PROGRAMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA CURSO 2021-2022
blog da biblioteca |
|
|||
|
|||
OLA! HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E, POR ISO, IMOS PROPOÑER UNHA SERIE DE EXERCICIOS PARA RELAXARNOS. APROVEITAMOS ESTE DÍA PARA OBTER HARMONÍA E TRANQUILIDADE? IMPORTANTE: É POSITIVO FACER OS EXERCICIOS PROPOSTOS MENTRES ESCOITAMOS A MÚSICA ADXUNTA. ANIMÁDEVOS?
MÚSICA
|
|||
Como cada ano, o 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Unha das formas máis sinxelas de explicar aos máis pequenos todo o relacionado coa paz e o respecto é a través dos libros de literatura infantil. Por iso, deixámosvos unha selección de libros infantís que temos á vosa disposición na nosa biblioteca. Agardamos que vos sexan útiles.
|
|||
O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e, para celebralo, a nosa mascota Caselín vainos amosar diferentes imaxes e símbolos, que ao longo da historia, representaron e representan a paz.
Agora tócalle ao noso alumnado deseñar un símbolo de paz. No seguinte vídeo podedes gozar das súas creacións.
|
|||
Para conmemorar o Día internacional da Educación (24 de Xaneiro) amosámosvos o conto "A horta de Simón" no que están presentes o traballo en equipo, o esforzo, a convivencia en harmonía e o contacto coa natureza.
|
|||
Educar aos nenos e nenas é un reto marabilloso, pero non está exento de dificultades. Aquí tedes unha selección de libros que vos axudarán a resolver problemas cotiáns na educación dos vosos fillos, con ideas sobre ás últimas correntes educativas e reflexións para seguir aprendendo ao longo deste apaixonante camiño.
INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DOS LIBROS Destinatarios:pais/nais do alumnado do CRA Raiña Aragonta. Solicitude:mediante correo electrónico á seguinte ligazón bibliotecaaragonta@gmail.com indicando nome e apelidos, libro que desexa reservar e día que prefiren recoller o libro (martes ou xoves). Ademais deben informar o nome do seu fillo/a e a aula no que están matriculados. Confirmación: unha vez realizada a solicitude, recibirán un correo electrónico informándolles o día exacto que comeza o préstamo. Duración: o préstamo será de tres semanas (21 días). Recollida e devolución: na biblioteca do CRA Raiña Aragonta. Horario: os martes de 16:00 a 17:00 e os xoves de 17:00 a 17:30.
Deterioración ou perda de material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo.
|
|||
¡MIRADE CANTOS CONTOS ACABAN DE CHEGAR Á NOSA BIBLIOTECA!
|
|||
CANDO RECIBIMOS A PROPOSTA DE ACTIVIDADE DA FUNDACIÓN "LA NINETA DELS ULLS" TIVÉMOLO CLARO. O NOSO CENTRO ESTÁ CHEO DE SUPER HEROES E SUPER HEROINAS CAPACES DE FACER COUSAS INCRIBLES E AMOSALO A TODO O MUNDO... PARECEUNOS UNHA IDEA XENIAL. CADA UNHA DAS 14 AULAS CREOU UNHA PEQUENA COMPOSICIÓN CON TEA E MOITA CREATIVIDADE. CADA PEZA DIFERENTE DAS DEMAIS, COMO CADA UN DOS NOSOS ALUMNOS E DAS NOSAS ALUMNAS, COMO CADA UN DE NÓS, E TODAS XUNTAS FACENDO UN TODO REALMENTE COLORIDO E FERMOSO. ASÍ É COMO NOS GUSTA QUE SEXA A SOCIEDADE, QUE TODOS TEÑAMOS OCO E QUE A INVESTIGACIÓN DE ENFERMIDADES COMO O RETINOBLASTOMA E O APOIO A QUEN O PADECE E AS SÚAS FAMILIAS TAMÉN O TEÑA. VELAQUÍ A NOSA CAPA, SIMPLEMENTE ESPECTACULAR!
|
|||
Así de ben pasámolo na biblioteca. Xogamos, construímos, cooperamos, lemos contos, xogamos coa mesa de luz e divertímonos moitísimo.
|
|||
