Educación musical

MÚSICA NA CASA. Artistas

Ollo aos nosos e nosas artistas!!! Dan ganas de mergullarse nestes mares e cantar con estes peixes !!!!! Moitas grazas pola vosa colaboración!! 

 

MÚSICA NA CASA. Alfonsina e o mar

Bo díaaaaa!!! Comezamos o luns mergullándonos outra vez no mar pero agora da man de dúas mulleres. Alfonsina Storni unha poetisa e Mercedes Sosa unha cantante.

A escoita activa na aula de música é algo fundamental. Podemos escoitar unha canción de diferentes xeitos. Seguimos a guía que se nos presenta e ollamos os vídeos. É moi importante encamiñar á escoita e reflexión con preguntas....deixamos algunhas de exemplo pero podedes crear as vosas propias ou seguro que xurdirán algunhas por parte dos nenos e nenas.

Espero que disfrutedes desta gran canción!

 

Podedes escoitar unha versión moi bonita de Alfonsina e o mar realizada pola familia de corda frotada!!! Interpretada polo cuarteto Arrabal.

Lembrade enviar as vosas actividades, fotos, videos, etc. ao enderezo sorayaaulademusica@gmail.com ou deixar algún comentario/suxerencia na propia publicación.

MÚSICA NA CASA. Artistas

Que mares e que peixes cantantes máis marabillosos nos están chegando! Dan ganas de mergullarse neles!!

 

 

MÚSICA NA CASA. O peixe cantante de Miró

Bo díaaa! rematamos a semana cunha actividade moi artística.

Presentámosvos a obra  de Maurice Ravel  Une barque sur l'océan (unha barca no océano) É parte da suite Miroirs composta por 5 movementos, entre 1904 y 1905. Conta a historia dun barco dende que sae a navegar, as ondas e as correntes do mar que se atopan no seu paseo marítimo. O piano imita o movemento das correntes oceánicas. É unha obra marabillosa para deixar voar a imaxinación....

E ....sobre esta música aparece o noso peixe cantante. Unha obra de Joan Miró, unha composición abstracta que representa un peixe cantando.

A actividade é a seguinte:

1. Analiza a obra de Miró: Ti que podes observar? Como son as formas? As cores? Que che parece a ti? e a túa familia?

2. Escoita un anaco da barca sobre o océano de Maurice Ravel e imaxina ao teu peixe cantante bailando, cantando e gozando do océano. 

3. Debuxa o teu peixe cantante. Deixo en documentos adxuntos unha plantilla por se preferides colorear o peixe de Miró. Pero xa sabedes que a creatividade non ten límite! Así que.... Animádesvos a crear o voso propio peixe cantante? 

 

4. Ampliación: Podedes ver un anaco da interpretación ao piano desta obra marabillosa realizada polo pianista Vitaly Pisarenko. 

Non esquezas enviarnos o teu peixe cantante ao enderezo: sorayaaulademusica@gmail.com

BOA FINDE!!

 

MÚSICA NA CASA. Artistas

Felisa e a profe Soraya están encantandas porque estades enviando moitas paisaxes mariñas inspiradas pola música de Claude Debussy!! Son tan bonitas as vosas praias, sereas, peixe, lagos máxicos e mares de cores que temos que subilos á web! Recoñecedes as vosas obras de arte?? Moi bo traballo nenas e nenosss!!! 

 

MÚSICA NA CASA. Artistas

Séguennos chegando as vosas claves de Sol! Ollade esta que bonita feita por Breogán da aula de San Xurxo. Unha marabillosa clave de sol realizada con arroz!!!! Parabéns!!!

MÚSICA NA CASA. O mar e Claude Debussy. Pintura creativa

Boas familias!! Xa sabedes que a través da música podemos viaxar a múltiples lugares. Viaxes no tempo, viaxes divertidos, temorosos, relaxados, turbulentos....  Hoxe presentamos un compositor francés chamado Claude Debussy. Foi un dos pioneiros en crear música que nos leva a sentir e imaxinar paisaxes, impresións e emocións....

A obra que vos traemos Felisa máis a profe Soraya é: O mar ( La mer) composta entre 1903 e 1905. Para realizala inspirouse en cadros mariños. A obra é bastante longa e divídese en tres movementos:

1.De l’aube à midi sur la mer [Dende o amencer ata o mediodía no mar]

2.Jeux de vagues [Xogos de ondas] 

3. Dialogue du vent et de la mer [Diálogo do vento e o mar]. 

É unha obra marabillosa que nos transporta a un paisaxe mariño. 

 

A actividade que imos relizar é a seguinte:

1. Observa e escoita un anaquiño do terceiro movemento que vos presentamos neste video. Inspírate. Sinte a música. 

 

2. Colle lápices de cores, pinturas, témperas, tizas....o que máis che guste e debuxa a túa paisaxe mariña a través da música de Debussy. A creatividade non ten límite. É IMPORTANTE que mentras debuxen teñan a música de fondo e facer fincapé en imaxinarse unha escena con ela.

Non te esquezas de enviar a túa obra de arte ao correo: sorayaaulademusica@gmail.com

MÚSICA NA CASA. Artistas

Séguennos chegando os vosos traballos marabillosos!!! Mirade que claves de sol máis bonitas fixo Alejandra da aula de 5A!! Parabéns!!!!!

MÚSICA NA CASA. O acuario

Bo día familias!

Hoxe Felisa tráenos unha historia mariña. Camille Saint-Saëns é un compositor que traballamos moito na aula, sobre todo na época do entroido. Presentamos unha actividade con unha das súas obras máis famosas O Acuario, que pertence a Suite do Carnaval dos Animais. 

 

1. Presentamos un vídeo para traballar o ritmo. Aparece unha estreliña de mar que nos vai guiar polo acuario. Podemos seguir o ritmo coas mans ou calquera obxecto que teñamos por casa. Os instrumentos que aparecen no acuario son orientativos.

 

2. Visionamos o segundo video que nos conta unha historia mariña a través da música de Saint-Saëns

Non vos esquecer de enviar actividades, fotos, vídeos, etc das tarefas de educación musical ao correo: sorayaaulademusica@gmail.com

MÚSICA NA CASA. As pitas baixo a choiva

Galicia é auga.

Ricardo Carvalho Calero sabía isto e creou un conto onde a choiva e as pitas son as protagonistas. A Felisa encántalle o conto e tráenos unha canción moi bonita feita pola Banda das Pitas. E.....que mellor xeito que acompañala do baile famoso de Gene Kelly, Coñecédelo? É o protagonista dunha famosa película que se titula Cantando baixo a chuvia (1952)

 

1. Ollade e escoitade a canción. Cantas palabras aparecen denominando a chuvia?

2. Imitamos o famoso baile de Gene Kelly. Todas e todas as bailar baixo a choiva, como as pitas de Ricardo Carvalho Calero.

3. Deixamos outro vídeo coa escena orixinal da película para que a disfrutedes en familia. 

Non vos esquecer de enviar as vosas actividades, fotos, videos....ao correo: sorayaaulademusica@gmail.com ou engadir comentarios debaixo das publicacións.

Distribuir contido

Back to top