Educación musical

SAMAÍN

Nestas datas coñecimos ao compositor Camille Saint- Saëns e a súa obra musical "Danza macabra" a través deste terrorífico musicograma.

LITTLE EINSTEINS

Os debuxos animados van estar moi presentes este ano no cole. Sabedes cales son os da clase de música?

Os Little Einsteins!

BENVIDOS/AS!

Estamos de volta con moitas ganas e ilusión, e sobre todo, con moita MÚSICA!

FELICES VACACIÓNS

Rematamos o curso coñecendo un novo instrumento: o saxofón!

Espero que desfrutedes do verán

                                                                             Vémonos en setembro! Sorriso

BONGÓS

Os nenos e nenas familiarizáronse cos instrumentos de percusión e descubriron os bongós.

Mirade que ritmo teñen! Sorriso

 

Badaladas Artísticas

Xa está publicada a revista "Badaladas" deste curso 2022-2023 centrada no mundo da arte. A continuación, vos deixo a mostra da participación da especialidade de música na mesma Sorriso

 

DEBUXAMOS OS SONS

Mirade como debuxamos os sons! Escoitamos a peza "Pizzicato" do ballet Sylvia de Léo Delibes e debuxamos con raias e puntos os sons longos e curtos que percibimos na audición.

O CARNAVAL DOS ANIMAIS

Acércase o carnaval e en clase estamos preparando a súa chegada coa obra musical "O carnaval dos animais" do compositor Camille Saint- Saëns.

Abrazos musicais Sorriso

 

 

INVERNO MUSICAL

Voltamos á clase e con nós o inverno! A continuación podedes mirar e escoitar o musicograma do concerto de Inverno pertencente ás Catro Estacións de A. Vivaldi.

 Abrazos musicais Sorriso

 

DANZAMOS

Os nenos e nenas do CRA bailaron con panos de cores a peza "El Hada de Azúcar" do compositor Tchaikovsky, a cal pertence ao ballet "Cascanueces".

 

Felices Festas! Sorriso

Distribuir contido

Back to top