece que de terroríficos temos pouco Canso

Agardo con ganas os disfraces de mañá! 

A maxia do outono

Pouco a pouco imos descubrindo o outono, as súas cores, as follas que caen, o tempo que fai, os froitos que trae consigo...

Hoxe coñecimos a palabra Landra, que é como se di bellota en galego. Aproveitamos as landras que recollemos no patio, vimos a súa forma, textura, contamos con elas... e escoitamos o conto de Xaime e as landras. 
Que mellor forma de rematar a xornada que con un debuxiño e unha pequena aventura (aproveitando que non chovía) sementando as landras baixo o carballo do noso patio. 
O tempo nos dirá se finalmente nace un novo carballo!

Vamos collendo ritmo!

Deixamos atrás o primeiro mes de curso que, como xa sabedes, foi movidiño!

Pouco a pouco vamos collendo rutinas e hábitos, coñecéndonos e formando un grupo.

Esto so está comezando, quédannos miles de aventuras por vivir!!

AS NOSAS ALFOMBRAS FLORAIS

MAIO, UN MES CHEO DE FLORES, AROMAS E ALEGRÍA

CARREIRA SOLIDARIA

 

A NOSA PEQUENA APORTACIÓN NA CARREIRA DOS XIRASOIS.

UNHA XORNADA DE EMOCIÓN, COMPAÑEIRISMO E COMO NON, MOOOOITA DIVERSIÓN.

Distribuir contido

Back to top