Budiño
PROGRAMACIÓN DA AULA DE BUDIÑO PARA O CURSO 2021-2022
Posted Outubro 10th, 2019 by profePROGRAMACIÓN AULA BUDIÑO CURSO 2021-2022
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
E... PARA REMATAR O CURSO... ÍMONOS DE EXCURSIÓN !!!
Posted Xuño 14th, 2022 by profe15Por mor das consecuencias ocasionadas pola COVID tivemos que estar uns meses privados de facer saídas e, a pesares de que nos apetecía moito facelas, tivémonos que conformar. Agora ben, unha vez que recuperamos a oportunidade de facelas... non houbo quen nos parara... Así pois, fixemos varias saídas á sede (onde tamén conviviamos con todos os nenos e nenas do noso CRA) para unhas xornadas de igualdade; para un taller de alimentación saudable; e tamén para coñecer a biblioteca do concello e, de paso, asistir a uns contacontos moi familiares. Cantas cousas e experiencias aproveitamos para facer mentres tanto!!!
Así mesmo, e por se fose pouco... rematamos o curso cun máxico broche final: todos os nenos e nenas do CRA, mailos seus profes, fómonos de viaxe en autobús para pasar unha longa xornada na GRANXA-ESCOLA KIRIKO. Esta última aventura coa que xa remato as miñas publicacións deste curso foi SUPER, SUPER, SUPER ESPECIAL e os peques pasárono EN GRANDE!!! Iso si, tamén hai que dicilo... o tempo non nos acompañou pero nós... AO MAL TEMPO... BOA CARA E... A DISFRUTÁLO AO MÁXIMO!!!
Así pois, despídome cunha grande aperta para todos, un millón de bicos e desexándovos que desfrutedes dunhas boísimas vacacións!!! JE, JE, JE ... e tamén cunhas imaxes da nosa última viaxe deste curso...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
A NOSA PRIMEIRA ALFOMBRA FLORAL!!!
Posted Xuño 13th, 2022 by profe15Para celebrar “OS MAIOS” decidimos elaborar algo que aínda nunca probaramos. Para elo, unha vez feitas as peticións oportunas ás familias para que nos facilitaran os materiais que íamos necesitar nesta nova experiencia... chegado o día, todas colaboraron de xeito sen igual. Gracias a elas e aos materiais diversos que nos trouxeron (flores de todo tipo, elementos da natureza, etc.) metémonos de cheo nesta nova aventura que nunca antes fixeramos. Isto por aquí, isto por alí, aquilo por aquí e aquilo por alí... e veña..., entre todo o equipo, logramos facer unha fermosísima alfombra floral no noso patio cuberto. Nunca antes o viramos tan cheo de color!!! Pois ben, se xa o pasamos xenial facéndoa... despois, aínda que nos resistimos moito para desfacela (porque nos daba moita pena), non había quen nos parara...
COMO DEIXAMOS O PATIO !!! LEMBRÁDESVOS ???
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
Posted Maio 25th, 2022 by profe15No mes de maio, entre outras cousas, celebramos por todo o alto o DÍA DAS LETRAS GALEGAS adicadas, concretamente, a o escritor e poeta galego: FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN. Coñecemos os retazos máis importantes da súa vida e obra a través de diferentes materiais e recursos: un conto dos Bolechas; distintos xogos na PDI, etc. todo elo adicado ao homenaxeado neste día tan importante para Galicia. Dito isto, aquí vos deixo algunhas fotiños da nosa andaina...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
EN ABRIL... EXPERIENCIAS MIL !!!
Posted Maio 22nd, 2022 by profe15Moitas e moi variadas foron as experiencias que tivemos a oportunidade de experimentar ao longo deste mes. Dende ter o pracer de colaborar na elaboración dun Conto Viaxeiro titulado “CASELÍN DA A VOLTA AO MUNDO” (inventado e escrito polo alumnado voluntario da biblioteca do CEIP Altamira e ilustrado polos nenos do noso CRA); celebrar unha gran e colorida Festa Primaveral para rematar o 2º trimestre; etc. ata vivenciar unha emocionante e inesquencible Semana do Libro e que marcou a saída para dar comezo á Hora de ler, cita na que diariamente nos agarda unha máxica aventura entre as páxinas dos libros. Así pois, aquí vos deixo algunhas imaxes deste mes:
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CELEBRAMOS OS ÚLTIMOS CUMPRES DOS SUPERVIAXEIROS/AS DE BUDIÑO!!!
Posted Maio 3rd, 2022 by profe15Ao longo deste curso tiven o inmenso pracer de poder acompañalos e celebrar con eles a chegada dun novo ano á vida dos pequerrechos desta aula. Evidentemente, tomando todas as medidas posibles para celebrar CON SENTIDIÑO eses momentos tan especiais. Agora ben, neste mes de marzo celebramos os dous últimos cumpreanos deste curso posto que, a partires de aquí, haberá que agardar a xullo polo seguinte cumpre e, evidentemente, xa quedará para o seguinte curso. Así pois, aproveitarei este momento para publicar fotos de todos os homenaxeados durante este curso. Axiña se van facendo maiores...
OS MEUS MELLORES DESEXOS PARA TODAS E TODOS ELES!!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
UN ENTROIDO DIFERENTE PERO... MOI, MOI EUROVISIVO !!!
Posted Maio 3rd, 2022 by profe15Aproveitando o Proxecto de centro que estamos levando a cabo (“A volta ao Mundo”), a temática do Entroido que trasladamos ás aulas xirou ao redor do festival de Eurovisión. Así pois, despois de moito cavilar e cavilar, na nosa aula decidímonos por representar un tema moi “particular”. Convertémonos nunhas simpáticas abelliñas e levamos ao escenario a canción gañadora do festival EUROJUNIOR 2008, “BZZZ”, interpretado por BZIKEBI (Georgia). Logo de algún que outro ensaio, moitas risas, zumbidos, choques de ás e movementos de antenas... acabamos gravando o vídeo da nosa canción que, finalmente, formou parte do festival de Eurovisión do noso CRA, xunto coas aportacións das demais aulas, e que poidemos desfrutar no día grande do Entroido. A pesares de que non puidemos saír á rúa polas circunstancias covid, desfrutamos moito: coñecendo, cantando e bailando as propostas eurovisivas das demais aulas. Así mesmo, seguimos os mandadiños carnavaleiros de Caselín e, sobre todo, sobre todo, non escatimamos esforzos en pasalo moi, moi, pero que moi ben.
COMO NOS GUSTA O ENTROIDO... OS DESFRACES E... A FESTA RACHADA!!!
E... como proba disto... aquí vos deixo algunhas imaxes para o recordo:
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
VOLTAMOS DAS VACACIÓNS: PILAS BEN CARGADAS, MOITAS E BONITAS SORPRESAS E A DISFRUTAR DO NOVO ANO QUE COMEZA!!!
Posted Xaneiro 29th, 2022 by profe15Despois de tanto días sen vernos, volvemos reencontrarnos no noso “fogar”... onde non pararon de conversar sobre todo o relacionado co Nadal; que fixeron nas vacacións; os lugares que visitaron; as novas amizades que fixeron; os agasallos de Papá Noel e as súas maxestades os Reis Magos... un senfín de ideas a comentar ... un empezar e non acabar... E Por se fora pouco, novas sorpresas lles agardaban pero... ¡CALMA! ¡PACIENCIA! ¡TEREMOS TEMPO PARA TODO! e, pase o que pase... ¡imos a levarnos moi ben e a defender a PAZ para vivir nun mundo mellor para todos!. Así pois, aquí vos deixo algunha imaxe para o recordo...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA TODOS !!!
Posted Xaneiro 29th, 2022 by profe15Nestas datas tan sinaladas e tan esperadas, especialmente, para os cativos... tamén experimentamos moitas experiencias cargadas, como non, de moitísimos intres moi emotivos. Agora ben, como “UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS”... facémonos eco destas verbas:
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DON OUTONO XA CHEGOU E MOITAS COUSAS NOS DEIXOU...
Posted Xaneiro 29th, 2022 by profe15Moitas e moi variadas son as lembranzas deste tempo que, xuntos, experimentamos: a recollida de elementos do outono; o "Castañazo-rock"; a degustación de castañas asadas; a saída á sede para asistir ao concerto das Maimiñas; a visita á biblioteca e ó noso amigo Caselín; a creación de mandalas; as "Paralimpiadas"; coñecemos a Desirée Vila; e unha morea de cousas máis... Non obstante, deixareivos só algunhas imaxes a modo de resumo...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
