Audición e linguaxe

PROGRAMACIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE CURSO ESCOLAR 2021/22

PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓN E LINGUAXE PARA O CURSO 2021- 2022

INSTRUCCIÓNS E ACCIÓNS CON ANIMAIS

INSTRUCCIÓNS E ACCIÓNS CON ANIMAIS

 

 

O outro día na aula de 4 Anos A pasámolo pipa xogando ás instruccións e accións con varios animais e moitas cartas!!!

 

 

Queredes ver toooooodo o que fixemos?? 

 

  • Coller un tigre
  • Darlle 3 voltas ao redor do corpo
  • Coller un mono
  • Lanzalo ao aire
  • Coller un crocodilo e un koala
  • Tirar o koala co crocodilo
  • ...

 

 

  

 

 

A verdade é que... pasámolo pipa!!! Para que vexades que se pode traballar atención, memoria, espera de turnos, expresión e comprensión oral e moitas cousas máis dunha tacada e o mellor de todo... XOGANDO!!

 

SAMAÍN

SAMAÍN

A semana pasada celebramos no cole o Samaín e na aula de Audición e Linguaxe aproveitamos para traballar moitas cousiñas relacionadas con esta festa.

Enzo probou a velocidade de denominación con pantasmas, gatos, bruxas a morcegos!

Eva e Lois xogaron a recibir instruccións e colocar tódolos elementos no seu sitio!

Breogán incluso se atreveu a darlle ás instruccións á profe Sara!!!

 

 

E eu... despois de toda a semana buscando ao meu mozo... ATOPEINO!!!!

 

ARTICULACIÓN CON POP-IT

ARTICULACIÓN CO POP-IT

Ás veces os exercicios de AL poden resultar algo repetitivos e aburridos, sobre todo cando se trata de xeralizar un fonema que xa temos adquirido. Pero se introducimos os intereses do alumnado nas actividades... todo mola moito máis! Por exemplo... cantas burbullas eres capaz de estoupar mentres articulas o fonema /S/??

 

Diego da aula de Fontán un mogollón!!

BENVIDOS Á AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

BENVIDOS Á AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Comezamos este novo curso 2021-22 coas pilas ben cargadas de enerxía para traballar moitísimo na aula de AL!!! Ao longo deste curso irei compartindo por aquí con todos vós información, actividades e xogos para que poidades realizar na casa e pasalo moi ben traballando e estimulando a linguaxe, a fala e a comunicación.

Pero para comezar... algunha vez vos preguntastes que facemos nesta aula?? Aquí vai un pequeno resumo!!

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.33

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.33

BO DÍA FAMILIAS!!! PREPARADOS PARA ARRANCAR A ÚLTIMA SEMANA DE CURSO???

Hoxe traio para vós unha actividade que resume perfectamente moitos dos aspectos que traballamos na aula de Audición e Linguaxe como son a atención, o vocabulario e a compresióno oral de instruccións sinxelas.

Trátase dunha presentación na que o adulto terá que ler a orde que aparece na parte superior de cada diapositiva unha soa vez de forma clara, e @ nen@ terá que buscar o que se pide de entre tódolos obxectos e seleccionalo.

Podedes atopar toda a presentación pinchando na seguinte imaxe:

APERTA ENORME!!

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

TEATRO DE SOMBRAS

TEATRO DE SOMBRAS

O outro día propúxenvos unha actividade moi chula para traballar a linguaxe e a expresión oral, tratábase dun Teatro de Sombras caseiro, podedes ver a actividade pinchando AQUÍ. 

Hoxe Anxo da aula de Soutelo fainos chegar o seu Teatro, que está chulísimo!! E ademais amósanos os marabillosos progresos que acadou en linguaxe oral!!

O teu navegador non soporta este vídeo.

GRAZAS ANXO!! 

ERES UN SÚPER TRABALLADOR!!

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.32

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.32

BO DÍA FAMILIAS!!!

Hoxe é novamente venres e continuando na mesma liña de semanas anteriores, imos traballar DISCRIMINACIÓN AUDITIVA de pares de fonemas. Antes de comezar, imos lembrar outras actividades deste estilo, para acceder a elas tedes que pinchar aquí abaixo:

 

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA C/Z-S

 

DISCRIMMINACIÓN AUDITIVA B/V-D

 

DISCRIMMINACIÓN AUDITIVA LL-Ñ

 

Unha vez mais, lémbrovos que na aula de AL traballamos SONS, NON LETRAS, polo que nos apoiaremos nos Articulemas (as "boquiñas") para realizar a actividades, que neste caso consiste en discriminar auditivamente os fonemas N e D.

Comezamos polo fonema N:

 

E continuamos polo fonema D:

Se vos resulta mais cómodo, podedes atopar o material tamén no arquivo adxunto.

DESFRUTADE DO CHUVIOSO FINDE!!

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.31

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.31

BO DÍA FAMILIAS!!

Hoxe traio para vos un xogo online moi guay para ENTRENAR A MEMORIA a través de pequenos retos que @s nen@s terán que ir superando pouco a pouco.

Para acceder ao xogo, coma sempre, soamente tedes que pinchar na seguinte imaxe:

 

CONSEGUICHES SUPERAR TÓDOLOS RETOS???

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.30

ACTIVIDADES PARA REALIZAR DURANTE A CORENTENA VOL.30

MOI MOI MOI BO DÍA FAMILIAS!!

Comezamos unha nova semana xa na recta final do curso!!! E como todos estamos un pouco cansadiños de tanto traballar, estas últimas entradas irán encamiñadas a amosarvos xogos e actividades moi divertidas para que desfrutedes traballando a linguaxe e a expresión oral.

A actividade de hoxe, proposta pola profe Antía Sapiña do cole Número 2 de Tui, consiste na creación dun TEATRO DE SOMBRAS CASEIRO!!!! Para facelo, soamente tedes que seguir as instruccións que se amosan na presentación que vos deixo no arquivo adxunto ou pinchando tamén na seguinte imaxe:

Espero ansiosa recibir as fotos dos teatros que montedes na casa!! Podedes envialas a través do correo saradasilva@edu.xunta.es ou a través das titoras e do titor.

Ademais, o profe Abraham creou para todos nós un xogo online chulísimo para adiviñar a personaxe, podedes acceder a él pinchado na seguinte imaxe:

DESFRUTADE MOITO E ARRIBA ESA IMAXINACIÓN!!!

#TODOESTÁSAÍNDOBEN

Distribuir contido

Back to top