Entenza

BENVIDO INVERNO

HOXE CHEGA O INVERNO E AS NENAS E NENOS DE ENTENZA NON NOS PODIAMOS IR DE VACACIÓNS SEN DEIXAR PREPARADAS AS NOSAS FIESTRAS.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN TANTO COMO A NÓS. E AGORA A DESFRUTAR DO NADAL.

Felicitación de nadal

O alumnado de Entenza preparou un vídeo moi especial para felicitarvos as festas.


Festa de nadal coas aula de Soutelo e Fontán

Celebramos unha festa de nadal cos nosos amigos das aulas de Soutelo e Fontán, foi un día estupendo, pois cociñamos galletas de manteiga con formas navideñas e recibimos a visita dos elfos do Pai Noël. 

 

    

 

 

 

 

 

Simulacro de incendio

Os bombeiros viñeron a Entenza a realizar un simulacro de incendio con nós, fixémolo xenial, e logo de premio puidemos familiarizarnos cos elementos que utilizan os bombeiros na súa labor de extinción de incendios. Que ben o pasamos!!!

 

    

Intercambio de postais de nadal

O alumnado de Entenza envioulle unhas postais de nadal a asociación AFAGA, para desexarlles boas festas, e eles, pola súa contra, agasalláronnos con outras postais fermosísimas. Moitas grazas polo voso agasallo!!! Encantounos.

 

Chegou o nadal

Chegou o nadal para sacarnos unha foto coa nosa árbore, ademais de desfrutar dunha representación teatral e, de gozar da lectura dun conto, na compaña dos nosos amigos das aulas de Soutelo e Fontán. Foi un día moi especial e pasámolo xenial!!

                       

 

 

Conmemoración do día da discapacidade

Conmemoramos o día da Discapacidade sacándonos unha foto coas ás de Ara, a cales axudamos a decorar.

 

Visitas de cine

Na aula de Entenza tivemos unha visita de cine, pois, o pai de Sabela viunos a contar cales eran os seus debuxos animados preferidos cando era cativo, algúns xa os coñecíamos, pero outros coñecémolos grazas a el. Ademais, tras relatarnos unha morea de historias sobre os seus debuxos animados, sorprendeunos cunha gran colección dos Looney Tunes Cartoons, que chulada!!! Pasámolo xenial!!! 

Moitas grazas a Sabela e ao seu papá, por compartir con nós os seus debuxos preferidos, e a colección duns deles.

 

Despedindo o outono

O OUTONO NA NOSA AULA

As nenas e nenos de Entenza estivemos moi atarefadas/os decorando

as nosas fiestras. Deixamos por aquí unha mostra de como nos quedaron.

Distribuir contido

Back to top