Entenza
PROGRAMACIÓN DA AULA DE ENTENZA PARA O CURSO 2023-2024
Posted Outubro 10th, 2019 by profePROGRAMACIÓN AULA ENTENZA CURSO 2023-2024
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Estamos de aniversario
Posted Abril 29th, 2024 by profe25Hoxe tocounos cociñar unha receita moi especial, a que Enzo e a súa familia nos trouxeron para celebrar o seu cumpreanos: un peixiño do fondo do mar, o cal ademais semellaba estar nadando nas profundidades do oceáno... estaba boísimo e fíxemolo xenial!!
Se queredes ver que ben o pasamos, podedes clicar na imaxe
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Roteiro literario
Posted Abril 29th, 2024 by profe25Co gaio da Semana do Libro, os nenos e nenas de Entenza, puidemos desfrutar dun roteiro literario moi animado, onde tivemos o privilexio de coñecer o Xabarín CRA e a algúns dos seus amigos coma Bluey, Mickey e Minnie ou as Emocións. Que ben o pasamos!!! Ademais, logramos pasar todas as probas para poder así ser membros do clube do Xabarín CRA.
Noraboa aos novos soci@s!!! Fixéstelo xenial!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Estamos de aniversario
Posted Abril 25th, 2024 by profe25Hoxe tocounos cociñar unha receita moi especial, a que Hugo e a súa familia nos trouxeron para celebrar o seu cumpreanos: un moniño de chocolate, quedounos moi simpático e o máis importante... estaba boísimo!!!
Se queredes ver que ben o pasamos, podedes clicar na imaxe
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
EXPERIMENTANDO COS SENTIDOS
Posted Abril 16th, 2024 by profe4As nenas e nenos de Entenza estivemos desfrutando do baúl mensual da biblioteca.
Nesta ocasión o tema eran os sentidos, cos cales experimentamos e agudizamos o noso oído, tacto...
A continuación podedes ver imaxes dalgunhas das actividades que fixemos cos materiais que contiña.
Así, concentrámonos moito para escoitar os sons e unilos coa súa parella e tamén nos relaxamos coas
cascadas de burbullas e os botes da calma, centrando a nosa atención nos seus movementos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
BENVIDA PRIMAVERA
Posted Marzo 20th, 2024 by profe4As nenas e nenos de Entenza damos a benvida a primavera decorando as fiestras da aula. Esperamos que a nova estación nos traia moitos días de sol para poder saír ó patio e facer moitos picnics.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Convivencia na aula de Fontán
Posted Marzo 20th, 2024 by profe25Outra vez realizamos unha convivencia cos nosos amigos das aula de Soutelo e Fontán. Nesta ocasión, foron os amigos de Fontán os que nos convidaron a súa aula, onde realizamos unha brochetas riquísimas de froitas variadas, e degustamos diferentes zumes elaborados por nós, que rico estaba todo e despois disto... non queda dúbida dos grandes chefs que hai nas aulas de Soutelo, Fontán e Entenza.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Intercambio de postais
Posted Marzo 20th, 2024 by profe25- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Día de Rosalía de Castro
Posted Febreiro 23rd, 2024 by profe25Co gaio da celebración do día de Rosalía de Castro, aprobeitamos para realizar un comecocos coa súa imaxe, á vez que tamén coñecemos as instalacións da radio de Ara "Araonda", onde nos gravamos recitando unha poesía desta grande poetisa galega. Este día foi super emocionante ao podelo desfrutar en compaña dos nosos amigos de Soutelo e Fontán. Se clicades na imaxe poidedes escoitar que grandes locutores estamos feitos
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas