Budiño

33ª PROPOSTA DE ACTIVIDADES e última do curso

Ola a todos, peques e non tan peques...!!!  Que tal estades SUPERHEROES/SUPERHEROÍNAS? Este pasado luns, por sorte, puiden comprobar que todos estabades moi ben e o moito que crecestes en tódolos sentidos...

CANTAS EMOCIÓNS CONTIDAS!!!   CANTAS GANAS TIÑA DE MAREARVOS A BICOS E DE ABRAZARVOS COMO MERECEDES!!!  E xa sei que vós tamén vos a min pero, aínda que nos doese na alma, tivemos que facélo así... tan raro e extraño... e con tanta distancia... FOI UNHA VERDADEIRA MÁGOA!!!    CANTO O SINTO, ESPECIALMENTE, POLOS MEUS “MAIORES QUE XA SON UNS AUTÉNTICOS   ¡¡¡ GRADUADOS!!!   E OXALÁ QUE LLES VAIA MOI BEN NO SEU NOVO COLE... AGARDO AS VOSAS VISITAS... NON VOS LIBRAREDES TAN FÁCIL DE MIN...

“La educación es un acto de amor” expresaba Paulo Freire, educar require amar e desenvolver vínculos saudables cos nenos e nenas, por iso... oxalá nos volvamos reencontrar en condicións máis “normais” e que, polo menos, poidamos expresar “de verdade” o amor que compartimos, unha chea de bicos, sorrisos e todo o que veña....

Espero que vos guste o que hoxe vos traio para despedirme  e... o máis importante... oxalá que desfrutedes do voso tempo EN FAMILIA!!!

UNHA GRAN APERTA   E   FELICES VACACIÓNS !!!

 

PROFE  SANDRA

32º PROPOSTA

Comezamos a última semana.

 

Desexamos que vos atopedes ben e disfrutedes en familia.

 

Un bico moi grande

31ª PROPOSTA

Olaaa! xa queda pouco de cole e para non perder a costume vouvos propoñer un día máis de actividades e xogos que creo desfrutaredes moito.

 

Que teñades unha boa fin de semana!

 

Unha aperta

30ª PROPOSTA

Bos días!!

Xa tedes unha nova proposta para realizar en familia.

Desexamos que vos guste.

Unha aperta

29ª PROPOSTA

Bos días! Como vai todo por Budiño? Hoxe temos unha nova proposta con diferentes actividades e xogos que seguro que desfrutaredes moito.

Aproveitade as tardes para pasear e xogar moito no exterior.

 

Un saúdo!!!

28º PROPOSTA

Bos días familias

Hoxe é o día do medio ambiente!!!
Estades preparados/as para as novas propostas??? Desexamos que vos gusten

 

Unha aperta!!

27ª PROPOSTA

Bos días! Hoxe propoñovos un experimento moi chulo, e tamén un xogo interactivo co que podedes xogar en familia. Espero que os desfrutedes moito.

 

Unha aperta!!!

26ª PROPOSTA

Bos días! Comezamos a semana con unhas tarefas moi sinxelas nas que teredes que prestar moita atención para atopar a unha personaxe moi coñecida e tamén desenvolver a vosa creatividade e o vosa faceta máis artística.

Espero que vos gusten.

 

Un saudiño!

25ª PROPOSTA

Ola nenos e nenas! Hoxe temos unha nova proposta con diferentes xogos e tarefas que vos axudarán a pasar unha mañá máis divertida. Espero que vos gusten!

 

Unha forte aperta (dixital) 

Nova proposta

Bos días familias.

 

Aquí vos deixo unha nova proposta para comezar a semana

 

Unha forte aperta.

Distribuir contido

Back to top