Budiño
AITANA CUMPRE 4 ANOS!!!
Posted Decembro 31st, 2022 by profe15NESTE MES DE DECEMBRO DESFRUTAMOS DO ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA AITANA, QUE CUMPRE 4 ANOS. ESPERO QUE DESFRUTASEDES TODOS DESTE GRAN DÍA E... OS MEUS MELLORES DESEXOS PARA TI, AITANA !!!
AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS FOTOS...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
QUE É ARTE?
Posted Decembro 16th, 2022 by profe1Para os nenos e nenas da aula de Budiño, a arte é…
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
VALENTINA CUMPRE 5 ANOS!!!
Posted Novembro 24th, 2022 by profe15NESTE MES DE NOVEMBRO DESFRUTAMOS DO ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA VALENTINA, VALEN PARA OS AMIGOS, E QUE CUMPRE XA 5 ANOS. CANTAS GANIÑAS TIÑA DE ABRIR A MAN E ENSINAR TODOS OS DEDOS PARA DICIRNOS OS ANOS QUE CUMPRE: OS 5 LOBIÑOS QUE TEN A LOBA... ESPERO QUE DESFRUTASEDES TODOS DESTE GRAN DÍA E... OS MEUS MELLORES DESEXOS PARA VALEN !!! AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS FOTOS...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
TEMPO DE MAGOSTOS !!!
Posted Novembro 24th, 2022 by profe15DON OUTONO XA CHEGOU E, ENTRE OUTRAS COUSAS... MOITAS CASTAÑAS NOS DEIXOU E... CAL É A FESTA TÍPICA DESTA ESTACIÓN? O MAGOSTO!!! POR ISO, E GRAZAS A COLABORACION DA ANPA DO NOSO CRA, POIDEMOS DESFRUTAR DESTA FESTA NO PATIO DA NOSA ESCOLA; COMEMOS CASTAÑAS ASADAS; SALTAMOS Á FOGUEIRA; PINTÁMONOS AS CARAS... EN FIN, GRAZAS AOS MEMBROS DA ANPA QUE ESTIVERON CON NÓS, ABEL E VICTORIA, OS PAPIS MÁIS MARCHOSOS QUE NOS PUIDERON TOCAR...PASÁMOLO EN GRANDE!!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CELEBRANDO O SAMAÍN !!!
Posted Novembro 23rd, 2022 by profe15TAL E COMO CASELÍN NOS PEDIU NA SÚA CARTA, O PASADO 28 DE OUTUBRO VIÑEMOS AO COLE DISFRAZADOS PARA DARLLE UN BO SUSTO A NOSA MASCOTA DA BIBLIO E, DE SEGURO, QUE O FIXEMOS. NA NOSA AULA, TERRORÍFICAMENTE ENGALANADA... MAQUILLÁMONOS... DABAMOS MOOOOITO MEDO... CELEBRÁMOLO POR TOOODO O ALTO E... PASAMOLO XENIAAAL !!! AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS IMAXES PARA O RECORDO:
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DARÍO, O MÁIS PEQUE DA CLASE, CUMPRE 3 ANIÑOS !!!
Posted Novembro 3rd, 2022 by profe15LOGO DUNHAS SEMANAS DE DAR COMEZO O CURSO, O NOSO BENXAMÍN CELEBRA POR PRIMEIRA VEZ O SEU CUMPREANOS CONNOSCO. NON LLE DABA CHEGADO A HORA DE CUMPRIR DUNHA VEZ POR TODAS OS 3 ANOS. ASÍ E TODO, DARÍO DESFRUTOU DO SEU gran díA e puido celebralo cos seus novos compis DA AULA DE budiñO. Así pois, OS MEUS MELLORES DESEXOS PARA darío !!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CELEBRAMOS O PRIMEIRO CUMPRE DOS PEQUEARTISTAS DE BUDIÑO!!!
Posted Outubro 31st, 2022 by profe15COMENZADO O MES DE OUTUBRO, LEIRE FOI A ENCARGADA DE INAUGURAR A TEMPADA DAS CELEBRACIóNS CUMPREAñEiras DA NOSA AULA. PobriñA!!! A PESARES DE CUMPRIR EN XULLO, TEN QUE AGARDAR A VOLTA AO COLE PARA PODER CELEBRALO COS SEUS COMPIS. CANTAS GANAS TIÑAMOS DE COMEZAR AS FESTAS, ESPECIALMENTE AS DOS CUMPREANOS!!!. Así pois, aproveitarei este momento para publicar ALGUNHAS DAS fotos Do momento... e... OS MEUS MELLORES DESEXOS PARA LEIRE !!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2022/23:
Posted Septembro 28th, 2022 by profe15
Moi bo día familias e benvidas a este curso!
O verán xa rematou e aquí estamos de novo, coas pilas ben cargadas, para emprender un novo camiño... unha nova etapa... un novo capítulo das nosas vidas cheo de aventuras e novidades.
Nestes primeiros días vivimos momentos cargados de moitas emocións e de moita alegría polos reencontros cos compañeiros, o intercambio de experiencias vividas nas vacacións... pero, tamén hai que dicílo, de tristeza polos que xa non están connosco e aos que botaremos sempre de menos... A eles desexámoslles toda a sorte do mundo na súa nova etapa!!!
En calquera caso, a nosa mochila ven chea de moita ilusión e a tope de sorpresas por descubrir. ISO SÍ, SOMOS moi pouquiños PERO... VIMOS PISANDO FORTE E... non pasaremos desapercibidos !!!
AQUÍ ESTAMOS OS PEQUEARTISTAS DE BUDIÑO !!!
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
E... PARA REMATAR O CURSO... ÍMONOS DE EXCURSIÓN !!!
Posted Xuño 14th, 2022 by profe15Por mor das consecuencias ocasionadas pola COVID tivemos que estar uns meses privados de facer saídas e, a pesares de que nos apetecía moito facelas, tivémonos que conformar. Agora ben, unha vez que recuperamos a oportunidade de facelas... non houbo quen nos parara... Así pois, fixemos varias saídas á sede (onde tamén conviviamos con todos os nenos e nenas do noso CRA) para unhas xornadas de igualdade; para un taller de alimentación saudable; e tamén para coñecer a biblioteca do concello e, de paso, asistir a uns contacontos moi familiares. Cantas cousas e experiencias aproveitamos para facer mentres tanto!!!
Así mesmo, e por se fose pouco... rematamos o curso cun máxico broche final: todos os nenos e nenas do CRA, mailos seus profes, fómonos de viaxe en autobús para pasar unha longa xornada na GRANXA-ESCOLA KIRIKO. Esta última aventura coa que xa remato as miñas publicacións deste curso foi SUPER, SUPER, SUPER ESPECIAL e os peques pasárono EN GRANDE!!! Iso si, tamén hai que dicilo... o tempo non nos acompañou pero nós... AO MAL TEMPO... BOA CARA E... A DISFRUTÁLO AO MÁXIMO!!!
Así pois, despídome cunha grande aperta para todos, un millón de bicos e desexándovos que desfrutedes dunhas boísimas vacacións!!! JE, JE, JE ... e tamén cunhas imaxes da nosa última viaxe deste curso...
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
A NOSA PRIMEIRA ALFOMBRA FLORAL!!!
Posted Xuño 13th, 2022 by profe15Para celebrar “OS MAIOS” decidimos elaborar algo que aínda nunca probaramos. Para elo, unha vez feitas as peticións oportunas ás familias para que nos facilitaran os materiais que íamos necesitar nesta nova experiencia... chegado o día, todas colaboraron de xeito sen igual. Gracias a elas e aos materiais diversos que nos trouxeron (flores de todo tipo, elementos da natureza, etc.) metémonos de cheo nesta nova aventura que nunca antes fixeramos. Isto por aquí, isto por alí, aquilo por aquí e aquilo por alí... e veña..., entre todo o equipo, logramos facer unha fermosísima alfombra floral no noso patio cuberto. Nunca antes o viramos tan cheo de color!!! Pois ben, se xa o pasamos xenial facéndoa... despois, aínda que nos resistimos moito para desfacela (porque nos daba moita pena), non había quen nos parara...
COMO DEIXAMOS O PATIO !!! LEMBRÁDESVOS ???
PROFE SANDRA
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »