Plan Proxecta "Donas de sí"

JANE GOODALL

Os nenos e nenas da aula de 5 anos B traballamos á primatóloga e antropóloga Jane Goodall. Jane caracterízase polo seu constante estudo dos chimpancés e polo seu incansable traballo para a conversación e benestar animal.


Comezamos este traballo cunha motivación inicial de Jane Goodall e dos chimpancés; dende o primeiro momento encantoulles e tiñan o seu ‘’Recuncho de Jane’’.


 

 

Non só descubrimos a vida de Jane actual, senón dende a súa infancia, cómo era a súa familia que descubrimos a través dun álbum e levamos a cabo unha representación artística da familia de cada un de nós.


 

 


 

Tamén tivemos alguna sorpresa como un memory de fotos de Jane.

 

 



 

Coñecemos a algún dos amigos chimpancés que fixo Jane durante todos os anos que estivo na Reserva de Gombe en Tanzania. Jane púxolle nome a todos  o que creou un vínculo moi especial entre eles.


 

Estes son os exemplos dalgunhas das investigación que fixemos cómo Jane descubriu que os chimpancés fabrican ferramentas para comer termitas e debuxámolo ou momentos da infancia de Jane como cando se preguntou de onde saen os ovos.

 

 

E finalmente presentamos os nosos traballos acabados co noso pequeno chimpancé

 

 

"DONAS DE SÍ". ALBÚM DE FOTOS

 Elaboramos un álbum de cromos, onde os nenos e as nenas coleccionan os cromos das mulleres máis relevantes da historia.

    

"DONAS DE SÍ". MUSEO

Cada nenos/a con acuarelas pintou o retrato da muller que investigou. Con todos os retratos montamos o noso propio museo.

                                            

          

"DONAS DE SÍ". DOMINOU

Os nenos e nenas da aula de Entenza crearon un dominou con goma eva e fotos das mulleres máis importantes.

SE A DONA DA TÚA VIDA

 

 

Co gallo da celebración do Día Internacional da MullerTraballadora, o Equipo de Convivencia do  CRA RaíñaAragonta organizamos unha charla-coloquio para as familias e profesorado do centro co título ‘’¿Qué cargan na mochila  as mulleres migrantes no camiño á igualdade?’’. A nosa convidada e relatora da mesma, foi Maribel Del Pozo Triviño, doutora en Traducción e Interpretación naUniversidade de Vigo e especializada en traballar con mulleres migrantes.

 

 

 


 

 

 

Así mesmo, para complementar esta conmemoración convidamos ás familias colaborar coa entrega de fotos de mulleres en diferentes ámbitos: bailando, traballando, investigando, elixindo, xogando…

 

 

 

Con todas estas imaxes recibidas fixemosunha exposición na Sede do CRA para que as familias puidesen visitar e disfrutar.

 

 

 

 

 


 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

Con todas as fotos que recompilamos levamos a cabo o seguinte vídeo.http://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/1189

 

 

 

 

 

Esta exposición é un canto á liberdade das mulleres libres para amar, rir, traballar, decidir, liderar, emprender…

 

 

 

Unha pequena homenaxe a tódalas mulleres da vila de Salceda que aportaron as súas fotos, compartindo un anaco da súa historia e que nos serve de inspiración no día a día.

 

 

 

 

 

 

 

A TODAS VÓS NAIS, AVOAS, NETAS, FILLAS, AMIGAS… GRAZAS.

 

 

XUNTAS NO CAMIÑO,

 

EQUIPO DE CONVIVENCIA

 

 

MULLERES NO DEPORTE

Na aula de Esfarrapada de 4 anos C, elaboramos un “lapbook” que levou por título: “Mulleres Extraordinarias no Deporte”. A finalidade deste libro foi a de poñer en valor as mulleres en todo tipo de deportes; sobre todo algúns que a sociedade atribuíu, tradicionalmente,ao xénero masculino. Os cativos e cativas descubriron novos deportes, a grandes deportistas Paraolímpicas e puidemos practicar, na medida do posible, algúns deles.

Neste proxecto, a través de doce grandes mulleres, fomos conscientes de que todos e todas, con esforzo e capacidade de superación, somos capaces de realizar as mesmas actividades. Cada neno e nena, decidiu cales eran as mulleres extraordinarias da súa vida e asítamén poder incluílas no seu libro.

 A continuación, móstranse algunhas das actividades levadas a cabo:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Rosalía de Castro

A aula de Esfarrapada de 5 anos A levamos a cabo unha pequena investigación acerca da nosa prezada Rosalía de Castro. Comezamos descubrindo que a rúa na que se atopa o noso colexio leva o seu nome e a partir de ahí investigamos cómo se chaman as diferentes rúas de Salceda de Caselas e en que rúa vivimos cada un dos nenos e nenas.

 

Buscamos unha fotografía de Rosalía e levamos a cabo un quebracabezas do seu retrato.

 

Para rematar esta pequena investigación, traballamos a poesía ‘’Cómo chove miudiño’’ á que engadimos as nosas creacións artísticas.

UNHA VIAXE POLA IGUALDADE

 
 
CANDO NOS XUNTAMOS OS/AS PROFES DO CRA RAÍÑA ARAGONTA TODO É POSIBLE... UNHA VIAXE POLA IGUALDADE, OURENSE-SALCEDA EN BICICLETA CUNHA CHEGADA DE LUXO.
 
GRAZAS AO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS E AO CLUB CICLISTA DE PONTEAREAS POLA COLABORACIÓN.
 
 
 
 
 

Entroido e "HappyArt" con Pato Gil

As aulas de Esfarrapadas de 4anos B e 4 anos C, coñecemos e traballamos a artista latina, Pato Gil Villalobos.

Esta artista caracterízase polo seu “HappyArt”. Ela mesma defínese como unha COMUNIC+ARTIST, cuxa misión de vida é comunicar a través da súa arte as mensaxes de: amor, luz, unidade e gratitude.

Dende que a coñecemos e nos puxemos en contacto con ela, de xeito persoal, mantivemos unha comunicación constante a través de correos electrónicos, fotografías especialmente enviadas para as nosa aulas; mensaxes de audio e incluso unha vídeo chamada dende Punta del Este (Uruguai).

Este contacto fixo que o noso alumnado tivese unha motivación extra,que estivo unida á emoción e a ilusión que lles casou poder falar ca artista en persoa.

A súa arte e filosofía de vidaen seguida nos contaxiou unha gran ledicia e espírito creativo; ademais da importancia do amor por un mesmo, para estar en harmonía cos demais.


Para dar unidade ao proxecto e, vendo a motivación coa que o noso alumnado acolleu a Pato Gil,decidimos disfrazarnosno desfile de Entroido cunha representación artística da súa obra.  Para a confección e decoración do disfrace, contamos coa especial axuda de pais e nais do noso alumnado, os cales afrontaron esta tarefa con moita ilusión.

 

"DONAS DE SÍ". FRIDA KAHLO

E en oitavo lugar traballamos a Frida Kahlo.

    

 

Con Frida Kahlo realizamos un taller de pintura, onde os nenos e as nenas pintaron un retrato de Frida.

Distribuir contido

Iniciar sesión