SAÍDA AO AUDITORIO MUNICIPAL: CONCERTO DIDÁCTICO
Posted Xaneiro 12th, 2024 by profe21
O pasado 11 de decembro todo o alumnado do centro acudiu ao Auditorio Municipal de Salceda de Caselas para desfrutar do marabilloso CONCERTO DIDÁCTICO que nos tiñan preparados os membros da ESCOLA DE MÚSICA de Salceda acompañando a CRIS COLLAZO.
Cantamos, berrramos, bailamos e pasámolo bomba escoitando as bandas sonoras dos nosos debuxos animados favoritos e participando nunha actividade entretida e diferente!
- %count lecturas
Comentarios
Enviar un comentario novo