blog da biblioteca

NOVOS FONDOS DOCUMENTAIS PARA A BIBLIOTECA

Mirade cantas novidades temos!!!

Nestes meses foron chegando a nosa biblioteca moitos libros formativos.

NOVOS RECUNCHOS DE LECTURA

Este curso abrimos a nosa biblioteca a outros espazos, creando pequenos recunchos de lectura no centro.

 O noso alumnado aproveita calquera pequeno momento do día para gozar dun ratiño de lectura.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

A literatura infantil é un excelente recurso para loitar contra o acoso escolar, xa que a través da lectura, os nenos e nenas aprenden a identificar situacións de bullying e violencia en diferentes ámbitos, e facilitan o desenvolvemento da empatía.

Por iso, dende a biblioteca escolar recomendamos unha serie de libros que nos axudarán a previr este fenómeno dende o ámbito escolar e familiar.

 

 

FAMILIAS LECTORAS NA SEMANA DO LIBRO

MOÍTISIMAS GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR NA SEMANA DO LIBRO

Esperamos que o disfrutárades tanto coma nós

Sorriso

 

ROTEIRO LITERARIO (SEMANA DO LIBRO)

 

Para conmemorar a Semana do Libro dende o centro realizouse un “Roteiro Literario” coa colaboración da ANPA As Landras e o concello, co obxectivo de achegar ao noso alumnado ao mundo da lectura a través de diferentes experiencias. 

MES DE ABRIL, COIDANDO DA SÁUDE

FEDELLA E FERVELLA VOLTAN AS ANDADAS!

O DÍA 7 DE ABRIL CONMEMOROUSE O DÍA DA SAÚDE E AS NOSAS COELLIÑAS ESTIVERON PROCURANDO UNHAS RECEITAS BEN SAUDABLES E BEN RICAS TAMÉN, PARA COMPARTIR CON TODOS VÓS. ANIMÁDEVOS A PROBALAS! 

  

 

REVISTA: BADALADAS ARTÍSTICAS

AQUÍ VOS ACHEGAMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA NOSA REVISTA ANUAL BADALADAS.

NESTA OCASIÓN, CADA AULA E CADA ESPECIALIDADE COMPARTE CON TODOS NÓS AS SÚAS EXPERIENCIAS ARTÍSTICAS.

DESEXAMOS QUE O DESFRUTEDES.

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

Para conmemorar o día do libro infantil e xuvenil deixámosvos aquí o conto Cando leo de Eva Mejuto, no que relata algúns dos múltiples beneficios da lectura.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA A PRIMAVERA

A chegada da primavera é sempre sinónimo de cor, alegría e comezo do bo tempo, por iso é unha das estacións preferidas dos máis pequenos.

Dende a biblioteca deixámosvos unha selección de libros para dar a benvida a esta estación.

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen. O obxectivo desta conmemoración é promocionar os bos libros infantís e xuvenís, e espertar nos nenos/as o interese e o amor polos libros.

 

Ao alumnado de 5 anos B do CRA Raíña Aragonta encántalle os libros, por iso recoméndanos para ese día unhas lecturas moi especiais.

 

Distribuir contido