Complementarias

PROGRAMACIÓN EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS CURSO ESCOLAR 2023-24

PROGRAMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PARA O CURSO 2023-2024

DESFILE ENTROIDO

O DÍA 16 DE FEBREIRO PARTICIPAREMOS NO DESFILE DO ENTROIDO, QUE SE REALIZARÁ POLAS SEGUINTES RÚAS DA VILA:

 

 

 

SAÍDA AO AUDITORIO MUNICIPAL: CONCERTO DIDÁCTICO

O pasado 11 de decembro todo o alumnado do centro acudiu ao Auditorio Municipal de Salceda de Caselas para desfrutar do marabilloso CONCERTO DIDÁCTICO que nos tiñan preparados os membros da ESCOLA DE MÚSICA de Salceda acompañando a CRIS COLLAZO.

Cantamos, berrramos, bailamos e pasámolo bomba escoitando as bandas sonoras dos nosos debuxos animados favoritos e participando nunha actividade entretida e diferente!

 

FESTA DO MAGOSTO

O pasado martes 14 de novembro celebramos no cole a FESTA DO MAGOSTO!! Para esta ocasión especial, tódalas aulas das parroquias achegáronse á sede do CRA e xuntos cantamos, bailamos e desfrutamos na actuación de Anxo Moure, ollamos e aprendemos cómo as familias da ANPA preparaban as castañas asadas e por suposto...

PUXÉMONOS AS BOTAS DEGUSTÁNDOAS!!!

CARREIRA SOLIDARIA

CORRENDO PARA AXUDAR

Nestas dúas semanas, as aulas de 5 anos A, 5 anos B, Barreiro, Entenza, Picoña e Soutelo realizamos unha carreira na que os nenos e as nenas achegaron o seu esforzo para contribuír a visibilizar o traballo de investigación para combater a leucemia. A fundación "Uno entre cien mil", nos solicitou a nosa colaboración e os nenos e as nenas puxeron as súas ganas, a súa forza e a súa ilusión correndo, valorando o importante de estudar, de investigar, de colaborar e de apoiar aos que nos necesitan. 

Tamén convidamos ás familias a participar, achegando unha pequena doazón para a fundación e o resultado foi incrible! Sumamos un total de 440,50€ que xa foron transferidos e que serán empregados na súa labor. Moitas grazas pola vosa achega!

EXHIBICIÓN DE YUDO

Comezamos un novo curso escolar e tamén novas experiencias,saídas e actividades. 

Nesta ocasión acudimos ao ximnasio de CEP Altamira para participar nunha exhibición de yudo.

Esta actividade será ofertada pola ANPA como actividade extraescolar e hoxe será unha primeira toma de contacto.

VISITA A APÍPOLIS

NAS VINDEIRAS SEMANAS VISITAREMOS AS INSTALACIÓNS DE APÍPOLIS, CO FIN DE COÑECER , MEDIANTE AS RELACIÓNS ENTRE AS ABELLAS E OS SERES HUMANOS, A IMPORTANCIA QUE ESTAS TEÑEN PARA O NÓS E PARA O MEDIO NO QUE HABITAMOS.

NOS SEGUINTES PLANOS, PODEREDES VER A UBICACIÓN DE CADA AULA PARA ENTREGAR AO ALUMNADO AOS SEUS MESTRES E MESTRAS.

 HORA DE SAÍDA É ÁS 9:15 HORAS

HORA DE CHEGADA É ÁS 17:45 HORAS

PRÉGASE NON APARCAR NA ZONA RESERVADA PARA OS AUTOBUSES. 

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

DÍA 8 DE XUÑO

PICOÑA, 3 ANOS A, 5 ANOS C, SAN XURXO, ENTENZA, 4 ANOS B, FONTÁN.

 

 DÍA 14 DE XUÑO

BARREIRO, 5 ANOS A, 4 ANOS A, 3 ANOS B, 5 ANOS B, SOUTELO, BUDIÑO.

 

 

DÍA DO CONSUMIDOR

Para conmemorar o Día do Consumidor dende as aulas levamos a cabo a actividade reclicARTE, crear unha obra de arte con material de refugallo, para concienciarnos da importancia do uso responsable dos produtos e da reutilización dos mesmos.

Aqui tedes algunha mostra de estas obras de "Arte reutilizadas".

Grazas ao profesorado e as familias pola súa colaboración.

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

PERCORRIDO DESFILE ENTROIDO

O VENRES, 17 DE FEBREIRO, PARTICIPAREMOS NO DESFILE DO ENTROIDO.

O NOSOS PERCORRIDO SERÁ POLAS SEGUINTES RÚAS DA VILA:

  • RÚA ROSALÍA DE CASTRO
  • RÚA RAFAEL TILVE ADRIO
  • RÚA ADOR
  • RÚA JOAQUÍN FERNÁNDEZ SESTELO
  • RÚA VICTORIANO PÉREZ VIDAL
  • RÚA RAFAEL TILVE ADRIO
  • RÚA CORUÑA
  • RÚA ROSALÍA DE CASTRO

ESPERÁMOSVOS!!!

ENTROIDO

Distribuir contido

Back to top