blog da biblioteca

TÉCNICA DE KOEPPEN - DÍA CONTRA A VIOLENCIA

BOS DÍAS A TODOS/AS!

Qué tal estades? Coma ben sabedes, o 25 de novembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, por iso, dende o Equipo de Biblioteca queremos propoñer a técnica de relaxación de Koeppen para levala a cabo xuntos. De esta maneira, neste día tan importante, podemos “botar fóra” todos os sentimentos negativos (rabia, estrés, ansiedade...)

Animádevos!

 

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA (20 DE NOVEMBRO)

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

(20 de novembro)

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é, sen dúbida, un mes especial. Comeza tralos sustos do Samaín, vén cargado de castañas, noces, e outros froitos de outono, fai que quentemos as nosas mans nos magostos e deixa paso ao mes do Nadal. Todos estes motivos darían para festexar pero... é que, ademais de todo isto, novembro é o mes da ciencia en galego. Convidámosvos a coñecer a dúas científicas moi xeitosas que están desexando converter a todas e todos os peques de Salceda en novos investigadores. Vos animades?

 

PRÉSTAMOS DA BIBLIOTECA

Por fin retomamos os préstamos.

Os nosos alumnos e alumnas estaban moi emocionados e nerviosos por estrear as súas novas bolsiñas viaxeiras.

 

Esta semana levaron un conto a casa para gozar de momentos máxicos e inesquecibles de lectura en familia.

APERTURA DA BIBLIOTECA

 

No mes de outubro, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, abrimos a nosa biblioteca escolar a toda a comunidade educativa.

 

A primeira misión que nos encomendou a nosa mascota Caselín foi axudarlle a atopar o seu conto favorito.

Despois de superar varias probas e de descifrar algunhas pistas, puidemos atoparlo.

 

Como agasallo, o noso amigo Caselín regalounos un carné e unha bolsiña viaxeira.

 

 

 

HORA DE LER

Esta semana comezamos coa Hora de Ler.

Xa temos todas as nosas carpetas preparadas con novas propostas.

Agardamos que vos gusten os libros que seleccionamos para todos vós.

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O SAMAÍN

Xa chegou o Samaín!

Esta é unha data perfecta para ler aos nosos alumnos e alumnas libros con toques de misterio, con elementos fantásticos e criaturas escuras como vampiros, bruxas ou monstros.

No seguinte vídeo deixámosvos algunhas das nosas propostas.

 

MATERIAL BIBLIOGRÁFICO PARA O PDI “ARTELÍN”

Na seguinte imaxe mostrámosvos todos os fondos documentais que se adquiriron dende a biblioteca para realizar o PDI do centro.

Todos estes exemplares están á vosa disposición e esperamos que vos sexan de axuda no desenvolvemento do voso proxecto e na preparación das tarefas integradas.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Estes días os nenos e as nenas do CRA Raíña Aragonta estiveron moi ocupados axudando á nosa mascota Caselín a atopar o seu libro preferido.  

No seguinte vídeo podedes ver todos os retos que tiveron que superar os nosos alumnos e alumnas para poder obter as pistas necesarias para atopar o conto perdido. 

 

 

A continuación a nosa mascota Caselín preséntanos unha historia coa que comezamos o noso Proxecto Documental Integrado "ARTELÍN"

 

PRÉSTAMO DE LIBROS

A VINDEIRA SEMANA COMEZAMOS CO PRÉSTAMO DE LIBROS ÁS FAMILIAS.

 

MARTES DE 16:00 A 17:00 HORAS.

XOVES DE 17:00 A 17:30 HORAS.

 

 

Distribuir contido