Responder ó comentario

E... PARA REMATAR O CURSO... ÍMONOS DE EXCURSIÓN !!!

Por mor das consecuencias ocasionadas pola COVID tivemos que estar uns meses privados de facer saídas e, a pesares de que nos apetecía moito facelas, tivémonos que conformar.   Agora ben, unha vez que recuperamos a oportunidade de facelas... non houbo quen nos parara... Así pois, fixemos varias saídas á sede (onde tamén conviviamos con todos os nenos e nenas do noso CRA) para unhas xornadas de igualdade; para un taller de alimentación saudable; e tamén para coñecer a biblioteca do concello e, de paso, asistir a uns contacontos moi familiares.     Cantas cousas e experiencias aproveitamos para facer mentres tanto!!!

Así mesmo, e por se fose pouco... rematamos o curso cun máxico broche final:  todos os nenos e nenas do CRA, mailos seus profes, fómonos de viaxe en autobús para pasar unha longa xornada na GRANXA-ESCOLA KIRIKO. Esta última aventura coa que xa remato as miñas publicacións deste curso foi SUPER, SUPER, SUPER ESPECIAL e os peques pasárono EN GRANDE!!!  Iso si, tamén hai que dicilo...  o tempo non nos acompañou pero nós... AO MAL TEMPO... BOA CARA E...  A DISFRUTÁLO AO MÁXIMO!!! 

 

Así pois, despídome cunha grande aperta para todos, un millón de bicos e desexándovos que desfrutedes dunhas boísimas vacacións!!!   JE, JE, JE ... e tamén cunhas imaxes da nosa última viaxe deste curso...

 

PROFE   SANDRA

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
14 + 2 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top