Chegou o Nadal!!! Felisa está moi contenta e tróuxonos moitas sorpresas no seu peto máxico!! Unha delas foi unha panxoliña que aprendemos a cantar e bailar!
Felisa preséntanos algunhas das sorpresas que trae no seu peto. Con elas traballamos os diferentes parámetros do son, a iniciación a lecto-escritura musical e a estimulación sonoro-auditiva, entre outras!!! Aquí amosamos algún exemplo:
O día 22 de novembro foi moi especial!!!!!!! Xunto con Felisa chegou Noelia a nai de Aldara e trouxo moitos moitos instrumentos!!!! Noelia forma parte do grupo de música tradicional Donicelas. Con ela cantamos, bailamos, tocamos e aprendemos os principais instrumentos de percusión tradicional galega.
Para celebrar a chegada do Outono Felisa tróuxonos esta canción!!! Ademais fixemos ritmos con landras, piñas e follas secas para sonorizar a nosa aula.
varios dos nenos/as do CRA Raíña Aragonta participaron na gravación de "O tempo Metereolóxico" de Magin Blanco. Unha gran iniciativa onde os mais pequenos puideron desfrutar da experiencia de gravar nun estudio profesional. Grazas a participación dos mestres que se implicaron, sen eles non sería posible.